“As prioridades do meu partido son a solidariedade, as infraestruturas e a mellora das condicións de vida”. Por esta orde xerarquizou o alcalde da Coruña, Javier Losada, as súas preocupacións como rexedor da cidade. A cuestión do idioma? Iso é algo do grupo nacionalista.Nunha entrevista concedida a La Voz de Galicia, Losada asegura que, malia o pacto de goberno asinado entre nacionalistas e socialistas, cada grupo ten as súas prioridades. “Polo que vin”, sentencia o primeiro edil, as do BNG son “o orzamento, o emprego, a rehabilitación de vivendas e posiblemente o idioma”.O xornalista relata como o alcalde o recibe “entre papeles”, ocupacións que o rexedor vincula co feito de ser “un exemplo de gobernabilidade e un exemplo de alcalde” en Santiago e en Madrid.Para curarse en posíbeis críticas sobre o estado dalgunhas zonas da cidade, Losada argumenta que A Coruña é unha “cidade moi usada, con moita vida” que agora precisa limpeza.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario