ALLARIZ

parroquias de melide

MÁIS PARROQUIAS

/504403158292525912/bb_t047_v000_s0un_f00/images/xslide2.gif" ismap="ismap"/>

GALIZA-CAMERÚN:A IRMANDIÑA INVICTA

duascentas fotos

CAMIÑANDO EN MELIDE

VIAXE A USA

HOLANDA

jueves, 10 de diciembre de 2009

SE SE CONFIRMA TODOS A SANTA ISABEL

A Selección galega volve aos campos grazas a Seareiros
O combinado galego estará composto por xogadores de Terceira División, aínda que tamén se agarda a presenza de futbolistas que militan en Segunda B.
As cores azuis e brancas da Irmandiña volverán saltar a un campo de fútbol, grazas ao coletivo Seareir@s Galegos, segundo informou onte Vieiros. Mentres a Xunta de Alberto Núñez Feijóo mira para outro lado, o colectivo está ultimando un encontro entre a selección nacional de fútbol galega e un combinado de xogadores estranxeiros que xogan en equipos de Galiza.

A cita futbolística xa ten data, será o sábado 26 de decembro no campo de fútbol de Santa Isabel, en Santiago de Compostela.

O combinado galego estará composto por xogadores da Terceira División, aínda que tamén se agarda a presenza de futbolistas que militan en clubes da Segunda B de outras comunidades. Os seareiros puxéronse en contacto tamén con Fernando Vázquez, adestrador até o de agora da selección para que repita no banquillo. Aínda que este particular non está confirmado.

E mentres este colectivo trata de organizar unha nova festa do fútbol galego, dende a Xunta botan balóns fóra. O Goberno galego descarga a súa responsabilidade ao asegurar que é a Federación Galega de Fútbol a que ten que tomar conta deste evento.



Sen orzamentos públicos

Segundo Vieiros, dende a Federación xa confirmaron que non está prevista a celebración de ningún partido. O motivo é que dende o Goberno non se destinou ningunha partida económica para o evento deportivo, o que imposibilita encontros como os celebrados a pasada lexislatura onde a Irmandiña se mediu con seleccións coma as de Uruguai, Ecuador, Camerún e Irán.

O pasado mes de setembro, o secretario xeral para o Deporte, Xosé Ramón Lete, pronunciaba unhas palabras máis que ambiguas. A pesar de que aseguraba que as seleccións galegas ían seguir existindo afirmaba que dende a Xunta non ían “facer política co deporte”.

No hay comentarios: