ALLARIZ

parroquias de melide

MÁIS PARROQUIAS

/504403158292525912/bb_t047_v000_s0un_f00/images/xslide2.gif" ismap="ismap"/>

GALIZA-CAMERÚN:A IRMANDIÑA INVICTA

duascentas fotos

CAMIÑANDO EN MELIDE

VIAXE A USA

HOLANDA

domingo, 13 de mayo de 2007

MENTIRAS


Din por ai que os mentiráns teñen que ter boas cabezas para poder lembrarse de tódalas súas mentiras e non poder ser asi pillados coma os polvos dentro das nasas.Nembargantes este non é o caso da "clase" politica que moi a pesar meu "dirixe"este concello.Escoitei neste inicio de campaña mentiras tais como que o concello accedeu a privatizar a residencia da terceira idade porque esto garantizaba nadamáis e nada menos que 36 postos de traballo(EU PREGUNTOME PARA QUE).O que non dixeron ,non sei se por esquecemento,é que a empresa concesionaria estivo a ser investigada,que ten relacións co opus dei,que varios dos seus donos son ex-concelleiros e que agora os veciños de Melide non terán prioridade sobre outros habitantes deste pais,podendo incluso darse a paradoxa de que as plazas esteñan ocupadas por otras persoas,non melidáns, e teñan que acabar residindo noutros concellos.Escoitei tamén que ian rematar,e xa van catro anos,a anceiada casa da cultura;nova mentira posto que ainda quedan dúas fases máis.É máis ,ainda está todo o escombro dentro e iso que xa pecharon as portas.Ah, por certo,a deputación cocncedeu os sesenta millóns de pesetas que a todo luxo se detaian e anuncian como obra do concello(pasade por ali).

Seica dixo o señor Feijo que debian estar presentes no seu mitin membros do BNG e do PSOE local,pensa que xustifica asi o plantón en hai debate para discutir con Quintana(por certo,Touriño tampouco acudiu.)

Lémbrolle tamén ó que falou de que tivo que emigrar para traballar que penso que esquece quen gobernou en Melide dende que temos democracia.E que tamén se esquece de todos eses xóvenes que partén en busca dun emprego digno deixando Melide para traballar nas Canarias,Pais Vasco ou Cataluña.(pois seguén a mentir sobre o poligono industrial)

Poderia seguir asi co campo de fútbol,piscina,depuradora ou incluso co pavillón,por non deixar de mencionar as mentiras e máis mentiras as diversas asociacións,empresarios e demáis veciños deste noso concello.


Seica o cambio é o osixeno da democracia...osixenemonos.

No hay comentarios: