ALLARIZ

parroquias de melide

MÁIS PARROQUIAS

/504403158292525912/bb_t047_v000_s0un_f00/images/xslide2.gif" ismap="ismap"/>

GALIZA-CAMERÚN:A IRMANDIÑA INVICTA

duascentas fotos

CAMIÑANDO EN MELIDE

VIAXE A USA

HOLANDA

jueves, 10 de diciembre de 2009

Toma cacicada!

Pascual, en mans de cinco cooperativas ligadas ao PP
Fontes do sector condenan a “cacicada” ?da operación , malia ?que se “alegran” ?polos empregados “¿Feiraco?
Partido Popular de Monterroso, PP de A Pastoriza, PP de Castro de Rei e PP de Touro. Son os partidos nos que militan os líderes cooperativos da sociedade de novo cuño Alimentos Lácteos S.A., creada onte para comprar a factoría de Pascual en Outeiro de Rei. Embite de José Manuel García Ansuar, Eugenio Montero e Arcadio López contra a oferta cooperativa liderada por Feiraco para facerse coa propiedade da planta da compañía castelán despois de meses de incerteza. Ansuar foi concelleiro conservador en Monterroso; Montero é edil en Touro e Arcadio López foi alcalde accidental, tamén do PP, na Pastoriza. Relación de nomes e afinidades políticas que onte provocaron cualificativos de “cacicada” e “escándalo” dentro do sector lácteo galego. Socialistas e nacionalistas coincidiron en sinalar a “intencionalidade partidista” do anuncio e de que a sociedade “é demasiado homoxénea ideolóxicamente”.

Pola tarde, Grupo Leche Pascual informaba nun comunicado que acababa de pechar un principio de acordo con esta nova empresa –que aínda non está inscrita no Rexistro Mercantil– integrada por cinco cooperativas: La Arzuana, Gancobre, Perpetuo Socorro, Mopán e Tierra Llana. Segundo fontes da compañía alimentaria, o contrato é de alugueiro con dereito a compra, que a nova sociedade espera deixar pechado nun “prazo máximo” de dous meses. La Arzuana, que permaneceu con Feiraco dentro da oferta destes últimos para facerse coa factoría, levaba semanas traballando aparte coas outras catro cooperativas e co Igape para acometer a operación. Así o confirmaron a Xornal fontes da sociedade Alimentos Lácteos, que evitaron pronunciarse sobre Feiraco, malia que dixeron que a súa sociedade “está aberta” a novas incorporacións

SE SE CONFIRMA TODOS A SANTA ISABEL

A Selección galega volve aos campos grazas a Seareiros
O combinado galego estará composto por xogadores de Terceira División, aínda que tamén se agarda a presenza de futbolistas que militan en Segunda B.
As cores azuis e brancas da Irmandiña volverán saltar a un campo de fútbol, grazas ao coletivo Seareir@s Galegos, segundo informou onte Vieiros. Mentres a Xunta de Alberto Núñez Feijóo mira para outro lado, o colectivo está ultimando un encontro entre a selección nacional de fútbol galega e un combinado de xogadores estranxeiros que xogan en equipos de Galiza.

A cita futbolística xa ten data, será o sábado 26 de decembro no campo de fútbol de Santa Isabel, en Santiago de Compostela.

O combinado galego estará composto por xogadores da Terceira División, aínda que tamén se agarda a presenza de futbolistas que militan en clubes da Segunda B de outras comunidades. Os seareiros puxéronse en contacto tamén con Fernando Vázquez, adestrador até o de agora da selección para que repita no banquillo. Aínda que este particular non está confirmado.

E mentres este colectivo trata de organizar unha nova festa do fútbol galego, dende a Xunta botan balóns fóra. O Goberno galego descarga a súa responsabilidade ao asegurar que é a Federación Galega de Fútbol a que ten que tomar conta deste evento.



Sen orzamentos públicos

Segundo Vieiros, dende a Federación xa confirmaron que non está prevista a celebración de ningún partido. O motivo é que dende o Goberno non se destinou ningunha partida económica para o evento deportivo, o que imposibilita encontros como os celebrados a pasada lexislatura onde a Irmandiña se mediu con seleccións coma as de Uruguai, Ecuador, Camerún e Irán.

O pasado mes de setembro, o secretario xeral para o Deporte, Xosé Ramón Lete, pronunciaba unhas palabras máis que ambiguas. A pesar de que aseguraba que as seleccións galegas ían seguir existindo afirmaba que dende a Xunta non ían “facer política co deporte”.

QUE ENVEXA

LEDE A NOTICIA QUE SAIU ESTA MANA NA PRENSA E DECATAREDESVOS DE QUE ESTAMOS A ANOS LUZ.QUE ENVEXA!.E SE NON TENEN TRADUCTOR QUE O PONAN.

cuestionado sobre la importancia del catalán y su uso en las ruedas de prensa

Guardiola: "Somos un país con una lengua propia".
La prensa ucraniana ovacionó a Pep Guardiola tras su respuesta.

Pep Guardiola aseguró en la rueda de prensa posterior al partido de Liga de Campeones ante el Dinamo de Kiev que Cataluña "es un país con una lengua propia".

Cuestionado por la prensa ucraniana acerca de la importancia del catalán y de su uso en comparecencias de prensa donde tan sólo pueden entenderle los periodistas catalanes ya que la UEFA no cuenta con un traductor de catalán, Guardiola afirmó que "somos un país con una lengua propia y cuando salimos, los que la hablamos, la usamos", antes de recibir los aplausos de los periodistas locales

miércoles, 9 de diciembre de 2009

HOMENAXE A VICTOR JARA

Víctor Lidio Jara Martínez (1932 - 1973) foi un músico, cantautor e director de teatro chileno. Procedente dunha familia campesiña, converteuse nun referente internacional da canción reivindicativa e de cantautor. Foi asasinado durante a represión que seguiu ó golpe de estado do Xeneral Augusto Pinochet contra o goberno democrático de Salvador Allende o 11 de setembro de 1973.

Manifiesto

Yo no canto por cantar
ni por tener buena voz,
canto porque la guitarra
tiene sentido y razón.

Tiene corazón de tierra
y alas de palomita,
es como el agua bendita
santigua glorias y penas.

Aquí se encajó mi canto
como dijera Violeta
guitarra trabajadora
con olor a primavera.

Que no es guitarra de ricos
ni cosa que se parezca
mi canto es de los andamios
para alcanzar las estrellas,
que el canto tiene sentido
cuando palpita en las venas
del que morirá cantando
las verdades verdaderas,
no las lisonjas fugaces
ni las famas extranjeras
sino el canto de una lonja
hasta el fondo de la tierra.

Ahí donde llega todo
y donde todo comienza
canto que ha sido valiente
siempre será canción nueva.

O ARADO
Aprieto firme mi mano
y hundo el arado en la tierra
hace años que llevo en ella
¿cómo no estar agotado?

Vuelan mariposas, cantan grillos,
la piel se me pone negra
y el sol brilla, brilla, brilla.
El sudor me hace surcos,
yo hago surcos a la tierra
sin parar.

Afirmo bien la esperanza
cuando pienso en la otra estrella;
nunca es tarde me dice ella
la paloma volará.

Vuelan mariposas, cantan grillos,
la piel se me pone negra
y el sol brilla, brilla, brilla.
Y en la tarde cuando vuelvo
en el cielo apareciendo
una estrella.

Nunca es tarde, me dice ella,
la paloma volará, volará, volará,
como el yugo de apretado
tengo el puño esperanzado
porque todo cambiarà

Quen dixo crise II

PP e PSdeG amparan o plus de altos cargos
A Iniciativa Lexislativa Popular promovida pola CIG para a supresión desta bonificación só é apoiada polo grupo do BNG.


O secretario xeral da CIG, Suso Seixo, formación sindical promotora desta Iniciativa Lexislativa Popular (ILP), será o encargado este mércores de defender a argumentación a prol da cal asinaron arredor de 20 mil cidadáns. Malia o previo anuncio dos grupos parlamentarios de PPdeG e PSdeG de que votarán en contra da ILP, a Cámara será escenario dun interesante debate. O plus de altos cargos aprobouse en xullo de 2007 co apoio de todos os parlamentarios. Porén, o BNG recoñeceu poucos días despois que fora un erro sacar adiante a iniciativa,

Desde o grupo socialista aclaraban xa hai unha semana a súa posición contraria á ILP. "Nós dixemos que nos manifestabamos a favor de que se levase ao pleno", sinalaba o voceiro do grupo socialista, Xaquín Fernández Leiceaga. "Pero unha vez que vaia ao pleno, votaremos en contra porque non cremos que se deba reformar, xa que é unha lei aprobada por todos os grupos", argumentou Fernández Leiceaga. Mentres, desde o PPdeG, aínda que inicialmente xogaban a manter a incerteza sobre a cuestión, confirmaban posteriormente a posición contraria á ILP, de forma que os reiterados chamamentos á aplicación de políticas de austeridade non se aplicarán neste caso para a supresión do plus para os altos cargos.

Gasto "inadmisíbel" e quebranto dos principios de igualdade
A posición que o representante da CIG exporá este mércores no Parlamento demanda de PP e PSOE a reconsideración do seu voto contra a derrogación deste plus. "Do contrario estarán avalando non xa un gasto inadmisíbel cando se recortan os orzamentos en capítulos básicos para garantir uns servizos públicos de calidade, senón mesmo unha política discriminatoria e que atenta contra o dereito fundamental a participar en condicións de igualdade aos cidadáns e cidadás na vida pública", advirten.

