ALLARIZ

parroquias de melide

MÁIS PARROQUIAS

/504403158292525912/bb_t047_v000_s0un_f00/images/xslide2.gif" ismap="ismap"/>

GALIZA-CAMERÚN:A IRMANDIÑA INVICTA

duascentas fotos

CAMIÑANDO EN MELIDE

VIAXE A USA

HOLANDA

miércoles, 31 de diciembre de 2008

carta dende gaza

Benqueridas e benqueridos: Chámome Khalil George Zakharia, teño 26 anos e son de Gaza. Escríbovos para contarvos un pouco do que se está a vivir, nestes días, na zona onde eu vivo. Mentres escribo, escoito os avións sobrevoar o ceo e teño medo de que se corte a electricidade de novo. Isto é o que vén sucedendo con normalidade nos últimos días.

Considérome unha persoa normal, un cristián orixinario da cidade de Gaza, e pertencente á comunidade ortodoxa, aínda que sempre rezo na igrexa católica. Neste sentido, quero apuntar que nós, os cristiáns, estamos unidos en Gaza e non hai diferenza entre ortodoxos, católicos e anglicanos. Amais, temos boas relacións cos nosos irmáns musulmáns da Franxa de Gaza.

Estudei lingua e literatura inglesa, e tamén falo francés; amais, estou intentando estudar castelán. De momento non podo facelo, posto que o centro que había pechou hai uns anos por mor da situación. No eido laboral, tiven diferentes traballos, sendo o último como coordinador de proxectos no Centro Médico de Gaza. Na casa estou coa miña nai e dúas irmás pequenas.

En canto ao conflito, creo que a única solución para esta guerra entre dúas nacións (Israel e Palestina) é a paz, nada máis cá paz. As igrexas palestinas están traballando sobre isto; quero dicir, reunificar as distintas faccións e xuntalas para un ben común. Espero que así sexa. Sei que a presión dos israelís é moi dura e isto nos está cegando, pero estou seguro de que hai un camiño.

Non é unha cuestión de loita contra a orde superior dende o flanco máis feble, é unha guerra contra a xente de Gaza; quero dicir: civís, porque vese claramente que a invasión é contra cativos, nenos e calquera palestino sen ningún tipo de discriminación. Por iso, se o goberno israelí continúa, o problema continuará e crecerá, e haberá un enorme burato entre nós.

En cada familia pódense atopar, cando menos un ou dous mortos. Isto significa que ninguén esquecerá xamais a eses que morreron polo seu país, e a única reacción será a vinganza. Xa non importan cantos máis morran nesta guerra, senón que virá despois, que hai tras isto; de verdade pensan que os palestinos, ou calquera outra persoa, nunha situación así, poderá esquecer isto? Penso que non.

Rezamos pola paz, porque haxa paz e prosperidade nesta terra. Que pasaría se vivísemos en paz, dúas nacións, unha ao carón da outra? Espero que isto se escoite algún día.

Grazas por lerme. Apertas dende Gaza, Khalil.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Encantame ver que aqui, neste mundo tan tranquilo no que vivimos alguén vexa obxectivamente o que esta pasando alí. Non sei como non nos da vergoña mirar para outro lado cando a poucas horas de viaxe está morrendo xente inocente por que sí. Algo teremos que facer ou dicir, polo menos, para por fin a esa carnicería. Eu creo que o que está pasando ali e a vergoña do mundo ·desenvolvido", e aínda así tomamolo camiño máis fácil. A min, personalmente, dame a impresión de que as vidas non valen o mesmo en tódolos sitios.Eu so deixo unha pregunta no aire.... e se fora ó revés...? seguro que sí habería implicación internacional. Onde vai ese tal Solana que ten un cargo vitalicio e que é o encargado de vixiar o cumplimento das bases do tratado de Oslo...? ...e ese presidente novo do mundo que iba cambiar o curso da historia...? que pena... e, sobre todo, que desgracia.
Se alguén dos de aquí se tiña que sensibilizar con esta situación, sabía que habias ser tí, que te leo de cote. Ogallá non sexas o único.
Apertas Moitas