ALLARIZ

parroquias de melide

MÁIS PARROQUIAS

/504403158292525912/bb_t047_v000_s0un_f00/images/xslide2.gif" ismap="ismap"/>

GALIZA-CAMERÚN:A IRMANDIÑA INVICTA

duascentas fotos

CAMIÑANDO EN MELIDE

VIAXE A USA

HOLANDA

viernes, 21 de noviembre de 2008

Seis anos sen González-Millán



En novembro de 2002 o profesor gorvense faleceu nun accidente de tráfico en Nova York.

Nestes tempos nos que se fala tanto de 'internacionalización' cómpre lembrar a Xoán González-Millán, un dos principais dinamizadores da cultura galega nas universidades estranxeiras. Gran difusor da literatura galega no mundo e importador das correntes máis modernas do estudio da literatura, foi autor de Communication littéraire et Culture en Galice (con Antón Figueroa) e de diversos artigos sobre o papel da literatura na conformación das nacionalidades. Millán foi tamén presidente da Asociación Internacional de Estudios Galegos. Hai seis anos el e a súa dona, Esperanza Canedo, morreron nun accidente de tráfico en Nova York, onde el era profesor universitario. Foi tamén o mes do Prestige.A súa perda foi causa dun profundo pesar no mundo académico galego e nos centros universitarios de cultura galega no exterior.

En 2002 Vieiros publicou unha serie de artigos escritos por algúns dos seus compañeiros e amigos, como Carmén Millán, Francisco Fernández Rei, Silvia Bermúdez, Camiño Noia, Xosé María Dobarro, Gabriel Rei-Doval, Craig Patterson ou Kathleen N. March. Recollémolos de novo agora. Tamén achegamos un artigo do propio González-Millán, titulado Lexicografía e nación literaria.O profesor Arturo Casas lembra e reivindica a González-Millán no seu blog, e xa hai uns días falaba del ao salientar a importancia de "atender os lugares nos que a academia exterior foi quen de crear polos de actividade galeguista e de promoción do coñecemento e a investigación no ámbito dos Estudos Galegos. Algo que tan ben soubo facer, con vigor colaborativo e sempre cordial, un home insubstituíbel, Xoán González-Millán".


"Xoán, fuches un faro do galeguismo para nós alá en América. Non deixabas nunca de inspirarnos e de animarnos cos teus numerosos proxectos, e a túa lembranza seguirá resplandecendo coa brillantez que te caracterizou sempre. Cando pensemos en Nova York, cando baixemos pola Fifth Avenue, cando pensemos en Galicia e no Grove, sempre, sempre pensaremos en ti e na túa chama inmorredoira e afectiva".Amigo Xoán (Craig Patterson)

Unha granxa escola prohíbelle falar galego aos seus traballadores

A Mesa pola Normalización Lingüística insta á Inspección de Traballo a actuar ante o que consideran unha grave discriminación.

"O idioma empregado no traballo será o castelán, agás excepcións que serán previamente comunicadas". Así reza a última das normas dun documento que se lle entrega a todos os traballadores ao incorporarse á granxa escola "El Kiriko" de Fornelos de Montes (Pontevedra). Esta obriga dirixida expresamente ao "persoal educativo" atópase xunto doutras como "respectar o traballo dos demais", "cumprir os horarios" ou "deixar o material de traballo en orde".A Mesa pola Normalización (MNL) denuncia esta "discriminación lingüística" e asegura que o escrito está dentro dunha "liña de actuación hostil contra o galego por parte da empresa". Así, xa adiantou que procederá a denunciar o caso ante a Inspección de Traballo. Ademais, sostén que varias administracións públicas tanto de ámbito galego como da comarca de Vigo contrataron servizos con esta organización, polo que tamén se dirixirá a estes organismos para que exixan o cesamento destas discriminacións.

Non é un caso illado:
O presidente da MNL lembra outros casos similares no eido do traballo que xa foron denunciados, como o dun traballador que non foi seleccionado nunha entrevista por falar galego ("e se se che escapa algo en galego?", dixéronlle), ou o da empregada de Carrefour da Coruña á que o encargado lle recriminou o seu idioma ("Burra, non fales linguas menores"). Neste caso da granxa escola de Fornelos, a situación ten, se cabe, máis derivacións, xa que os traballadores están en contacto diario con nenos e, segundo a súa web, adícanse a ampliar o seu coñecemento, neste caso, do medio rural, para conseguir o enriquecemento persoal dos pequenos.
A Mesa tivo coñecemento desta situación a través da Liña do Galego, un servizo que presta asesoramento aos cidadáns que ven vulnerados os seus dereitos lingüísticos. O seu presidente, Carlos Callón, pediu "aos que "supostamente defenden o bilingüismo e a igualdade entre as linguas" que actúen ante este tipo de casos.

