ALLARIZ

parroquias de melide

MÁIS PARROQUIAS

/504403158292525912/bb_t047_v000_s0un_f00/images/xslide2.gif" ismap="ismap"/>

GALIZA-CAMERÚN:A IRMANDIÑA INVICTA

duascentas fotos

CAMIÑANDO EN MELIDE

VIAXE A USA

HOLANDA

miércoles, 30 de enero de 2008

nenos soldado


Ban Ki-Moon esixe sancións para os estados que usen nenos soldado


O secretario xeral da ONU pediulle ao Consello de Seguridade que sexa penado o seu recrutamento nos conflitos, algo que sucede en polo menos dez países.

Macará




IV Copa Galega de Kaiak Extremo
Baixando o Ulla sen petar contra as minicentrais
Iso si que é extremo, e vaise desenvolver nas Torrentes do Ulla, entre Mácara e Ramil, o 9 e o 10 de febreiro.



A Plataforma Social pola Defensa do Alto Ulla organiza o Campionato de Kaiak Extremo Torrentes do Ulla, ou o que é o mesmo, a IV Copa Galega de Kaiak Extremo, que se desenvolverá, como o seu nome indica, nas torrentes do río Ulla, entre Mácara e Ramil, do 9 ao 10 de febreiro.As pendentes rápidas e impetuosas do Ulla, ao seu paso por Mácara, son perfectas para practicar este deporte, que ademais vai servir para reivindicar máis unha vez a defensa dun río sobre explotado por conta da grande cantidade de minicentrais que nel se teñen instalado nos últimos anos.Será, pois, unha baixada-reivindicativa tamén en contra dos encontros; en kaiak polas torrentes e camiñando polas beiras do Ulla. Esa mesma noite de seguro que se organiza algunha paparota na zona.

jueves, 24 de enero de 2008

PARA RIR




Ou "consenso" bilingüista ou "complexo de inferioridade"Feijóo asegura que os nacionalistas teñen complexo de inferioridade por non ceder ás propostas de Rajoy para preservar o "ameazado" castelán no Estado Español.[GZnación / Redacción / 24 Xan 08]


sábado, 19 de enero de 2008

ESTO SI ESTA PERMITIDO



  • O xulgado autoriza a manifestación xenófoba do domingo en Madrid
    Acepta o recurso de Democracia Nacional contra a decisión da delegación do goberno español.



    O partido recalca na súa web que a manifestación foi autorizada
    O Tribunal Superior de Xustiza de Madrid decidiu autorizar a manifestación do partido Democracia Nacional (DN) prevista para o domingo 20 na capital do Estado. O xulgado deulle a razón á formación política, que presentara un recurso contra a decisión da delegación do goberno español que prohibía a concentración, prevista para o mediodía diante do Ministerio de Asuntos Sociais.A representación do executivo decidira impedir a manifestación por considerar que había fraude de lei ao non coincidiren o lema comunicado e o que figuraba na web de DN, de carácter xenófobo. Frases como "esa escoura vida de afastadas terras" ou "non quedes impasíbel porque o destrúen todo" aínda se poden ler na páxina do partido, que ten como lema electoral "Os españois primeiro".A delegación tamén considerara a convocatoria fóra da lei polo seu carácter "agresivo" e por conter expresións contra a dignidade das persoas. Tamén tivo en conta a anterior concentración de DN, onde houbera desordes públicas, ademais da morte dunha persoa nova e graves lesións a outra.


POR DESGRAZA VIVIMOS NUN ESTADO NO QUE SEMPRE EXISTIRÁ UNHA DOBLE BARA DE MEDIR.CADA UN QUE SAQUE AS SÚAS PROPIAS CONCLUSIÓNS.

lunes, 14 de enero de 2008

A FESTA NON VAI PARAR

Deixovos en primicia a primeira canción dance da historia escrita en galego.O autor e un DJ da Estrada e o nome da canción "a festa non vai parar".
Anque non vos guste a música disco merece a pena escoitala porque pasos como este son importantísimos para a normalización do noso idioma:http://es.youtube.com/watch?v=_8y5VeWFwT8

bicos

domingo, 13 de enero de 2008

BAILANDO SEVILLANAS




“As prioridades do meu partido son a solidariedade, as infraestruturas e a mellora das condicións de vida”. Por esta orde xerarquizou o alcalde da Coruña, Javier Losada, as súas preocupacións como rexedor da cidade. A cuestión do idioma? Iso é algo do grupo nacionalista.Nunha entrevista concedida a La Voz de Galicia, Losada asegura que, malia o pacto de goberno asinado entre nacionalistas e socialistas, cada grupo ten as súas prioridades. “Polo que vin”, sentencia o primeiro edil, as do BNG son “o orzamento, o emprego, a rehabilitación de vivendas e posiblemente o idioma”.O xornalista relata como o alcalde o recibe “entre papeles”, ocupacións que o rexedor vincula co feito de ser “un exemplo de gobernabilidade e un exemplo de alcalde” en Santiago e en Madrid.Para curarse en posíbeis críticas sobre o estado dalgunhas zonas da cidade, Losada argumenta que A Coruña é unha “cidade moi usada, con moita vida” que agora precisa limpeza.

