O Bloque pedirá máis investimentos e pasos para a reforma do voto emigrante
O secretario de Organización do PSOE, Xosé Blanco, recibe este mércores ao nacionalista Francisco Jorquera.
O deputado electo do BNG no Congreso, Francisco Jorquera, comezará este mércores as negociacións con Xosé Blanco, secretario de Organización do PSOE. O socialista prosegue así os contactos cos grupos políticos para lograr que Rodríguez Zapatero teña suficientes apoios para a súa investidura como presidente, logo de que este martes se reunise con representantes de CiU e PNV. No Bloque confían en que os dous parlamentarios nacionalistas sirvan para forzar unha negociación co PSOE: “Nós cremos que imos estar en todas as quinielas”. Pero cales son as bazas que vai pór enriba da mesa Jorquera? As principais peticións dos nacionalistas a un goberno de Zapatero pasan por compromisos concretos en materia de investimentos, en aumentar os cartos destinados a materia social e o desbloqueo da “conomía produtiva”. Segundo fontes nacionalistas consultadas por Vieiros, vai ser decisivo que o PSOE mostre cambios na súa postura acerca do naval e do sector leiteiro. Outro dos asuntos que lle vai demandar Jorquera a Blanco é que se dean pasos para a reforma do voto emigrante.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
1 comentario:
PARA O ANONIMO:
UFF!!ANÓNIMO,AS TÚAS PALABRAS GARDAN MOITO RENCOR,NON VAS PASAR O FILTRO DO VATICANO...ACABARÁS NO INFERNO.
APARTE DE MALEDUCADO DEMOSTRAS POUCA INTELIXENCIA POIS NON SABES NADA DA VIDA DOS QUE XUZGAS.
NON SEI SE AS TÚAS PALABRAS SE DIRIXEN HACIA A MIÑA PERSOA PERO DENDE LOGO EU NON SIMULO,SON DA ALDEA,E DISO SÍNTOME MÁIS QUE ORGUIOSO.É O DE RICO SALTA A VISTA,OS MEUS EMOLUMENTOS DANME PARA MANTER O CHALET DE SANXENXO,O DUPLEX DE MELIDE E O BMW QUE ME GASTO...XUZGAR SEN SABER É DE IGNORANTES.
POR CERTO,¿COLABORAS TI CON ALGUNHA ONG?¿SABES O QUE É MÉDICOS SEN FRONTEIRAS?
EU SI,E DENDE HAI ANOS COLABORO CON ELES,SE TE ANIMAS ESTE VERÁN IREMOS,MOI PROBABLEMENTE,A RUANDA,CONVÍDOTE!!!.
E...MIRA,¿¿OS RICOS NON PODEN SER DO BLOQUE??.XA ME ENSINARÁS O ARTIGO NO QUE CONSTA ISO.
O PRIMEIRO PASO DA IGNORANCIA É PRESUMIR DE SABER.
COCHE
Publicar un comentario