ALLARIZ

parroquias de melide

MÁIS PARROQUIAS

/504403158292525912/bb_t047_v000_s0un_f00/images/xslide2.gif" ismap="ismap"/>

GALIZA-CAMERÚN:A IRMANDIÑA INVICTA

duascentas fotos

CAMIÑANDO EN MELIDE

VIAXE A USA

HOLANDA

sábado, 30 de junio de 2007

A TERRA DA AUGA







































































































































































































































































































































Ceo nubro de chover!
Sendo a auga tan crara, sendo dona da ollada,
o seu camiño espellada,
como negrea, negrea! O seu loito é o meu nacer...
maria mariño
























GOLFIÑO

O galego, primeira lingua no Estado en dispor dun corrector gramatical
O galego será a primeira lingua no Estado español en dispor dun corrector gramatical, denominado 'Golfiño', que foi presentado polo conselleiro de Innovación, Fernando Branco, e a directora xeral de Promoción Industrial, Helena Veiguela, nun acto no que informaron de que só seis linguas no mundo contan cun software destas características. Golfiño completa as aplicacións lingüísticas do paquete ofimático OpenOffice.org e permite ao seu procesador de textos detectar erros de sintaxe, estilo e concordancia, entre outras funcións. Así, máis de 45.000 galegos contan xa con este instrumento a partir da súa posta a disposición na iniciativa de promoción do software libre da Consellaría de Innovación Mancomun.org. O corrector supón unha versión da que se poderá beneficiar a comunidade científica para a súa continua mellora no espazo de desenvolvemento colaborativo de software libre do proxecto Mancomun.org, denominado A Forxa, que se axusta á última modificación da normativa da lingua galega realizada en 2003 e segue como obra de referencia en cuestións gramaticais 'Gramática da Lingua Galega', de Rosario Álvarez e Xosé Xove.

COCNCELLARIAS


CONCELLARÍAS CONCELLO DE MELIDE
Socorro Cea : Urbanismo, Persoal e Camiño de Santiago.
Antonio Díaz: Promoción Económica, Facenda, Turismo e Festas.
Ana Isabel Ramos: Medio Rural, Mocidade e Medios de Comunicación.
Conchi Castro: Cultura e Normalización Lingüística.
María Xosé Rodríguez: Sanidade, Benestar e Igualdade e Participación Cidadá.
Antonio Varela: Deportes e Vivenda.
Manuel Prado: Medio Ambiente, Seguridad Cidadá, Servizos, Educación e Traballo.

lunes, 18 de junio de 2007

lingua



Celso Emilio Ferreiro
DEITADO FRENTE AO MAR
Lingoa proletaria do meu pobo,
eu fáloa porque sí, porque me gosta,
porque me peta e quero e dame a gaña;
porque me sai de dentro, alá do fondo
dunha tristura aceda que me abrangue
ao ver tantos patufos desleigados,
pequenos mequetrefes sin raíces
que ao pór a garabata xa nan saben
afirmarse no amor dos devanceiros,
falar a fala nai,
a fala dos abós que temos mortos,
e ser, co rostro erguido,
mariñeiros, labregos do lingoaxe,
remo i arado, proa e rella sempre.
Eu fáloa porque sí, porque me gosta
e quero estar cos meus, coa xente miña,
perto dos homes bos que sofren longo
unha historia contada noutra lingoa.
Non falo pra os soberbios,
non falo pra os ruis e poderosos,
non falo pra os finchados,
non falo pra os valeiros,
non falo pra os estúpidos,
que falo pra os que agoantan rexamente
mentiras e inxusticias de cotío;
pra os que súan e choran
un pranto cotidián de volvoretas,
de lume e vento sobre os ollos núos.
Eu non podo arredar as miñas verbas
de tódolos que sofren neste mundo.
E ti vives no mundo, terra miña,
berce da miña estirpe,
Galicia, dóce mágoa das Españas,
deitada rente ao mar, ise camiño...

domingo, 10 de junio de 2007

LUMIEIRA


Preguntarédesvos o porque desta pequena homenaxe a figura de Alexandre Bóveda,pois ben,a razón é que estos dias rematei de ler a súa biografia e impresionoume a forza das súas ideas,a súa extraordinaria intelixencia,a súa defensa do noso,o seu saber estar ,incluso ante as armas asasinas que nos privaron de semellante lumieira de coñecementos.

Vendo o amor que profesaba a súa terra, cousa que pagou ca súa propia vida,un non comprende a tantos e tantos desleigados que esqucen a tantas persoas coma el sen as cais galicia non seria a mesma.

Dicia Castelao que en todos os cimiterios da galiza xurden cada noite pequenas lumieiras,pero entre todas elas destaca unha,a máis grande, que aparece cada noite no ceo de Pontevedra.

¿Porque nos privaron tan pronto da súa grandeza ?
Fillo de carpinteiro e de costureira, Alexandre Bóveda Iglesias naceu en Ourense o 4 de xuño de 1903. Foi o terceiro de sete irmáns. Pasou a infancia e a adolescencia na súa vila natal, onde formou parte das corais e dos equipos de fútbol locais.Cando Alexandre tiña 13 anos, fúndanse as Irmandades dos Amigos da Fala, que na cidade de Ourense tiña en Vicente Risco e en Otero Pedrayo os seus máximos valedores. Deles tomaría unha incipiente conciencia galeguista. O propio Bóveda ten contado que comezou a súa vida política cando un día, estando seu pai a ler o xornal, escoitou que algúen lle dixo: "¡Que tempos: agora ata os obreiros len o periódico!". Preparou oposicións en Madrid a auxiliar de contabilidade e tras aprobalas co número un, pasa catro anos na Delegación de Facenda en Ourense. Andaba polos 24 anos cando volve opositar para xefe de contabilidade de Facenda. Consegue o número cinco nos exames e pide destino en Pontevedra, a pesares das ofertas de traballo que lle chegaban dos ministerios madrileños. Bóveda xa tiña a Galiza na cabeza.

Alexandre toma posesión en 1927 da súa praza na Delegación de Facenda de Pontevedra, cidade que por entón despunta na emerxente actividade política, na cultura e no asociacionismo agrario e obreiro.Participaba nas tertulias dos cafés Moderno e Méndez Núñez e compartía proxectos con Losada Diéguez e Castelao, compañeiros de ideal galeguista.Coa proclamación da República o 14 de abril de 1931, chegan novos aires de liberdade. Bóveda e os seus compañeiros galeguistas pulan por crear unha nova formación política que lidere o proceso cara a autonomía de Galiza. O 5 de decembro de 1931 fúndase en Pontevedra o Partido Galeguista e Bóveda exerce como secretario de organización. A primeira reunión pro estatutaria celébrase na Coruña en 1931 pero será na asemblea de concellos galegos de Santiago, en xuño de 1932, cando se nomean os ponentes, Bóveda entre eles, que han de elaborar o Estatuto definitivo a partir de todos os anteproxectos. O Estatuto foi divulgado entre a cidadanía e recolleu diversas achegas, que foron presentadas en decembro nunha nova asemblea. O discurso final pedindo o voto favor correu a cargo de Bóveda, que se convertera xa nunha das cabezas visibles do proceso. O texto resultaba aprobado pola maioría dos representates da poboación galega.
Ata xuño de 1936 non se conseguiu que o Goberno central fixase unha data para o plebiscito do Estatuto, o 28 dese mes. Todos os movementos galeguistas se implicaron na campaña, con mítins por todo o país. Finalmente é aprobado e presentado ás Cortes da República o 15 de xullo de 1936.

A partir de 1934, o Partido Radical en alianza co dereitista Ceda desenvolven en España unha política antiautonómica. O Partido Galeguista é castigado e unha disposición administrativa envía forzosamente fóra de Galiza a Bóveda e a Castelao. O primeiro a Cádiz, e o segundo a Badaxoz. Durante o exilio dos dous dirixentes, o Partido Galeguista sofre unha excisión. Bóveda logra en 1935 o traslado a Madrid, onde había un activo grupo galeguista, e meses despois regresa a Pontevedra tras serlle devolta a súa praza.
Á parte de facer propaganda a prol do Estatuto, Bóveda tamén emprende unha decidida campaña contra a dereita caciquil ourensá nas eleccións de febreiro de 1936. A súa familia mesmo figura entre os financeiros do Partido Galeguista, pero non logra acadar acta de deputado por unha manobra electoral atribuída a Calvo Sotelo.O 20 de xullo de 1936 estendeuse o alzamento militar por toda Galiza. Os capitáns golpistas prenden a Bóveda e envíano ao cárcere de Pontevedra; daí, pasará a Ponte Caldelas, logo a Caldas de Reis, ata que é traído de novo a Pontevedra, onde bota máis de vinte días nunha escola que facía de improvisada cadea, con outros presos políticos de diversas clases sociais.O 13 de agosto celebrouse no salón de actos da Deputación un xuízo sumarísimo no que Bóveda fai unha defensa emocionada dos seus ideais galeguistas. O Tribunal Militar condéao a morte, sen que a súa familia e os seus amigos poidan facer nada para evitalo.
Despois de recibir confesión, é conducido nunha camioneta á Caeira o día 17. Un tiro directo no corazón pón fin á súa vida e o cadáver é trasladado ao cemiterio de San Amaro. Os exilidados galegos de Bos Aires decidiron dedicar o 17 de agosto á Galiza Mártir, celebración que aínda segue viva entre os sectores galeguistas.




martes, 5 de junio de 2007


A visión do Paraíso na praia de Melide:
Contáronme que un home de Cangas de Morrazo foi un día ata a praia de Melide, situada en Cabo Home, concello de Cangas de Morrazo (Pontevedra), nun contorno natural paradisíaco, e quedou mirando o mar extasiado. Tan ben se atopaba que se deixou estar un anaco e para cando decidiu volver a Cangas descubriu que pasaran corenta e cinco anos, e que xa non atopaba á súa familia, nin aos seus veciños ou amigos.[Lenda remitida por Soledad Ríos Santomé, de Moaña (Pontevedra)]

Supoño que por algo lle porian ese nome tan fermoso,non credes?

Entrade nesta paxina,non vos defraudara:http://galiciaencantada.com/

viernes, 1 de junio de 2007


Para Jean-Paul Sartre, a liberdade é a condición ontolóxica do ser humano. O home é, antes de todo, livre. O homemé livre mesmo de unha esência particular, como non o son os obxetos do mundo, as cousas. Livre a un punto tal que pode ser considerado a brecha por onde o Nada encontra seu espacio na ontoloxia. O home é nada antes de definirse como algo, e é absolutamente livre para definirse, encerrarse, esgotarse a si mesmo.