viernes, 11 de enero de 2008

Coñecer galiza

"Por terras de..." lévanos a coñecer Galiza
A Asociación de Escritores en Lingua Galega conta coa participación de recoñecidos escritores para espallar o coñecemento do noso país.


Un total de 16 roteiros está a preparar a Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) en colaboración coa Dirección Xeral de Turismo, para facilitar o coñecemento de todos os recunchos de Galiza. Baixo o título Por terras de... quedan recollidos os textos de recoñecidos escritores da nosa literatura, que colaboran neste proxecto aportando a parte textual.Os 16 roteiros, que pretenden "espallar o coñecemento global do noso país", ten un carácter divulgativo e con vocación literaria, e rexistra os datos máis destacábeis de comarcas como a Terra Chá, a Terra de Bergantiños, Terras de Monforte, ou Terra do Caurel, entre outras.Ademais destes libros, celebraranse tamén conferencias de escritores de prestixio internacional nas comarcas sobre as que versan os roteiros, e que buscan o obxectivo de dar pulo e fomentar o desenvolvemento do noso patrimonio turístico-cultural xeral e das comarcas, para potencias a cultura galega alén das nosas fronteiras. Un total de 17 trípticos divulgativos completan o proxecto aportando datos significativos da historia, literatura e lingua galega, para a súa distribución.Camiñando por terras de...Os dezaseis roteiros e os seus correspondentes autores son os seguintes:
O Ribeiro: Miguel Anxo Fernández
Baixo Miño: Marta Dacosta
Terra de Rosalia: Anxo Angueira
Terra Chá: Darío Xohán Cabana
Compostela: Marilar Aleixandre
A Coruña: Henrique Rabuñal
Ourense: Bieito IglesiasLugo: Isidro Novo
Vigo: Manuel Forcadela
A Terra do Medio: Xosé Vázquez Pintor
Eume: Eva Veiga
Ferrol: Ramón Loureiro
Fisterra-Costa da Morte: Modesto Fraga
Cambados: Ramón Caride
O corazón de Galiza: Xulio López Valcárcel.

THE HOMENS

De xira con "The Homens:
Melide, Porto e Ourense están entre as vindeiras paradas do grupo


Conversas con The Homens. Bocixa e Raquel Rey
Inmersos en plena xira de presentación do seu disco (Tres, en Falcatruada), The Homens conversaron con A Nosa Terra Tv de proxectos, inquedanzas, inspiracións e, sobre todo, música.
Datas da xira
Martiño, Roi e Xocas actúan o venres pola noite no pub Gatos de Melide, nunha xira que acumula citas até o 25 de abril e que os levará en vindeiras datas por unha minixira portuguesa (Maia e a FNAC de Porto, nos días 25, 26 e 27 de xaneiro) e por Ourense. O 1 de febreiro actúan no Barco de Valdeorras e o 16 no pub Auriense da propia cidade ourensana.
Defensores dun eclecticismo sonoro con posos até de hardcore melódico, The Homens enarbolan a bandeira do rock en galego. "O que importa son as cancións e non chorar", definen.

