ALLARIZ

parroquias de melide

MÁIS PARROQUIAS

/504403158292525912/bb_t047_v000_s0un_f00/images/xslide2.gif" ismap="ismap"/>

GALIZA-CAMERÚN:A IRMANDIÑA INVICTA

duascentas fotos

CAMIÑANDO EN MELIDE

VIAXE A USA

HOLANDA

miércoles, 9 de diciembre de 2009

QUEN DIXO CRISE!

A monarquía española, ente sen ánimo de lucro nos PGE
Os orzamentos do Estado inclúen os case nove millóns de euros para a Casa do Rei como unha trasferencia benéfica
A Casa do Rei recibirá o vindeiro exercicio un total de 8.896.920 millóns de euros procedentes dos Presupuestos Generales del Estado (PGE), a mesma contía que recibiu a monarquía española no ano 2009. Unha caste de conxelación salarial que, non obstante, non aparece no texto dos orzamentos como transferencia corrente, senón como partida a “familias e institucións sen fins de lucro”. Así se recolle no libro que desglosa todas as partidas de gasto que o Goberno executará durante o 2010, que en total serán un 3,9% menos que o exercicio que agora remata por mor da potente crise económica e a caída recadatoria do Estado. Pero a Casa do Rei non verá minguada a súa percepción por parte do Estado e prolonga un ano máis un aumento salarial que vén recibindo desde, cando menos, o ano 1996.

A monarquía aparece así como receptora da partida da Xefatura do Estado e con ese apéndice (do programa 911/48) de familia sen ánimo de lucro en cumprimento do artigo 65 da Constitución española, que establece que “o Rei recibe dos Orzamentos do Estado unha cantidade global para o sostemento da súa familia e Casa, e distribúe libremente a mesma”.



EVOLUCIÓN

No ano 2003, a Casa Real recibiu 7,22 millóns de euros do Estado, 240.000 euros máis que o exercicio anterior. O incremento da partida entre o ano 2003 e 2004 foi ainda maior, cando viu aumentado o seu orzamento en 290.000 euros para un ano. Ano a ano, e ata o próximo exercicio, a monarquía sempre recibiu máis cartos desde os Orzamentos do Estado. Entre o ano 2005 e o ano 2009, esta subida foi de máis de 1,1 millóns de euros. Desde o ano 1997, exercicio máis antigo pendurado na páxina web do Ministerio de Economía y Hacienda, o Rei aumentou a contía da súa transferencia corrente en preto de tres millóns de euros (2,95 millóns), máis de 490 millóns das antigas pesetas.



ASOCIACIÓNS DE PARTIDOS

Do mesmo xeito que non se reduciu a partida para a Casa do Rei, tampouco as asociacións dependentes de partidos políticos de “ámbito nacional” recibirán este ano de austeridade menos cartos dos Orzamentos do Estado. Incluídas dentro dunha partida do Ministerio de Asuntos Exteriores, estas fundacións recibirán só da carteira de Miguel Ángel Moratinos 2,2 millóns de euros, que se complementarán con outras trasferencias correntes ata acadar os máis de sete millóns que xa recibiron este exercicio.

Entón, a Fundación para el análisis y los estudios sociales (FAES), vinculada ao Partido Popular e comandada polo ex presidente José María Aznar, foi a que máis cartos obtivo dos PGE, cun total de 2,861 millóns de euros. A Fundación Pablo Iglesias, do Partido Socialista Obrero Español, tamén recibiu 2,8 millóns de euros.

No hay comentarios: