ALLARIZ

parroquias de melide

MÁIS PARROQUIAS

/504403158292525912/bb_t047_v000_s0un_f00/images/xslide2.gif" ismap="ismap"/>

GALIZA-CAMERÚN:A IRMANDIÑA INVICTA

duascentas fotos

CAMIÑANDO EN MELIDE

VIAXE A USA

HOLANDA

miércoles, 13 de agosto de 2008

Moncho reboiras:33 anos sen ti


Xosé Ramón Reboiras Noia naceu o 19 de xaneiro de 1950 na parroquia de Imo, no Concello de Dodro, nunha familia labrega que como tantas na nosa Patria, tivo que trasladarse á cidade en percura de mellores condicións de vida.
En Vigo e mentras o pai traballaba embarcado, Moncho estudaba o bacherelato e atendía o bar que a súa familia puxera cos seus aforros, cun breve periodo de traballo na construción cando tiña 15 anos. Pouco a pouco vai sentindo no seu propio corpo a opresión nacional de Galiza: o baixo nível de vida do agro, a superexplotación, o conflito lingüístico… tomando conciencia do asoballamento colonial do noso povo.
Posteriormente matricúlase na Escola de Inxeñeria Industrial de Vigo, onde se titula con moi boa calificación. Xosé Ramón, que contaba con grandes simpatías no ambiente estudiantil pola súa seriedade profisional e o seu compañerismo, desempeña un papel moi activo nas reivindicacións do estudantado naqueles anos e na defensa da cultura e dos intereses do povo galego. Daquela é un dos fundadores da revista “Des…tornillo” que desempeñou un grande papel de concienciación; formando parte do grupo cultural “O Castro” que aborda –dentro das dificuldades daquel tempo- o problema nacional galego; e no ano 1969 ingresa como militante na UPG.
Rematada a carreira, é becado pola Escola para facer un traballo de especialización en “Asteleiros Barreras” – xeito de explotar aos recén titulados-, alí convive coas masas obreiras e ten ocasión de coñecer a explotación capitalista, situación que aproveita para estudar a fondo os mecanismos utilizados pola patronal (xefes, confidentes..), así como o xeito de combatilos. Neste tempo, 1972, ten lugar a Folga de Setembro e Moncho xoga nela un grande papel revolucionario, tanto de combate como de organizador.
Perdida a beca por esta causa e entregado de cheo á loita pola liberación da Galiza, traballa en “Alvarez” de Vigo, tendo que deixalo por razóns de saúde xa que ao estar operado de pleuresía o ambiente da fabrica éralle moi perxudicial. Trasladase entón a Ferrol onde traballa en “Astano” e posteriormente á Coruña entrando como obreiro na plantilla de “Intelsa”.
Moncho procede por este tempo, por encargo da UPG a organizar o Frente Cultural Galego. É en grande maneira o responsábel do que o Frente Cultural foi naquel entón e do importantísimo papel que desempeñou no panorama cultural de Galiza. Por primeira vez existiu unha coordenadora efectiva entre a maioría das Asociacións Culturais de Galiza e o voceiro do Frente Cultural.
Polas mesmas datas, anos 73 e 74 é un dos organizadores dos grupos sindicais –as reunións de traballadores- que orixinarian no ano 75 o Sindicato Obreiro Galego (SOG) logo integrado na Intersindical Nacional Galega e antecesor máis lonxano da actual Confederación Intersindical galega (CIG). E a alma do grupo da Coruña que arredor do voceiro “Xerme” desempeña naquel entón un papel fundamental no camiño cara un sindicalismo especificamente galego. O “Xerme”, dunha extraordinária calidade, crea un novo estilo dentro da prensa obreira en Galiza.
Tamén é Moncho, membro do Comité Central e do Comité Executivo da UPG, un dos artífices do que a UPG comenza a ser desde o 1972: unha organización proletaria que tendo como guía da sua acción o marxismo-lininismo, é o motor do movimento nacionalista galego. A expléndida realidade actual do nacionalismo é froito do traballo heróico destes anos. A súa morte tronza moi cedo a traxectoria militante deste dirixente pero o Partido, na súa realidade comunista e patriótica actual, é moi consciente até que ponto é debedor do traballo, do pensamento e da vida de Moncho.
Participou, dentro da liña política acordada pola UPG, nun grupo dedicado a dotar de infraestrutura loxística ao Partido, con accións propias da cladestinidade e frente a un estado fascista. Atopandose en Ferrol, onde se estaba organizando a UPG, a Brigada Político Social (BPS) estabelece na noite do 11 de agosto do 75 un control na zona de Canido. Ás 2 da mañán numerosos efectivos da BPS, acompañados de máis de 300 axentes da Policía Armada acordonaron o edificio onde se atopaba con 2 militantes máis que grazas á intervención de Reboiras –o único que estaba armado- lograron fuxir.
Reboiras logra zafarse da policía durante máis de duas horas, conquerindo finalmente esta darlle alcance no portal da rúa da Terra (onde se lle fai todos os anos unha homenaxe), disparandoo sen opción a outras saidas. A partir dese momento desatase un amplo operativo en toda Galiza coa detención de varios militantes nacionalistas e o exilio a Portugal (xa trunfara a Revolución dos Cravos en Abril do 74) dun nutrido grupo de membros da UPG


Amigo, camarada, estrela

vermella-azul-branca no mencer

prometedor da nosa patria,

heroe en tempo de traizón,

corrupción/covardía,

martelo,proletario,remo

con saibo a sal e iodo;

fouce labrega/vingadora;

espiral que vén dendes do

fondo do tempo para abrirse

en claridade e futuro.

Ti eres a pedra mestra

para re-edificar a a nosa casa.

Puideron segarche a vida,

¡ouh, Moncho, meu irmao!,

a – se – si – nar – te.

O que eles non puideron,

nin poderán endexamais,

é arrincar/esmagar a

semente que deixache

esparexida no corazón

do pobo,na vixiante

concencia colectiva e

que xa está a agromar en

patria-ceibe/socialista.

Esta é, ¡ouh, camarada,

amigo e irmao

inesquencíbel!

a túa vin-gan-za,

a nosa vinganza

i-ne-xo-rá-bel.


MANUEL MARÍA(«Poemas para construír unha Patria»,1977)

No hay comentarios: