A visión do Paraíso na praia de Melide:
Contáronme que un home de Cangas de Morrazo foi un día ata a praia de Melide, situada en Cabo Home, concello de Cangas de Morrazo (Pontevedra), nun contorno natural paradisíaco, e quedou mirando o mar extasiado. Tan ben se atopaba que se deixou estar un anaco e para cando decidiu volver a Cangas descubriu que pasaran corenta e cinco anos, e que xa non atopaba á súa familia, nin aos seus veciños ou amigos.[Lenda remitida por Soledad Ríos Santomé, de Moaña (Pontevedra)]

Supoño que por algo lle porian ese nome tan fermoso,non credes?
Entrade nesta paxina,non vos defraudara:http://galiciaencantada.com/
5 comentarios:
Eu estiven nesa praia un día de inverno que petaba o aire de carallo, e si que é preciosa. Como todas a zona, a Costa da Vela, Cabo Home onde case tocas coa man as Cies, Ría de Aldán. O Morrazo é un mundo por descubrir, podes atopar toda a bravura da costa, hai zonas moi parecidas a costa da morte, e outras de remansos de paz total. Unha maravilla.
Gustaríame voltar a esa praia no verán. Por certo vou precisar pouca roupa, xa que polo que sei é unha icona do nudismo galego, jeje.
E si coche, ten un nome precioso.
Como me gusta a lenda!!
Graciñas por compartila cos que te lemos.
Unha aperta!
E esa praia non é nudista? Tamén hai un pobo en Italia que se chama Melide :D
A páxina que recomendas xa a coñecía, e ten lendas realmente fascinantes.
Somentes facer unha pequena precisión. O Melide ó que se refire Larua está en Suiza, eso sí no canton italiano, e chámase Melide di Lugano, ó caron del hai un lago bastante importante.
Sempre me acordo desto cando vou ó 600 e véxo nunha esquina da discotasca o letreiro "Rúa Melide di Lugano".
Haberá que facer unha visita os Melides ló, ;)
Manda carallo! E eu que nacín en Suíza e non o sabía... Bueno, teño escusa, eu son dun cantón frances... (silbasilba).
Pero si, cierto, Melide di Lugano
Publicar un comentario