ALLARIZ

parroquias de melide

MÁIS PARROQUIAS

/504403158292525912/bb_t047_v000_s0un_f00/images/xslide2.gif" ismap="ismap"/>

GALIZA-CAMERÚN:A IRMANDIÑA INVICTA

duascentas fotos

CAMIÑANDO EN MELIDE

VIAXE A USA

HOLANDA

viernes, 11 de enero de 2008

Coñecer galiza

"Por terras de..." lévanos a coñecer Galiza
A Asociación de Escritores en Lingua Galega conta coa participación de recoñecidos escritores para espallar o coñecemento do noso país.


Un total de 16 roteiros está a preparar a Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) en colaboración coa Dirección Xeral de Turismo, para facilitar o coñecemento de todos os recunchos de Galiza. Baixo o título Por terras de... quedan recollidos os textos de recoñecidos escritores da nosa literatura, que colaboran neste proxecto aportando a parte textual.Os 16 roteiros, que pretenden "espallar o coñecemento global do noso país", ten un carácter divulgativo e con vocación literaria, e rexistra os datos máis destacábeis de comarcas como a Terra Chá, a Terra de Bergantiños, Terras de Monforte, ou Terra do Caurel, entre outras.Ademais destes libros, celebraranse tamén conferencias de escritores de prestixio internacional nas comarcas sobre as que versan os roteiros, e que buscan o obxectivo de dar pulo e fomentar o desenvolvemento do noso patrimonio turístico-cultural xeral e das comarcas, para potencias a cultura galega alén das nosas fronteiras. Un total de 17 trípticos divulgativos completan o proxecto aportando datos significativos da historia, literatura e lingua galega, para a súa distribución.Camiñando por terras de...Os dezaseis roteiros e os seus correspondentes autores son os seguintes:
O Ribeiro: Miguel Anxo Fernández
Baixo Miño: Marta Dacosta
Terra de Rosalia: Anxo Angueira
Terra Chá: Darío Xohán Cabana
Compostela: Marilar Aleixandre
A Coruña: Henrique Rabuñal
Ourense: Bieito IglesiasLugo: Isidro Novo
Vigo: Manuel Forcadela
A Terra do Medio: Xosé Vázquez Pintor
Eume: Eva Veiga
Ferrol: Ramón Loureiro
Fisterra-Costa da Morte: Modesto Fraga
Cambados: Ramón Caride
O corazón de Galiza: Xulio López Valcárcel.

No hay comentarios: