ALLARIZ

parroquias de melide

MÁIS PARROQUIAS

/504403158292525912/bb_t047_v000_s0un_f00/images/xslide2.gif" ismap="ismap"/>

GALIZA-CAMERÚN:A IRMANDIÑA INVICTA

duascentas fotos

CAMIÑANDO EN MELIDE

VIAXE A USA

HOLANDA

domingo, 20 de julio de 2008

AGORA QUE O POSITIVO ESTÁ DE MODA



Arximiro Blanco, libreiro e ex ciclista
‘Vender bicis non é máis doado que vender libros’


É propietario da libraría Mendinho e foi ciclista profesional. Cando corría unha Vuelta a España mantivo unha polémica con Fraga e recriminoulle ao daquela residente que patrocinase equipos que non levaban galegos nas súas filas. Chámase Arximiro Blanco Costas.


Eu pensaba que cando un ciclista se retiraba montaba unha tenda de mountain bikes!
Pois mira por onde que eu montei unha libraría. Non sei se son cousas do destino ou se máis ben que sempre me tirou o libro.
Que terá que ver unha bici cun libro!
Moito e nada. O ciclismo ten moita plástica, épica e creación: coma un libro. Despois, como profesional, implica esforzo físico, mentres que un libreiro require esforzo intelectual.


Non me diga que non é máis doado de vender unha bici que un libro!
Tampouco corren bos tempos para o ciclismo. As vendas de bicicletas van parellas aos éxitos deportivos dos ciclistas galegos e españois. Supoño que agora venderanse máis, aínda que corren uns tempos nos que este deporte é moi atacado.


Nos últimos anos, o ciclismo está moi manchado de drogas.
Penso que non. É o deporte que máis controis contra o doping soporta. Hai actividades que non teñen ningún, mentres no ciclismo chegan a niveis de indecencia, como erguerte ás catro da mañá e facerche unha análise de sangue. Os medios de comunicación deberían reflexionar sobre os ataques ao ciclismo.Por sorte, o que vexo é que nas estradas hai moito público.


Vostede foi ciclista profesional, nunca se dopou?
Corrín 21 anos, desde os 7 aos 28. Sometéronme a moitos controis e nunca din positivo.


Sen ánimo de ofender, tampouco gañou ningún Tour.
Pero si algunhas carreiras profesionais.


A Pereiro recoñecéronllo un ano despois de gañalo.
Estas cuestións moitas veces acaban resolvéndose nos despachos. Custoulle moito pero supoño que a satisfacción de conseguilo compensa. Ademais, no seu foro interno, seguro que desde o primeiro día sentiuse o gañador.


A vostede tamén lle van as empresas complicadas, non acepta calquera rival. Fraga foi un deles.
Iso foi unha anécdota. Nunha Vuelta a España o diario El Mundo recolleu un titular meu que dicía: Galiza é o máis importante para min. Fraga mandoume unha carta agradecendo a miña galeguidade e eu respondinlle, cortesmente, con outra na que lle dicía que el era o culpábel de que eu estivese emigrado en Portugal nun equipo profesional, cando o Xacobeo estaba a patrocinar o equipo Kelme, que non levaba ningún galego. Naquela Vuelta só eramos dous galegos: Xesús Blanco Villar e máis eu.


E como ve este Tour?
Estou a seguilo por internet porque coincide coa Feira do Libro. É un Tour aberto. Destacaría a Carlos Sastre para figurar no podio. O vencedor? Non o sei. Hai que agardar polos Alpes.


Ou sexa, a Feira do Libro é un estorbo.
Non. Mais pertenzo á directiva da Federación Galega de Libreiros e á local de Vigo, e correspóndenos organizar o evento. Dá traballo, pero o libro ten que saír á rúa aínda que sexan dez días ao ano. Parece que a cidadanía ten reparos para entrar nas librarías.l

No hay comentarios: