ALLARIZ

parroquias de melide

MÁIS PARROQUIAS

/504403158292525912/bb_t047_v000_s0un_f00/images/xslide2.gif" ismap="ismap"/>

GALIZA-CAMERÚN:A IRMANDIÑA INVICTA

duascentas fotos

CAMIÑANDO EN MELIDE

VIAXE A USA

HOLANDA

martes, 20 de mayo de 2008

frente polisario


A Fronte Polisario cumpre 35 anos de loita contra a ocupación
O 20 de maio de 1973 efectuou a súa primeira acción armada contra un destacamento militar español de Janguet Quesat.
En 1976, a Polisario proclamou a RASD
A Fronte Polisario celebra este martes na localidade de Tifariti -zona do Sáhara Occidental baixo o seu control- 35 anos de resistencia e loita contra a ocupación estranxeira do Sáhara Occidental.O programa de actos inclúe exposicións sobre as tradicións saharauís, exhibicións musicais e folclóricas, un desfile militar e un acto oficial coa intervención do presidente da República Árabe Saharauí Democrática (RASD), Mohamed Abdelaziz. Arredor de 300 invitados de organizacións institucionais e non gobernamentais procedentes de Europa, África e Latinoamérica estarán presentes en Tifariti, localidade situada a máis de 400 quilómetros dos campos de refuxiados saharauís de Tinduf (Alxeria) e a perto de 60 do muro construído por Marrocos.

A Fronte Polisario creouse o 10 de maio de 1973 por un grupo de estudantes nacionalistas. A súa primeira acción armada efectuouse o 20 de maio dese ano, cando un grupo de sete guerrilleiros atacou o destacamento militar español de Janguet Quesat. Crise humanitaria En febreiro de 1976 o movemento independentista proclamou o nacemento da RASD. Tras 16 anos de guerra, en 1991, saharauís e marroquís asinaron en Houston (EUA) un cesamento do fogo. Ademais, acordaron realizar un referendo de autodeterminación, algo ao que Marrocos posteriormente se opuxo. Dende entón, o número de presos políticos así como o de refuxiados segue a medrar e a súa situación a empeorar. A pasada semana, diferentes asociacións humanitarias volveron alertar da catástrofe humanitaria que ameaza os 158.000 saharauís desprazados, especialmente os cativos.

No hay comentarios: