. O accidente do Prestige ocasionou unha auténtica catástrofe ecolóxica nas costas galegas. Numerosos enclaves naturais, entre eles 20 LICs da Rede Natura 2000, o Parque Nacional das Illas Atlánticas, 6 zonas húmidas do convenio RAMSAR no noso litoral e tamén Zonas Especiais para a Protección das Aves (ZEPAS), foron afectados. Case cinco anos máis tarde, o ecoloxismo destaca a importancia dos danos colaterais, tanto directos como indirectos. Valoramos positivamente a resposta da sociedade na loita contra a contaminación, mais criticamos a deficiente atención prestada á denuncia do modelo enerxético, económico e social que en última instancia orixinou a catástrofe.
ADEGA
1 comentario:
dame arrepios ver esas fotos ¡¡ , na miña facultade fixeranse unhas xornadas para ir limpar , fomos uns cantos , pero cando levavamos en muxia 4 horas xa nos demos conta que iso non se daba limpado , que era imposible , e as camaras de television poñianse en sitios estratexicos para non ensinar toda a merda que alÍ habia , UNHA PENA , UNHA VERGOÑA ...
Publicar un comentario