ALLARIZ

parroquias de melide

MÁIS PARROQUIAS

/504403158292525912/bb_t047_v000_s0un_f00/images/xslide2.gif" ismap="ismap"/>

GALIZA-CAMERÚN:A IRMANDIÑA INVICTA

duascentas fotos

CAMIÑANDO EN MELIDE

VIAXE A USA

HOLANDA

miércoles, 9 de enero de 2008

Cargos políticos do Concello da Coruña néganse a asinar documentos en galego
Algúns concelleiros socialistas obríganlles aos funcionarios a traducir os textos ao castelán
.
Os primeiros intentos de aplicar a Lei de Normalización Lingüística no consistorio herculino están a provocar fortes enfrontamentos internos no propio executivo local. A oposición á galeguización é tal que, segundo puido saber Vieiros, nas últimas semanas algúns concelleiros socialistas negáronse a asinar documentos oficiais na nosa lingua e mesmo chegaron a obrigarlle aos funcionarios a que os traducisen ao castelán.A orixe das liortas internas está nunha proposta de ordenanza que o departamento de Normalización Lingüística enviou aos 27 concelleiros da corporación. No documento recoméndase que os edís usen a lingua do país nos actos públicos para contribuír á normalización do idioma. A proposta non gustou nada nas filas socialistas. Un exemplo deixouno este mesmo mércores, o concelleiro de Infraestruturas, Esteban Lareo (PSdeG), que afirmou en Radio Coruña que non estaba disposto a aceptar “imposicións” e rematou dicindo que “xa loitamos por defender as liberdades para agora ter que volver con polémicas artificiais”.Mais o sector socialista máis contrario á normalización do galego non está só na batalla. O PP de Carlos Negreira tamén está a facer “casus belli” do idioma do país asegurando que as áreas de goberno nacionalistas queren meterse na liberdade lingüística de todos os coruñeses. O caso é especialmente paradoxal se se ten en conta que tanto o popular Carlos Negreira como a socialista Mar Barcón (os dous con escano no Parlamento de Galiza) votaron a favor o pasado mes de maio dunha iniciativa que instaba aos concellos a esforzarse na aplicación da Lei de Normalización Lingüística.A sombra de Vázquez é longaA guerra aberta contra o uso da lingua galega no consistorio é sen dúbida parte da herdanza de 23 anos de maiorías absolutas de Francisco Vázquez. O ex alcalde herculino emprendeu innumerábeis batallas legais para non ter que utilizar o topónimo oficial da cidade. Cando o agora embaixador español no Vaticano viaxa até terras coruñesas non deixa pasar a oportunidade de criticar o que el denomina “imposicións lingüísticas”.Fontes do consistorio consultadas por este xornal aseguran que a sombra do ex rexedor planea sobre esta última polémica. Como exemplo sinalan que os concelleiros que xa estiveron en anteriores executivos son os máis belixerantes con todo o que se refire ao idioma, mentres que concelleiras que se estrean como é o caso de Obdulia Taboadela (Persoal) ou Silvia Longueira (Servizos Sociais) son máis proclives a aceptar políticas que axuden a normalizar o uso do galego. Mentres o alcalde, Xavier Losada, intenta manter unha posición “salomónica” entre as áreas socialistas e nacionalistas falando da necesidade dun “bilingüismo intelixente”A politización tamén chega ao movemento veciñalMais a polémica pola normalización da lingua na cidade coruñesa transcende María Pita. As dúas principais federacións veciñais volveron posicionarse en contra da obrigatoridade de empregar o topónimo oficial. A Federación de Veciños “Salvador de Madariaga”, presidida por Xan Sáez Chas, é vista por moitos como próxima á formación de Carlos Negreira. Pola súa parte, a Federación de Asociación de Veciños da Coruña e da Área Metropolitana, está presidida por Xosé Antón Folgueira, que destacou nos últimos anos pola súa afinidade coas teses de Francisco Vázquez.

2 comentarios:

Nu dijo...

SIN PALABRAS!!! Quedaseme unha cara de tonta cando leo estas cousas...Un bico, Coche.

Anónimo dijo...

imposicion lingüística ?????????
falar galego e imposicion en galiza??? , eu xa non entendo nada¡¡¡ eva