ALLARIZ

parroquias de melide

MÁIS PARROQUIAS

/504403158292525912/bb_t047_v000_s0un_f00/images/xslide2.gif" ismap="ismap"/>

GALIZA-CAMERÚN:A IRMANDIÑA INVICTA

duascentas fotos

CAMIÑANDO EN MELIDE

VIAXE A USA

HOLANDA

miércoles, 28 de enero de 2009

DAME NOXO O DO VOTO EMIGRANTE

Deberían avergonzarse os partidos que puxeron en marcha este método de votación e os que o mantiveron", denunciou o voceiro nacional do BNG.



"No canto de recursos, PP e PSOE deberían pedirlle perdón á sociedade galega", opinou este martes o líder do BNG, Anxo Quintana, ao respecto da última polémica sobre o voto dos emigrantes. Quintana opinaba así novamente do anuncio realizado polos socialistas de recorrer a resolución da Xunta Electoral de zona que obriga os residentes no exterior a presentar unha copia do seu Documento de Identidade ou pasaporte para poder votar. Asegurou Quintana que descoñece en que se basea polo miúdo o recursos pero definiu o asunto de "autenticamente vergonzoso", laiándose de que até o de agora non se lle esixise aos emigrantes esa identificación para que puidesen exercer o dereito ao voto.

Por outro lado, a cabeza de lista do BNG pola provincia de Pontevedra, Teresa Táboas, aproveitou a presentación este martes da candidatura para criticar o posicionamento do PP ao respecto do traslado de Ence da ría de Pontevedra. "Sumáronse tarde e mal", reprochoulles Táboas aos populares, reivindicando o protagonismo do BNG na loita contra a localización actual deste complexo industrial.

Durante o mesmo acto, Táboas dixo que aspira a que os nacionalistas logren o mellor resultado "histórico" e salientou o "binomio vivenda-traballo", como base do benestar. Así, indicou a conselleira que o seu departamento investiu na bisbarra de Pontevedra 42 millóns de euros "xa executados" entre solo empresarial e residencial, e que para os próximos anos hai "60 millóns máis xa comprometidos". "Non prometemos nada nin asinamos nada que non poidamos cumprir", insistiu. De paso, sinalou como algunhas das prioridades para a comarca pontevedresa a creación da rolda urbana, o Hospital Único e a necesidade do "apoio aos sectores produtivos".

1 comentario:

Anónimo dijo...

Coche¡¡¡ vexo as fotos de Holanda , e parece que estou a mirar o meu propio album¡¡¡, simplemente maravilloso¡

APERTAS

EVA