Estes son só tres casos de discriminación lingüística nos últimos meses entre os que acontecen cada ano ao teu redor. Aínda que custe crelo, porque parecen situacións propias doutros tempos, o ano pasado sóubose de 28 casos de persoas acosadas no seu traballo por falaren en galego, chegando en ocasións ao despido. Neste ano en que estamos, o 2007, trascendeu que unha pediatra da Coruña prohibe, co consentimento da dirección do seu hospital, que os nenos se dirixan a ela en galego... E así cun longo etcétera.A indiferenza e a pasividade permiten que estas inxustizas se continúen a producir na actualidade.
A Mesa pola Normalización Lingüística
1 comentario:
OLA COCHE ¡¡¡ POR FIN PODO COMENTAR¡ de verdade que hai xente enferma , non entendo como se pode discriminar a naide e menos por falar galego , por sorte , penso e confio , que eso esta cambiando e cada vez e mais normal ir a unha tenda e a dependenta che fale en galego ou polo menos non poña cara rara cando ti llo falas . Como en todo este tempo non puiden comentar , digoche ahora que me gosta moito o teu blogue , que me entreten e faime pensar .
graciñas . apertazas .eva
Publicar un comentario