De xeito concreto, a CIG analiza que a norma quebranta os principios de igualdade e de meérito e capacidade, recollidos nos artigos 14 e 103 da Constitución. Entenden desde a formación sindical que se introducen así elementos de discriminación entre funcionarios que desempeñan tarefas idénticas "e perciben retribucións dispares por razón de circunstancias xa pasadas e polas que foron compensados no seu momento cunha maior retribución". Especificamente, o aumento retributivo "asimílase ao nivel de director xeral, o que supón rebordar o límite dos trinta niveis legais que integran a careira administrativa". "Isto supón introducir un nivel retributivo supremo que só poden alcanzar os funcionarios que desempeñaron altos cargos (de designación política) e nunca os funcionarios que seguen unha carreira ordinaria, por exemplar e brillante que esta sexa", subliñan

QUEN DIXO CRISE!

A monarquía española, ente sen ánimo de lucro nos PGE
Os orzamentos do Estado inclúen os case nove millóns de euros para a Casa do Rei como unha trasferencia benéfica
A Casa do Rei recibirá o vindeiro exercicio un total de 8.896.920 millóns de euros procedentes dos Presupuestos Generales del Estado (PGE), a mesma contía que recibiu a monarquía española no ano 2009. Unha caste de conxelación salarial que, non obstante, non aparece no texto dos orzamentos como transferencia corrente, senón como partida a “familias e institucións sen fins de lucro”. Así se recolle no libro que desglosa todas as partidas de gasto que o Goberno executará durante o 2010, que en total serán un 3,9% menos que o exercicio que agora remata por mor da potente crise económica e a caída recadatoria do Estado. Pero a Casa do Rei non verá minguada a súa percepción por parte do Estado e prolonga un ano máis un aumento salarial que vén recibindo desde, cando menos, o ano 1996.

A monarquía aparece así como receptora da partida da Xefatura do Estado e con ese apéndice (do programa 911/48) de familia sen ánimo de lucro en cumprimento do artigo 65 da Constitución española, que establece que “o Rei recibe dos Orzamentos do Estado unha cantidade global para o sostemento da súa familia e Casa, e distribúe libremente a mesma”.



EVOLUCIÓN

No ano 2003, a Casa Real recibiu 7,22 millóns de euros do Estado, 240.000 euros máis que o exercicio anterior. O incremento da partida entre o ano 2003 e 2004 foi ainda maior, cando viu aumentado o seu orzamento en 290.000 euros para un ano. Ano a ano, e ata o próximo exercicio, a monarquía sempre recibiu máis cartos desde os Orzamentos do Estado. Entre o ano 2005 e o ano 2009, esta subida foi de máis de 1,1 millóns de euros. Desde o ano 1997, exercicio máis antigo pendurado na páxina web do Ministerio de Economía y Hacienda, o Rei aumentou a contía da súa transferencia corrente en preto de tres millóns de euros (2,95 millóns), máis de 490 millóns das antigas pesetas.



ASOCIACIÓNS DE PARTIDOS

Do mesmo xeito que non se reduciu a partida para a Casa do Rei, tampouco as asociacións dependentes de partidos políticos de “ámbito nacional” recibirán este ano de austeridade menos cartos dos Orzamentos do Estado. Incluídas dentro dunha partida do Ministerio de Asuntos Exteriores, estas fundacións recibirán só da carteira de Miguel Ángel Moratinos 2,2 millóns de euros, que se complementarán con outras trasferencias correntes ata acadar os máis de sete millóns que xa recibiron este exercicio.

Entón, a Fundación para el análisis y los estudios sociales (FAES), vinculada ao Partido Popular e comandada polo ex presidente José María Aznar, foi a que máis cartos obtivo dos PGE, cun total de 2,861 millóns de euros. A Fundación Pablo Iglesias, do Partido Socialista Obrero Español, tamén recibiu 2,8 millóns de euros.

lunes, 7 de diciembre de 2009

O APALPADOR

Fuxe Santa Claus que aí vén o noso Apalpador!
un vello xigante que lle trae castañas á rapazada.
Moito antes de que o Papá Noel ou Santa Claus viñese importado dende outras latitudes, en Galiza tamén había unha figura mítica propia do Nadal: O Apalpador. Mais nestes tempos de présa e consumo, o persoeiro autóctono ficou no esquecemento.O Apalpador é un vello xigante, de oficio carboeiro, que vive nas devesa das altas montañas. Na noite de Nadal baixaba ás aldeas para achegarse aos nenos e ás nenas que durmían. Caladiñamente, apalpáballes as barrigas para ver se os pícaros estaban ben alimentados. Logo de desexarlle que no ano vindeiro non pasasen máis fame, marchaba deixándolles unha boa presada de castañas quentes.A tradición, recollida por José André Lôpez Goncález nas comarcas do Courel e do Cebreiro, reflicte a conexión desta figura con outras semellantes como o Olentzero, o Pai Inverno ou o propio Papá Noel.Pènsase que se trata dun costume de orixe pre-cristián que no seu momento debeu estar espallado por todo o país e que foi desaparecendo progresivamente.