A Ciberirmandade insta ao grupo Gadis a utilizar o galego na súa cadea de establecementos
A Ciberirmandade da Fala vén de poñer en marcha unha campaña para que o grupo Gadis continúe “pola liña que están a seguir na defensa da nosa Cultura e do noso idioma” utilizando o galego desde o etiquetado e sinalización das distintas seccións dos seus establecementos, á atención ao cliente e até a web do supermercado virtual.Dende esta plataforma afirman estar gratamente sorprendidos pola recente campaña de publicidade onde, a través das impresións dun emigrante retornado, izaba a bandeira amor propio animándonos a "vivir como galegos", resaltando as virtudes das costumes do noso pobo e a beleza do pais. Desde a Ciberirmandade entenden que a "vivir como galeg@s" elle inherente o uso do idioma galego, en calquera eido, na TV, na cadea de establecementos Gadis e, por suposto, no ciberespacio. Polo que convidan a enviarlles un correo no que ademais de felicitar a cadea se lle anime a continuar pola liña que están a seguir na defensa da nosa Cultura e do noso idioma.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
3 comentarios:
moi ben coche nos estamos dacordo con esta iniciativa pois o mais fermoso que temos e a nosa lingua que nos representa ali donde vaiamos.Por certo xa que estamos podiasnos agregar o teu blog xa que nos xa o fixemos un cordial saudo
Miky Vace
porsuposto,xa mesmo.coche
parecenos ben ¡¡ como non¡¡¡ un dos nosos simbolos, entre outros , e a lingua . Moitos podian aprender¡¡ apertas coche
Publicar un comentario