ALLARIZ

parroquias de melide

MÁIS PARROQUIAS

/504403158292525912/bb_t047_v000_s0un_f00/images/xslide2.gif" ismap="ismap"/>

GALIZA-CAMERÚN:A IRMANDIÑA INVICTA

duascentas fotos

CAMIÑANDO EN MELIDE

VIAXE A USA

HOLANDA

jueves, 27 de marzo de 2008

Espionaxe


A Garda Civil collerá datos dos coches que leven o distintivo GZ.O Movemento polos Dereitos Civís asegura hai documentos internos do corpo militar que dan esta directriz. Nos cursos de formación interna da Garda Civil recoméndaselle aos axentesque tomen datos dos coches que levan adhesivos de GZ. Segundo o Movemento polos Dereitos Civís(MpDC), nun curso para axentes en Pontevedra, os formadores repartironfollas nas que aparecían adhesivos de GZ, unha bandeira galega coa estrela vermella ou o escudo de Castelao coa lenda “antes mortos que escravos”. Dende a Garda Civil identifican estes símbolos como propios do “Movemento de Liberación Nacional Galego” (MLNG).No mesmo informe, relaciónase co chamado MLNG a estas organizacións: PRE.S.O.S, Ceivar, AMI, Briga, Adiante, Coordenadora de Asembleas de Estudantes da USC, Agir, Grei, EI, Nós-UP, FPG, CUT, Galiza non se vende, Mulheres Nacionalistas Galegas, A Marcha Muncial das Mulleres, Fazendo Memoria Histórica, Agrupación de Montaña Augas Limpas, Erva, Quercus, SCD Condadoe AC Caleidoscopio. Segundo a denuncia do MpC cada unha destas organizacións ou colectivos aparece indentificados con logotipos para“facilitar o recoñecemento por parte dos axentes”. Noutro documento aparece información sobre diferentes centros sociais.Cara o final do informe aparecen fotos de persoas na rúa. O MpDC destaca que aparece un particular fotografado baixo o epígrafe de “interese policial”, a pesar de que non pesa sobre o mesmo ningún delicto. O MpDC cre que a Garda Civil debe dar explicacións públicas xa que “a creaciónde bases de datos paralelas é ilegal
O MpDC repartirá 5.000 autocolantes coa GZ para animar aos galegos a que se convertan en “sospeitosos”
Despois da polémica xurdida tras coñecer as actuacións da Guardia Civil a respecto dos galegos que portan simboloxía nacionalista, o Movemento polos Dereitos Civís (MpDC) anima a toda a sociedade galega a formar parte do grupo de “suxeitos sospeitosos” de pertencer ao Movimento de Liberación Nacional Galego, (“o segundo maior problema de terrorismo en España”, segundo a Guardia Civil), coa finalidade de manifestar o seu rexeitamento contra esta actitude criminalizadora e contraria ao dereito. Para levara cabo esta iniciativa, Dereitos Civís repartirá 5.000 adhesivos co identificativo GZ, que se poderán recoller no local da asociación a partir da próxima semana. Do mesmo xeito, o MpDC anima a todos colectivos e locais sociais que aparecen no listado a sumarse á iniciativa e distribuír entre os seus socios e usuarios autocolantes con simboloxía nacionalista. Dereitos Civís lembra que a creación de bases de datos paralelas e na que se están incluíndo fotos e nomes de persoas que non cometeron ningún delicto é ilegal. Por este motivo agarda que a respota do Goberno galego á pregunta presentada polo deputado do BNG Bieito Lobeira aclare a existencia desta clase de “actividades formativas”, así como se se tiña coñecemento das mesmas ou quen ordenou levar a cabo as xornadas, das que alomenos o MpDC ten constancia que se celebraron en Pontevedra, e con que finalidade se gardan eses datos.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

ACABO DE ALUCINAR¡ O fin de semana pasado fun a Palas , e habia control da garda civil, diante miña habia cando menos uns 7 coches parados , cando me tocou a min , a parella que estaba conmigo un quedou tras o meu coche e o outro veu ata a miña ventaniÑa a facerme preguntas , documentacion , proba de alcohol .. e todo iso , pois cando me fixo a proba , o garda que estaba tras o meu auto , chamou o compañeiro, falaron , ( eu viaos polo retrovisor ) , volveu a miña ventaniña e mandoume baixar do coche ( non vin a ninguen dos coches que me precedian facer iso ) , meteuse el dentro cun aparatiño , non sei o que era , so sei que me cortou a chamada que levaba no mans livres ( un detector de detector de radares?? , logo foi anotar e volveu e dixome , tiene usted la matricula del vehiculo mal , tiene que cambiarla , espere un momento y ya le damos la salida , marcharon pa tras apuntaron como 5 minutos e deronme a saida . EU TEÑO UNHA PEGATINA ... non sei , XA TOU FICHADA ??? NOn o creo... Ou si? , Alucinante . APERTAS COCHE . EVA .

Nu dijo...

Eu flipo...Esto xa me parece...Que maneira de dar por saco...Xa non saben que facer...O que digo eu, que teñen a manía de identificar ó nacionalismo co terrorismo. Alá eles e a súa ignorancia...

Bicos, guapetón.