A CRMH dille aos Franco que "non son ben recibidos"
"Xa gozaron anos da propiedade, agora deben devolverlla ao pobo"
A Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica agarda que a recente sentenza sexa inicio dun camiño que leve á recuperación do pazo de Meirás "para o patrimonio público".
"Ningún país democrático pode certificar como legal este modo de conseguir unha propiedade, e moito menos que á morte do ditador Franco continúe en poder da súa familia", denuncian desde a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica, CRMH. O colectivo coruñés recorda que o pazo de Meirás foi comprado "grazas a contribucións forzosas" que nalgunhas ocasións incluíran descontos nas nóminas de traballadores a xeito de "imposto revolucionario". "A familia Franco xa disfrutou durante moitos anos desta propiedade e agora debe devolvela aos seus lexítimos propietarios porque non é súa", solicitan, advertindo de que mentres continúe esta "auténtica ocupación", os Franco "deben saber que non serán ben recibidos nin en Meirás, nin en A Coruña, cando veñan á Casa Cornide". "É unha auténtica vergoña que o pazo de Meirás só sexa utilizado por Carmencitas, Francis, etc. para celebrar banquetes, vodas e bautizos", láianse. Manuel Monge, presidente da CRMH, felicita a nova da resolución do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que lle permite a entrada ao pazo aos técnicos da Xunta, e di confiar en que isto sexa "o comezo dun proceso, non do final". Xa que logo, a CRMH subliña que o obxectivo final e cara ao que seguirá pedindo a mobilización social é que o pazo de Meirás "pase a engrosar o patrimonio público e poida ser gozado polo conxunto dos cidadáns".

2 comentarios:
Está claro que o pazo de Meirás non pinta nada nas mans desa familia,que xa o disfrutou tempo de máis.Pois bicos coche,e a ver cando se che ve o pelo por aí!
Xa non e sin tempo¡¡¡¡ Ia sendo hora que alguen lle quitara aos aproveitados eses o que non e deles.
apertas coche . EVA
Publicar un comentario