miércoles, 31 de diciembre de 2008
O APALPADOR
Fuxe Santa Claus que aí vén o noso Apalpador!
A asociación A Gentalha do Pichel recupera unha figura autóctona propia do Nadal que representa un vello xigante que lle trae castañas á rapazada.
Moito antes de que o Papá Noel ou Santa Claus viñese importado dende outras latitudes, en Galiza tamén había unha figura mítica propia do Nadal: O Apalpador. Mais nestes tempos de présa e consumo, o persoeiro autóctono ficou no esquecemento. Un ano máis dende a asociación A Gentalha do Pichel (Compostela) están a difundir a súa figura.O Apalpador é un vello xigante, de oficio carboeiro, que vive nas devesa das altas montañas. Na noite de Nadal baixaba ás aldeas para achegarse aos nenos e ás nenas que durmían. Caladiñamente, apalpáballes as barrigas para ver se os pícaros estaban ben alimentados. Logo de desexarlle que no ano vindeiro non pasasen máis fame, marchaba deixándolles unha boa presada de castañas quentes.A tradición, recollida por José André Lôpez Goncález nas comarcas do Courel e do Cebreiro, reflicte a conexión desta figura con outras semellantes como o Olentzero, o Pai Inverno ou o propio Papá Noel. Algín cren que se trata dun costume de orixe pre-cristián que no seu momento debeu estar espallado por todo o país e que foi desaparecendo progresivamente.Dende A Gentalha do Pichel animan a que se reintroduza esta figura para popularizala entre os máis pícaros
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario