ALLARIZ

parroquias de melide

MÁIS PARROQUIAS

/504403158292525912/bb_t047_v000_s0un_f00/images/xslide2.gif" ismap="ismap"/>

GALIZA-CAMERÚN:A IRMANDIÑA INVICTA

duascentas fotos

CAMIÑANDO EN MELIDE

VIAXE A USA

HOLANDA

sábado, 31 de enero de 2009

O galeguismo do PP é ver con ollos galegos’

Feijoo asegurou que “somos galeguistas e imos ir ás eleccións coa cara descuberta”

POR ISO:

El PPdeG apoyará la manifestación de Galicia Bilingüe, en la que la AVT compara la defensa del gallego con el amparo a ETA

Baltar convierte el apoyo a Rajoy en el «verdadeiro galeguismo»

Rajoy tensiona la «autoidentificación» del PP gallego
Los populares parecen haber arrinconado la política del idioma defendida por Fraga


El Partido Popular presentará en el pleno del lunes una moción en la que propone trasladar al Parlamento gallego la defensa de la cooficialidad de los dos topónimos A Coruña y La Coruña

.....

HIPOCRITAS

o goberno do 'heroe' Erdogan recibirá en días un cargamento de armas israelí
Acollido en Istambul con bandeiras palestinas, logo da discusión con Simon Peres en Davos, o certo é que Turquía e Israel comercian militarmente hai anos.




"Que o mundo vexa un primeiro ministro"
O pasado 6 de xaneiro, en plena ofensiva militar do Exército israelí sobre a Faixa de Gaza, o ministro de Defensa de Turquía, Vecdi Gönül, viuse na obriga de comparecer ante os medios para negar que o seu país asinara un acordo sobre a venda de armas con Israel xusto antes da operación.

"O acordo de armas non ten nada que ver cos ataques. Non se asinou un acordo militar (con Israel) durante os nosos gobernos (lexislaturas)", sinalou Gönül, engadindo que o trato en cuestión se asinara hai moitos anos. Porén, segundo os informes publicados pola prensa, Turquía e Israel manteñen unha fluída relación comercial no campo armamentístico.

En 2007, o volume de negocio entre os dous estados foi de 2.600 millóns de dólares, dos que se calcula que 1.800 corresponden á venda de equipamento militar. Turquía, aínda que é un país de maioría musulmá con claras simpatías pola causa palestina, segue a ser un dos aliados máis firmes de Israel na rexión.
:

miércoles, 28 de enero de 2009

DAME NOXO O DO VOTO EMIGRANTE

Deberían avergonzarse os partidos que puxeron en marcha este método de votación e os que o mantiveron", denunciou o voceiro nacional do BNG.



"No canto de recursos, PP e PSOE deberían pedirlle perdón á sociedade galega", opinou este martes o líder do BNG, Anxo Quintana, ao respecto da última polémica sobre o voto dos emigrantes. Quintana opinaba así novamente do anuncio realizado polos socialistas de recorrer a resolución da Xunta Electoral de zona que obriga os residentes no exterior a presentar unha copia do seu Documento de Identidade ou pasaporte para poder votar. Asegurou Quintana que descoñece en que se basea polo miúdo o recursos pero definiu o asunto de "autenticamente vergonzoso", laiándose de que até o de agora non se lle esixise aos emigrantes esa identificación para que puidesen exercer o dereito ao voto.

Por outro lado, a cabeza de lista do BNG pola provincia de Pontevedra, Teresa Táboas, aproveitou a presentación este martes da candidatura para criticar o posicionamento do PP ao respecto do traslado de Ence da ría de Pontevedra. "Sumáronse tarde e mal", reprochoulles Táboas aos populares, reivindicando o protagonismo do BNG na loita contra a localización actual deste complexo industrial.

Durante o mesmo acto, Táboas dixo que aspira a que os nacionalistas logren o mellor resultado "histórico" e salientou o "binomio vivenda-traballo", como base do benestar. Así, indicou a conselleira que o seu departamento investiu na bisbarra de Pontevedra 42 millóns de euros "xa executados" entre solo empresarial e residencial, e que para os próximos anos hai "60 millóns máis xa comprometidos". "Non prometemos nada nin asinamos nada que non poidamos cumprir", insistiu. De paso, sinalou como algunhas das prioridades para a comarca pontevedresa a creación da rolda urbana, o Hospital Único e a necesidade do "apoio aos sectores produtivos".

viernes, 23 de enero de 2009

BOICOT



Todo esta listo para o boicot á barbarie que representa a celebración de campionatos de matanza de raposos que este ano se pretende celebrar en Rodeiro (Pontevedra) o sábado 24 de xaneiro.Dende as primeiras horas da mañá os grupos de Galiza e do resto do estado que se opoñen a este tipo de espectáculos estarán no monte para impedir que estes "cazadores" prosigan un ano máis con esta actividade disparatada e fóra da legalidade.


Grupos que participan na acción de boicot:

ABEIRO, ADEGA, Amigos da Terra, Amigos de los Animales, Asturias Verde, ASCEL, CES Salnés, Centro Social A Formiga, Coto do Frade, Equanimal, Eucaliptos NON, FEG (Federacion Ecoloxista Galega), Fundación Altarriba, GAS Vigo, Huellas Cantabria, LIBERA, Salva o Tren, SGHN, SOS Courel, Verdegaia

Os grupos distribuiranse polo monte en partidas de entre cinco e dez activistas dez coa consigna de patrullar polas zonas onde se concentren os cazadores para alertar os animais antes de que sexan sorprendidos polos escopeteiros. Irán acompañados por reporteiros, principalmente gráficos, que sexan testemuñas do que se está a facer con estes animais inofensivos e, que non producen danos nin a gandería nin á agricultura, co beneplácito e as subvencións dunha administración insensíbel e que se prega a intereses particulares.

As 13 horas concentraranse en Rodeiro para protestar polo evento.

A Federación Galega de Caza e demais organizadores non teñen disculpa:
Incúmplese o artigo 22 da lei de protección de animais: son infraccións moi graves a organización e celebración de espectáculos, pelexas e outras actividades con animais que impliquen crueldade,maltrato ou sufrimento?.Este campionato consiste en ver qué cuadrilla de cazadores consigue abatir máis raposos para acto seguido guindalos ó cubo do lixo.Aorde de vedas prohibe a celebración de campionatos de caza sobre animais silvestres, fóra da tempada hábil de caza, que aparece explicitada no artigo 9, según foi denunicado ante a Fiscalía de Medio Ambiente. Así como o feito de realizar competicións en Tecores que a lei de caza distingue perfeitamente dos terreos cinexético deportivos.

Xa apresentamos estudos contrastados que desminten o suposto exceso de raposos .Os datos de parte da FGC e de algún Tecor que denunciamos na Conselleria de M. Ambiente, como faltos de veracidade, non poden xustificar a matanza. Os demais cidadadáns tamén somos parte interesada no monte e temos dereito a disfrutar da fauna silvestre.

como una espiral absorve todo la capital

Rajoy confirmou que o seu partido achegará no Congreso, e coincidindo coa precampaña en Galiza, unha proposición para a modificación da lei das caixas de aforros.




PP e PSOE poderían consensuar a reforma da lei de caixas
A limitación da voz do Goberno en Caixa Galicia e Caixanova sería unha das consecuencias prácticas da iniciativa avanzada esta semana en Madrid polo presidente do PP, Mariano Rajoy, canda a secretaria xeral do seu partido, María Dolores de Cospedal. Rajoy e Cospedal fixeron público un borrador da proposición de lei a través da cal o PP quere limitar o poder dos gobernos autonómicos nas caixas de aforros.

O PP vai levar a proposta ao Congreso o próximo mes de febreiro coa intención de reducir a capacidade de influencia dos gobernos autonómicos na xestión das caixas. A posibilidade actual da Xunta de ter até un 50% de representación nos órganos de xestión, alén da propia representación municipal, quedaría así limitada, con probabilidade, a un máximo dun 50% en conxunto de todas as administracións públicas.

miércoles, 21 de enero de 2009

Lembrando a Ramom Muntxaraz

Este sábado homenaxearase ao psiquiatra, fundador da asociación 'Gaiola' en defensa dos dereitos dos enfermos mentais, e histórico militante da esquerda independentista.

Este sábado 17 de xaneiro, ás 17:00 horas no Auditorio de Galicia, en Compostela, comezarán os actos de homenaxe ao desaparecido Ramom Muntxaraz.

Esta quinta feira Xan Carlos Ánsia, Pedro Alonso, Luís Gonçales Blasco, Foz, e Suso Irago explicaron en que vai consistir o acto, que terminará cunha cea para as persoas máis achegadas ao homenaxeado, psiquiatra e histórico militante da esquerda independentista galega, que finou o pasado 29 de xuño de 2008.

"Ramom Muntxaraz, sempre en Galiza"
Xan Carlos Ánsia introduciu o acto salientando o incansábel traballo de Muntxaraz, "sempre baixo a mesma bandeira", e explicando que a homenaxe se vai desenvolver en tres bloques, nos que se van analizar separadamente, en primeiro lugar o lado máis persoal de Muntxaraz, a continuación a súa faceta profesional no eido da psiquiatría, e, para fechar, a sua traxectoria como militante independentista e como sindicalista. Han colaborar nesta descrición, a través das súas intervencións, Manuela Muncharaz, Luís Gonçales Blasco, 'Foz', Joám Lopes, Emílio González, Carlos Cañas, Esperanza Ponce, Xosé Seixas, Xosé Manuel Beiras, Mariano Abalo, Xan Carballo, Eva Loira, Xosefa Rodríguez Porca, Joám Peres, Ugio Caamanho e Francisco Manuel Gonçales Sanches Nolim. Este último vai tratar un dos aspectos máis salientábeis do traballo de Ramom Muntxaraz; a súa participación no boletín Informaçom Obreira, para Ánsia umha "escola de formación do nacionalismo". As intervencións persoais intercalaranse coas de representantes da música e da cultura galega coma Laura e Marina Quintillán, A Quenlla, Xico de Carinho e Tino Baz, baixo a dirección de Eduardo Rodríguez, Tatán.

Os organizadores convidan a toda a xente que queira achegarse no sábado a Compostela, a participar neste acto, e, ademais, coñecer a fondo a figura de Ramom Muntxaraz, que tamén representa unha parte imporante da historia e da política máis recente de Galiza.

A forza da solidariedade
Ramom Muntxaraz finou aos 61 anos en Compostela, tras padecer unha grave doenza. Naceu en Toledo, mais chegou a Galiza a finais dos 70 logo de gañar unha praza de psiquiatra no Hospital de Conxo.

Pouco tempo despois de chegar ao país comezou a súa militancia no nacionalismo da man da Unión do Povo Galego (UPG). Con esta organización participaría no nacemento do BNG en 1982. Catro anos despois participaría na creación do Partido Comunista de Liberación Nacional (PCLN), unha das organizacións que en 1988 conformaría a FPG. Muntxaraz pasaría posteriormente á APU até a disolución formal desta organización a mediados da década dos 90.
Recoñecido psiquiatra, en 1992 foi un dos fundadores da asociación cultural Gaiola, que pula pola visibilidade, integración dos enfermos mentais na sociedade e polos seus dereitos. Aínda que na actualidade non militaba en ningunha formación política, seguía a colaborar con plataformas políticas como é o caso de Causa Galiza.

sábado, 17 de enero de 2009

viernes, 16 de enero de 2009

O director da CIA afirma que a asfixia simulada “funciona ben” nos interrogatorios

Michael Hayden asegurou que empregaron estas prácticas foron “por obriga, e co mellor asesoramento legal”.


O director dos servizos de intelixencia de EUA, Michael Hayden, afirmou que as prácticas de asfixia simulada con presos “funcionaron ben” á hora de obter información. Lonxe de mostrar sentimento de culpa por empregar métodos de tortura, o máximo responsábel da CIA sinalou que estas prácticas foron “por obriga, e co mellor asesoramento legal”.

Hayden, seguindo a máxima de que a fin xustifica os medios, asegurou que se ten conseguido a “máxima información” grazas a esta tortura. Non semella estar tan convencido do mesmo o vindeiro fiscal xeral, Eric Holder. A este respecto afirmou que a práctica é un tipo de “tortura” e criticou que fose amparada durante anos pola Administración Bush

lunes, 5 de enero de 2009

Photos that Changed the World web


As imaxes máis célebres da historia xúntanse nunha web
Son aquelas que mudaron o mundo. Entre elas, a nena vietnamita que foxe do napalm ou as aínda non esquecidas Torres Xemelgas.


A web Photos that Changed the World recolle as fotografías máis célebres da historia, dende aquela imaxe da nena vietnamita que fuxía, núa e chorando, dun ataque estadounidense con napalm; ou a ollada da moza afgá que ilustrou a máis famosa primeira capa da revista National Geographic. Tamén está o coñecido beixo de Alfred Eisenstaedt ou a Ovella Dolly.

As fotografías pódense comentar e votar, así como propoñer algunhas novas, que van formando un mosaico cadrada na interface principal desta web

viernes, 2 de enero de 2009

VOCES

premios osixeno e dioxina


Adega entrega mañá en Melide os premios Osíxeno e Dioxina ás mellores e peores actuacións medioambientais

A asociación ecoloxista Adega entregará mañá ás 22 horas no Hotel Carlos 96 de Melide os Premios Dioxina e Osíxeno, que destacan as mellores e peores condutas medioambientais do ano 2008.

Na categoría de Osíxeno, este ano premiarase á Cooperativa de cultivo ecolóxico Raíña Lupa (Quilmas-Carnota), a nivel colectivo, mentres que de xeito individual recibirá o premio o veciño do Courel Xan de Vilar.

En canto ao premio Dioxina á actuación máis agresiva e insustentábel, Adega elexíu no terreo colectivo ao trío Endesa-Fenosa-Iberdrola, e no individual a Jorge Santiso, secretario xeral da consellería de Medio Ambiente e presidente de Augas de Galiza.

CARTA DE CAMILO NOGUEIRA SOBOR DE PALESTINA

Bombardear un campo de concentración
“Onde está Abel, teu irmán”


Israel, un Estado economicamente desenvolvido con apoios e influencia directa en países poderosos, moi especialmente nos EEUU. Que se di europeu, participa como tal nos torneos deportivos de Europa e recebe da UE un trato comercial privilexiado. Un Estado constitucionalmente xudeu, argallado riba dun territorio que foi maioritariamente árabe e no que habitan ainda millón e meio de musulmáns. Nese Estado a povoación ignora ou despreza como vive a xente en Palestina, encerrada nun campo de concentración, a un nada de quilómetros de distancia, alén de fronteiras que non deberon existir. Son millóns as persoas que en Cisxordania e Gaza padecen unha situación de apartheid.

Encerrados en Cisxordania por un muro de oito metros de altura, sen teren liberdade para circular pola terra que lles resta; isolados nas cidades e vilas, de Ienin e Qalquilia a Hebrón e Belén, apertados entre a fronteira con Israel e o rio Xordán, para iren a outro lugar a traballar, cultivar os seus campos, asistir a escola ou para visitaren ás familias noutras vilas, os palestinos son humillados en centos de postos de control israelís. Salvo as cidades e as vilas, a terra de Cisxordania está ocupada polo Estado de Israel, e dentro dela vense no alto os asentamentos de xudeus que viven en urbanizacións farturentas pagadas por xente de continentes afastados, chantadas na proximidade de aldeas ou vilas palestinas empobrecidas. En Hebrón, uns centos de xudeus, asentáronse escoltados por 2.000 soldados de Israel, no meio dunha cidade de máis de 150.000 habitantes palestinos que son obxecto de continuas agresións. Os asentamentos xudeus en Cisxordania están unidos por autoestradas, entando que os palestinos teñen que circular por estradas secundarias inzadas de controis armados do exército israelí.

En Gaza a mesma sobrevivencia é un milagre. Millón e meio de persoas malviven con un esforzo atroz, nunha cativa faixa de terra, entre Israel e o mar, lindando abaixo con Exipto. Non son súas nen siquer as ondas que chegan desde o Mediterráneo. Os palestinos por non ter non teñen o direito a sairen de Cisxordania e Gaza. Nos territorios onde moran resulta praticamente imposíbel praticar algunha actividade produtiva relacionada co mundo exterior.

Bombardeando Gaza, o exército de Israel bombardea un campo de concentración. Atacan a xente indefensa que nen siquer ten a posibilidade de fuxir da morte. Estes días mataron a centos de persoas e feriron a muitas máis. Alcanzáronas no meio das nosas festas.

Frente a esta realidade pouco valen outro tipo de argumentos. Sendo certo que de cando en cando se lanzan rockets desde Gaza contra localidades israelís próximas como Sderot, producindo algunha vítima, iso non pode xustificar o bombardeo masivo contra os habitantes dun cárcere colectivo. Estiven non hai muitos meses en Sderot acompañando a unha misión do Parlamento Europeu. Acababa de cair un deses proxectís, por fortuna sen consecuencias persoais. Na mañá do mesmo día, estando a misión en Gaza o exército israeli matara a sete persoas. Nese momento comprobábamos o lamentábel estado dos hospitais do territorio, onde nenos doentes chegaban a morrer por falta de medicinas ou por cortes de electricidade.

En Gaza domina unha organización como Hamás, que non aceita a existencia do Estado de Israel. Non é alleo a esta posición o feito de o Estado de Israel manter unha opresión colonial sobre millóns de palestinos, movido ainda pola idea do Gran Israel, en Xudea, Galilea e Samaria. Israel non aceita nen siquer unha Palestina plenamente independente nos limitados territorios resultantes da guerra de 1967, tal como foi aprobado pola ONU.

Se a división dos palestinos dificulta a procura dunha solución, non se pode esquecer que Israel non aceitou a vitoria parlamentaria de Hamás, un grupo que antes impulsara contra o Al Fatat de Iassir Arafat, nen ocultar que este faleceu depois de vivir encarcerado en condicións inhumanas no pazo presidencial de Ramallah. O proprio descrédito da Al Fatat do Presidente Mahmud Abbas é consecuencia da acción agresiva de Israel e dos EEUU. Os norteamericanos sustentan de facto a ocupación dos territorios palestinos e non axen inequivocamente a favor dun Estado para ese povo, contribuindo así a envenenar o mundo e propiciando a violencia islamista que din combater. A humillación que padecen os palestinos explica mesmo que unha sociedade tan laicizada como a que forman sexa invadida progresivamente por ideas e comportamentos fundamentalistas e por comportamentos contrarios a igualdade de direitos das mulleres.

A responsabilidade do que ocorre en Palestina é en última instancia do Estado de Israel e dos paises que sustentan a súa acción, como os EEUU. Mais tamén o é en grande medida dos Estados da Unión Europea, a Federación Rusa ou os Estados árabes da zona, que non impoñen unha solución xusta a un conflito inficionado.

Ainda que a solución dunha Estado palestino é necesaria e resultará inevitábel, hoxe non existen motivos para a esperanza. A ofensiva do exercito israelí prodúcese no momento das eleicións internas nas que os partidos xogan como sempre a ver quen saca máis peito, quen é máis home, frente aos palestinos e quen conta co apoio dos ultraortodoxos e dos militares. Nos EEUU, que alimentan militar, tecnolóxica e economicamente a Israel, vai asumir a responsabilidade presidencial alguén que xa anunciou que Xerusalém sería a capital dese Estado, sen dar sinais de independizarse do lobby xudeu. A Unión Europea, que fai chegar aos palestinos a principal axuda financeira, especialmente vital en Gaza, podería ter a clave da solución de se atrever a utilizar todo o seu poder político e económico, sen estar submetida aos intereses estratéxicos dos EEUU. En todo o caso, a consciencia dun pasado de crueldade cos xudeus non debería servir nunca máis para xustificar as atrocidades do presente cometidas por Israel contra o povo palestino