miércoles, 9 de enero de 2008

Cargos políticos do Concello da Coruña néganse a asinar documentos en galego
Algúns concelleiros socialistas obríganlles aos funcionarios a traducir os textos ao castelán
.
Os primeiros intentos de aplicar a Lei de Normalización Lingüística no consistorio herculino están a provocar fortes enfrontamentos internos no propio executivo local. A oposición á galeguización é tal que, segundo puido saber Vieiros, nas últimas semanas algúns concelleiros socialistas negáronse a asinar documentos oficiais na nosa lingua e mesmo chegaron a obrigarlle aos funcionarios a que os traducisen ao castelán.A orixe das liortas internas está nunha proposta de ordenanza que o departamento de Normalización Lingüística enviou aos 27 concelleiros da corporación. No documento recoméndase que os edís usen a lingua do país nos actos públicos para contribuír á normalización do idioma. A proposta non gustou nada nas filas socialistas. Un exemplo deixouno este mesmo mércores, o concelleiro de Infraestruturas, Esteban Lareo (PSdeG), que afirmou en Radio Coruña que non estaba disposto a aceptar “imposicións” e rematou dicindo que “xa loitamos por defender as liberdades para agora ter que volver con polémicas artificiais”.Mais o sector socialista máis contrario á normalización do galego non está só na batalla. O PP de Carlos Negreira tamén está a facer “casus belli” do idioma do país asegurando que as áreas de goberno nacionalistas queren meterse na liberdade lingüística de todos os coruñeses. O caso é especialmente paradoxal se se ten en conta que tanto o popular Carlos Negreira como a socialista Mar Barcón (os dous con escano no Parlamento de Galiza) votaron a favor o pasado mes de maio dunha iniciativa que instaba aos concellos a esforzarse na aplicación da Lei de Normalización Lingüística.A sombra de Vázquez é longaA guerra aberta contra o uso da lingua galega no consistorio é sen dúbida parte da herdanza de 23 anos de maiorías absolutas de Francisco Vázquez. O ex alcalde herculino emprendeu innumerábeis batallas legais para non ter que utilizar o topónimo oficial da cidade. Cando o agora embaixador español no Vaticano viaxa até terras coruñesas non deixa pasar a oportunidade de criticar o que el denomina “imposicións lingüísticas”.Fontes do consistorio consultadas por este xornal aseguran que a sombra do ex rexedor planea sobre esta última polémica. Como exemplo sinalan que os concelleiros que xa estiveron en anteriores executivos son os máis belixerantes con todo o que se refire ao idioma, mentres que concelleiras que se estrean como é o caso de Obdulia Taboadela (Persoal) ou Silvia Longueira (Servizos Sociais) son máis proclives a aceptar políticas que axuden a normalizar o uso do galego. Mentres o alcalde, Xavier Losada, intenta manter unha posición “salomónica” entre as áreas socialistas e nacionalistas falando da necesidade dun “bilingüismo intelixente”A politización tamén chega ao movemento veciñalMais a polémica pola normalización da lingua na cidade coruñesa transcende María Pita. As dúas principais federacións veciñais volveron posicionarse en contra da obrigatoridade de empregar o topónimo oficial. A Federación de Veciños “Salvador de Madariaga”, presidida por Xan Sáez Chas, é vista por moitos como próxima á formación de Carlos Negreira. Pola súa parte, a Federación de Asociación de Veciños da Coruña e da Área Metropolitana, está presidida por Xosé Antón Folgueira, que destacou nos últimos anos pola súa afinidade coas teses de Francisco Vázquez.

martes, 8 de enero de 2008

BILINGUISMO OU DIGLOSIA

Bilingüismo asimétrico:
Hai uns días, o Partido Popular da Coruña remitiu aos medios de comunicación unha nota en protesta pola que consideran unha nova tendencia anti-bilingüismo do goberno municipal coruñés.Demostrando unha grande capacidade analítica, este partido afirma que unha parte do goberno local esquece por completo o castelán, e mesmo piden ao alcalde que chame á orde aos díscolos concelleiros excluíntes. Resulta verdadeiramente irónico que só se alarmen cando o idioma que se esquece é o castelán, e mesmo ofensivo se pensamos na historia da institución municipal coruñesa precisamente en relación coa falta de respecto coa lingua galega. É ben curiosa esta preocupación, que os populares coruñeses din proceder de queixas cidadás. Seguramente non terán escoitado as queixas da cidadanía polos diversos desprezos contra o galego durante tantos e tantos anos.A miña conclusión é que só podemos estar a falar dunha nova estratexia de comunicación deste partido: procurarán contradicións nos membros do actual goberno, si, mais de paso ofenderán a todas as persoas que por máis de vinte anos quixeron, sen éxito, facer uso do galego nas súas relacións co concello coruñés; farán mofa dos veciños que nalgún momento estiveron en contra de que o concello sufragase un proceso xudicial contra o topónimo que xa levaba anos oficializado; non terán en conta aos que aínda hoxe nos indignamos porque en moitas áreas dese concello é case imposíbel recibir atención ou ler ningún documento en galego; mirarán con desprezo a todas as persoas que se mostran encantadas por que por unha vez sexa posíbel comezarmos a ver a publicidade municipal en galego.É verdade, toda esta xente non merece nin un só segundo de respecto do seu concello pola súa lingua. Tampouco as leis que amparan o uso do galego por parte das administracións públicas parecen ser merecedoras do respecto do Partido Popular coruñés.En definitiva, o Partido Popular da Coruña seguramente recibirá de algún veciño un dicionario como agasallo de Nadal. Iso si, vai ter que ser de castelán, visto que a outra lingua oficial parece non merecer máis que a súa indiferenza.

IRIA TAIBO EN GZnación.com

miércoles, 2 de enero de 2008

Pontevedra




Volve o Hai que Roelo!
O conxunto granate derrotou aos maños por 1-0 en Pasarón e busca revivir as xestas acadadas nos anos sesenta. Este xoves, a partir das nove da noite e retransmitido en directo pola Galega.

Nos anos sesenta o Pontevedra era o equipo de moda. Foi líder de Primeira en dúas ocasións e subcampión de inverno en 1965. Os granates mesmo apareceron na portada de Pravda e foron protagonistas dun pequeno escándalo relacionado cunha quiniela de 14, precisamente nun partido na Romareda. Regresa o equipo do Hai que Roelo! A década máxica do Pontevedra comezou en 1960, co ascenso a Segunda División, que obrigou a reformar Pasarón, pois para xogar en categoria profesional compría un estadio con gradas e vestiarios. E o estadio reformárono en tan só un mes, en xornadas de tres turnos ao día, sen parar. Tres anos despois, o Pontevedra ascendeu a Primeira División, curiosamente un 14 de abril, aniversario da Segunda República. Despois de derrotar ao Espanyol (co que pelexaba por ascender) en Sarriá, aos granates bastáballes con empatar na derradeira xornada, en Pasarón e fronte ao Celta. Foi a primeira vez que había unha cámara de televisión en Pasarón, unha cámara de 16 milímetros do No-Do. O Celta (que días despois saberiase que viña primado polo Espanyol) adiantouse. E no minuto 80, a primeira vez que o Pontevedra chegaba á portería rival, Ceresuela controlou un balón que quedara solto á saída dun córner e colouno pola escadra, o que se chamaría "o gol do allo".2.700 socios e un presuposto de pouco máis de dous millóns de pesetas; o equipo máis modesto da categoría acadou no lustro seguinte xestas históricas: foi subcampión de inverno na tempada 1965-66, foi líder en dúas ocasións o 10 e o 28 de novembro de 1965, derrotou tres veces ao Real Madrid en Pasarón (por tres a cero en 1967, mesmo), e gañoulle ao Barça no Nou Camp en 1966. O Deportivo era un equipo ascensor, e o Celta estaba en Segunda (ascendeu en 1969, ano no que coincidiron tres equipos galego na máxima categoría), polo que o Pontevedra era o representante do fútbol galego no segundo lustro dos anos sesenta. Entre outras moitas curiosidades, foron varios os partidos que o actual Rei Juan Carlos I viu en Pasarón, coincidindo coa súa estadía na Escola Naval de Marín. En 1970, cun equipo avellentado e sen recambios, o equipo granate descendeu a Segunda, e tres anos despois caería a Terceira División. Nesa última tempada en Primeira mesmo caeu por 8-0 na Romareda fronte ao Zaragoza, o seu rival na Copa.Escándalo na RomaredaPero a historia fora moi outra dous anos antes. O 3 de novembro de 1968 o Pontevedra, segundo na clasificación, xogaba na Romareda fronte ao Zaragoza dos Cinco Magníficos. Era o partido televisado da xornada, e polo tanto xogábase de último, unha vez rematados todos os demais. Manolo Batalla, central do Pontevedra, fixera unha quiniela, tiña 13 acertos e púxeralle un "x" ao partido final. No descanso, con vitoria dos granates por 0-1, o xogador confesoulle a historia da quiniela a Matías Prats. A falta de 5 minutos, o Pontevedra fixo o 0-2, pero neses 5 minutos finais o Zaragoza marcou dous goles, con dúas cantadas de Batalla, e o partido rematou en empate. Houbo poucos acertantes da máxima categoría e o xogador levou o equivalente a tres ou catro anos de ficha. Matías Prats, ao finalizar a retransmisión do partido, lembrou a anécdota de Batalla, que provocou nas semanas seguintes unha gran polémica e un debate en todo o Estado, con artigos de opinión que apostaban por prohibirlles aos xogadores cubrir quinielas.Portada de PravdaO Pontevedra mesmo chegou a ser portada do Pravda, a través do seu capitán, Cholo, o xogador máis representativo daquel equipo, condutor de autobús, e dos 11 titulares o único que nacera na cidade. Cando o Pontevedra conseguiu o liderado, en novembro de 1965, o Pravda salientou na súa portada que na aburguesada e millonaria liga española, o líder era un equipo de proletarios cuxo capitán conducía un autboús.A orixe do Hai que Roelo!O berro de Hai que Roelo! naceu nunha taberna de Lérez, ao redor dun óso, evidentemente, un óso que mesmo se conservou nos anos seguintes. De aí saíu unha pancarta que poñía O Pontevedra é un óso, hai que roelo, que se fixo popular e foi imitada mesmo por grupos emigrantes galegos que acudían a animar ao Pontevedra en varios puntos do Estado.