ALLARIZ

parroquias de melide

MÁIS PARROQUIAS

/504403158292525912/bb_t047_v000_s0un_f00/images/xslide2.gif" ismap="ismap"/>

GALIZA-CAMERÚN:A IRMANDIÑA INVICTA

duascentas fotos

CAMIÑANDO EN MELIDE

VIAXE A USA

HOLANDA

martes, 21 de julio de 2009

Os cambios prometidos por fin chegaron!!!

Outra presa de fillos, noras e xenros de cargos do PP gañan asento "na Deputación de Baltar"
"Nin sequera gardan as aparencias", láianse desde o PSOE. O BNG denuncia a "impunidade" coa que Baltar usa a institución ao seu servizo "persoal".

viernes, 17 de julio de 2009

Quero aprender a lingua do máis débil

QUERO APRENDER a lingua do máis débil. A outra xa ma chantarán na carne con agullas, xa ma inocularán coma vacina obrigatoria, xa ma meterán na boca sen facer preguntas, xa ma enquistarán entre as febras dos músculos sen apenas darme conta. Irá nunha pílula imperiosa que fará niño nos estómagos, revestida de placebo. Química ilusoria, tragaráse con auga e fará sentir a todos ben.


Quero aprender a lingua do máis débil. As outras xa mas colocarán diante das pupilas, tan en primeiro plano que será imposible enfocar os lindes, ocuparano todo de tal xeito que non haberá sitio para máis, acabarei por confundir o que prefiro co único que os meus ollos podan ver.


Quero aprender a lingua do meu irmán máis débil. As outras xa me saltarán ao camiño cada vez que poña un pé fóra da casa: para ofrecerme un negocio ou para bater en min, para servirse de min ou para venderme traxes novos cos que me sinta importante; para que eu bata nos outros ou para ofrecerlles un negocio, para que poda servirme deles ou me compren un traxe co que se sintan importantes.


Quero aprender a lingua máis débil do meu territorio. A outra xa levará o abono máis potente, xa chuchará do mellor estrume e haberán arrincarlle as malas herbas cunha constancia non pedida, xa lle poñerán unha manta de plástico para que non pase frío e medre forte, máis forte aínda do que a súa semente. Movidos polo seu verdor, os traballos do campo trocarán de rutina en xesto espontáneo, de disciplina en instinto.
Quero aprender a lingua do meu irmán máis débil. As outras xa terán os pés máis grandes, avanzarán rápido e esmagarán algún insecto ao camiñar. As outras xa chegarán sempre máis cedo sen tanto esforzo, incorporaranlle un motor pola noite e dará xenio velas correr, ao día seguinte.


Quero aprender a lingua do máis débil. A outra xa ma pegarán no lombo cando non me decate, xa darei contra ela cando quera fuxir, xa baterei con ela ao dobrar cada esquina, xa medrará coma fungos nos recantos, instalarase nos meus balcóns sen case abrirllos, deglutiráa o meu corpo sen apenas decidilo, desembarcará con bandeiras das nosas cores favoritas e, sen apenas un conflicto, fará parte da paisaxe. Tan baril e tan presente, tan solícita e disposta que apenas repararemos nos que estaban de antes. Coma se libremente decidísemos, coma se de veras desexásemos o máis forte que hai, o único que hai.
Quero aprender a lingua do máis débil

Iolanda castaño

jueves, 16 de julio de 2009

UNHA DE POLICIAS

Vergonza allea me da ver nas páxinas dos xornais a carga policial contra os gandeiros.Invademe a ira e apodérase de min de tal xeito que non sería capaz de contarvos tódalas cousas que pola miña cabeza pasan a velocidade ultrasónica.
Tiven a ocasión de atender a un destos traballadores(porque os gandeiros si son traballadores!),mercenarios da súa terra,gracias os cais pervivimos como país e sentín noxo daqueles que esquecen as súas orixes e son capaces incluso de esnaquizalos,de golpealos.Pobres pitufos desleigados fillos da mesma terra a que non respetan.Acaso non lles parecen xustas as reivindicacións que xurden con unanimidade dende o esqueleto que nos sustenta!!...que sigan así,que golpeen e escapen,porque iso mesmo fan os cobardes.Pero que non esquezan que son estos os que os manteñen cos seus impostos para que desfruten dun salario digno,do que esta claro non son merecedores, e do cal non se poden valer os nosos gandeiros.
Quería deixar patente O meu máis repulsivo rexeitamento destas actitudes,sobor de todo se as realizan fillos da terra que saben e son coñecedores das dificultades deste sector