Desde Galiza e "on the world": primeiro tradutor galego-inglés

O prototipo, baseado no motor Opentrad, está xa de balde a disposición dos internautas.


A empresa Imaxin Software presentou este mércores no Club Internacional de Prensa o primeiro tradutor inglés-galego/galego-inglés que, ademais, é de código aberto. O servizo atópase aínda en fase de prototipo, aínda que os seus responsábeis aseguran que seguirá a mellorar rapidamente. Está baseado, ademais, no motor Opentrad.O proxecto foi financiado pola Consellaría de Innovación e Industria e contou coa colaboración das universidades de Vigo e Santiago de Compostela. Segundo explicou o director de márketing de Imaxin, Diego Vázquez, dispoñer dunha ferramenta deste tipo é de vital importancia para o desenvolvemento do país, que comparou co das infraestruturas de transporte. Afirmou que fai accesíbel a información escrita en inglés, que xa se converteu en lingua franca, e ao mesmo tempo pon os contidos en galego ao dispor do resto do mundo.O responsábel do proxecto, José Ramom Pichel, explicou que, dado o afastamento que existe entre o galego e o inglés, é máis complicado conseguir programar un tradutor automático que ofreza resultados á altura dos tradutores galego-castelán, por exemplo. Porén, dixo que o prototipo, ao quedar liberado para a súa modificación e desenvolvemento pola comunidade, por ser de código aberto, irá mellorando constantemente.Ademais, aínda que as traducións non son perfectas -algo que nunca conseguen os tradutores automáticos-, si permiten a intelixibilidade dos contidos para persoas que non falen a lingua da que proceden.O desenvolvemento do tradutor levou entre seis meses e un ano e, segundo os seus autores, aspira a poñerse á altura doutras ferramentas privativas semellantes que levan unha década no mercado, como o Systran, que usa comercialmente Google, por exemplo.O tradutor poderase probar no enderezo http://opentrad.imaxin.com/

martes, 18 de noviembre de 2008

U

Adolfo Domínguez concentrará as súas instalacións nunha parcela dun millón de metros cadrados en Ourense

A empresa téxtil ourensá Adolfo Domínguez, S.A. concentrará, nun prazo de dez anos, todas as súas instalacións nunha parcela do parque industrial ourensán de Val dá Rabeda que ocupará un millón de metros cadrados. O empresario, que presentou onte o proxecto en Santiago xunto ao vicepresidente da Xunta e a conselleira de Vivenda, asegurou que pretende seguir na urbanización dese terreo en Val dá Rabeda «ou que Quintana e vos seus sucesores fixeron en Allariz».
Domínguez quixo desvincular esa apreciación da súa ideoloxía: «Teño credibilidade porque non creo ter unha enorme fama de nacionalista, pero ou tratamento do medio feito en Allariz é modélico, e ou Val dá Rabeda continúa esta tradición de Allariz. Pois eu quero seguir este modelo», sinalou. O empresario, que insistiu en que a actuación «vai ser modélica» e que non tallará unha soa árbore na zona, revelou que levaba doce anos negociando para facela posible. Aproveitou a ocasión para facer o seu propio diagnóstico da crise. Admitiu que «agardaba unha desaceleración», pero non tan intensa, de tanto calado e con tantos problemas de liquidez.
En presenza do autor do concepto «engúrraa é bela», Quintana animouse a acuñar unha nova fórmula para tratar de converter a crise nunha oportunidade, e referiuse ao proxecto de Domínguez en Val dá Rabeda como exemplo de «economía con raíces». «Neste tempo non que tanto se fala de deslocalización, creo que se pode estar non mundo, pero con raíces na terra», argüiu. Quintana destacou que a instalación do empresario ourensán nese parque industrial servirá de «forza tractora» para o asentamento de novas empresas nos tres millóns de metros cadrados restantes.
A conselleira Teresa Táboas explicou a dimensión do proxecto de Domínguez, que copará todo o chan reservado para o campus industrial, cunha superficie de 1.080.009 metros cadrados, dos que 350.000 serán espazos verdes. Apuntou que o investimento privado superará os 20 millóns de euros e permitirá crear 160 empregos

A débeda pendente con Jenaro Marinhas



O dramaturgo, figura clave no teatro galego do século XX, foi apartado do centro do sistema pola súa militancia política e lingüística.

Modernidade, humildade, honestidade. Estas tres palabras poden servirnos para comezar a explicar quen foi Jenaro Marinhas del Valle, figura clave no teatro galego do século XX, e malia a todo, descoñecido pola maioría da poboación, e conscientemente ignorado polas institucións durante anos, desprazado á periferia da cultura galega, un esquecemento que, denuncian os seus defensores, continúa na actualidade.Durante todo o mes de novembro celébranse na Coruña unha serie de conferencias, debates e homenaxes co gallo do centenario do nacemento do autor, o 25 de novembro de 1908. Os actos, organizados pola concellaria de Cultura, a Universidade e a Asociación Socio-Pedagóxica Galega, comezaron o día 11, cunha mesa redonda e senllos relatorios a cargo de Henrique Rabunhal e Lino Braxe. O venres 21 a Casa Museo de Casares Quiroga acollerá a segunda das xornadas de estudo sobre Marinhas, na que se analizará 'O feminino e o protesto na obra de teatro Ramo Cativo' (Kathleen March e Tareixa Campo), se celebrará unha mesa redonda coa intervención de Laura Tato, Cilha Lourenço e Carlos Viscainho e se representará, xa no Teatro Rosalía, a obra A Velada.Pola súa banda, a Associaçom Galega da Língua (AGAL) organizará un congreso sobre a figura e a obra de Marinhas os días 26, 27 e 28 de Febreiro de 2009. Así mesmo, publicará unha reedición de A Vida Escura e mais un volume no que se incluirá unha escola de textos que o autor escribiu na revista Agália.

Unha vida de compromiso:

Jenaro Marinhas contactou coa intelectualidade galeguista da Coruña sendo moi novo, a través das faladoiros aos que acudía o seu pai, relacionado co grupo da Cova Céltiga. Frecuentou así mesmo as Irmandades da Fala e en 1933 foi cofundador da Mocedade Galeguista da Coruña, da que chegou a ser secretario xeral. Despois da guerra participou nas primeiras reunións de galeguistas, xa dende 1943 e participou na fundación de Galaxia e de Grial. Foi en Grial onde publicou, ao longo da ditadura, as súas primeiras obras de teatro, como A Serpe, Pequena farsa dos amores desencontrados, Loucura e morte de Peregrino, Os Ausentes, O bosque, No palleiro ou Monifates. En 1965 A Revolta e outras farsas obtivo o premio Castelao de teatro galego convocado por O Galo.En 1978 ingresou na Real Academia Galega, cun discurso titulado A importancia do público na revelación teatral, publicado por O Castro en 1979, en opinión de Rabunhal "un dos textos teóricos máis importantes do teatro galego". Naquela altura Manuel Lourenzo e Pillado Mayor destacaban en O teatro galego que na produción teatral de Marinhas impoñíase "unha liña de esixencias que atinxe a situar as súas obras na revolta ideolóxica e estética do teatro contemporáneo". E un ano máis tarde salientaban que nos seus textos "bule unha preocupación humanística que ás veces se reviste de latexo existencial e ás veces de farsa simbólica, máis sempre dentro dun ton poético, quer de raíz esperpéntica, quer dun calculado estatismo verbal". En 1981 publicou Acurrados e en 1990 Ramo Cativo, outra das súas obras máis destacadas.En outubro de 1981 nace a Associaçom Galega da Língua, e Jenaro Marinhas foi escollido como Membro de Honra. En 1990, xusto despois da morte de Carvalho Calero, Marinhas renunciou ao seu posto na RAG: "Quebrado agora, bem dolorosamente para mim, esse fio que à Academia me prendia, deixo vacante um sitial que nunca ocupei gostoso e admito que sem merecimentos. Vou-me amigo dos amigos mas nom podo continuar companheiro polos caminhos que levades. Está certo que nom imos para a mesma romaria". Marinhas ocupou lugares de centralidade no campo literario galego durante o franquismo e os primeiros anos da restauración democrática. Porén, dende mediados dos oitenta e sobre todo dende que renunciou ao seu posto na Real Academia, foi desprazado a un lugar periférico.En 1998 a AS-PG e a Agrupación Cultural Alexandre Bóveda organizaron na Coruña unha homenaxe a Marinhas, que xa tiña evidentes problemas de saúde e finou un ano despois. No seu discurso Pilar García Negro afirmou: "Reclamamos para el o mérito de ser un dos máis modernos, renovadores e intelixentes autores do teatro galego contemporáneo, cunha obra escrita, por certo, en tempos ben duros e crueis para coa existéncia do próprio país (...) Moitas grácias por nos acompañar e nos alentar neste camiño que ti, e outros coma ti, comezastes. Procuraremos non desandarmos nunca, non defraudarmos tanta esperanza como a que este país merece".

Os motivos da súa exclusión:

Jenaro Marinhas deixou escrito que "os galegos nom devemos considerar o idioma português como algo que nom nos pertença em grandíssima parte desde que contribuímos à sua formaçom em igual medida os do Minho para Norte que os do Minho para Sul e isto deve ser motivo de orgulho nacional". E era perfectamente consciente de que por adoptar publicamente esta posición a súa valiosa obra ficaba condenada a unha certa 'periferia', ou ás veces quedaba directamente no esquecemento, por apatía, desleixo ou pura ignorancia: "nom se me oculta que aderir ao reintegracionismo contribui a encontrar-se com muitas portas fechadas, mas nom tenciono aldrabar a nengumha". Marinhas denunciaba con fervor que "a lusofobia revela umha imaturidade galeguista: o galego plenamente formado nom pode ver em Portugal e no português algo estranho, mas a prolongaçom de si mesmo: a Galiza botada a andar".Para Fernán-Vello, a militancia reintegracionista de Marinhas, o mesmo que o seu posicionamento político, nidiamente de esquerdas e nacionalista, é "fundamental" para entender o seu esquecemento. "Supón unha gravísima irresponsabilidade que sectores moi importantes da cultura galega lle desen as costas por ese motivo. O que me parece máis grave é que ese descoñecemento, esa desmemoria inaceptábel se manteña na cultura galega oficial. Segue a pasar o mesmo: non hai moito, falando con Miguel Martín, xerente do IGAEM e agora do Agadic, dicíame que non coñecía a Jenaro Marinhas, e que non tiña intención de publicar o seu teatro completo", denuncia o poeta e editor.

lunes, 3 de noviembre de 2008

SAMAIN



Chega o outono e con él as castañas, as caveiras de melón, os calacús, as abóboras; chegan as augas e os tempos escuros, remata o verán e encétase o inverno, vaise a calor e vén o frío: acaban as romarías ao sol e inícianse os fiadeiros a carón do lume: son os tempos de Samaín.

Samaín, palabra gaélica, non significa máis que fin do verán, principio do inverno. Na antiga cultura céltica o tempo de Samaín, especialmente a noite do 31 de outubro ao 1 e novembro, era o período máis importante do ano. Eran datas claves para se reunir nos camposantos, comer o ritual e comunal porco de samaín e concelebrar as farradas festeiras dos guerreiros. Era a noite máis perigosa do ano: as portas do outromundo abríanse nesas horas e as ánimas eran quen de vir visitar este mundo e aos seus moradores: tantas veces para render contas inacabadas.
Para afastar dos seus castros as perigosas ánimas defuntas e errantes adoitaban poñer no alto das muradas, ou encastradas nas paredes, as caveiras iluminadas dos inimigos mortos en campaña. De aquí, dos ritos e crenzas célticas ao redor da caveira, vén a tradición europea de facer caliveras na cortiza dos melóns, ou cabazos, ou calabazotes. Tradición que, grazas ás investigacións do profesor galego Lopez Loureiro, sabemos que se estende por toda a antiga xeografía céltica europea e concretamente para o caso de España, por todas as zonas con presencia do elemento céltico ben documentado. En Galiza atopámola en toda a súa xeografía, non faltando esta tradición en ningunha das súas bisbarras e aportando un folclore similar aínda que dándolles nomes diferentes: calacús polas Rías Baixas, caveiras de melón en Cedeira, calabazotes en Ortigueira, colondros en Ourense...etc.

O Samaín é o antecedente europeo do Halloween americano. Tradición de orixe europeo foi levada polos emigrantes a terras americanas e de alí transmutouse nun carnaval outonal.
É unha tradición aínda hoxe presente en numerosas pedanías rurais das comunidades do norte e centro da Península Ibérica: Galiza, Asturias, Aragón, Cantabria, Castela-León, Madrid, Cuenca, Guadalajara..etc.

SABIAS QUE???


... dende hai xa dezasete anos na vila de Cedeira celébrase a Festa de Samaín?
... en Chubut, Arxentina, as comunidades galesas e galegas celebran conxuntamente esta tradición ?
... ao día de hoxe varias localidades francesas están a iniciar tamén as súas Festas de Samaín, para contrapoñelas ao Halloween?
... certas comunidades progresistas de EEUU están celebrando estas datas co nome de Samaín e non Halloween?
... fomos nós, os galegos, os primeiros europeos que erguemos a idea de Samaín para facerlle fronte á alienante moda do Halloween?