ALLARIZ

parroquias de melide

MÁIS PARROQUIAS

/504403158292525912/bb_t047_v000_s0un_f00/images/xslide2.gif" ismap="ismap"/>

GALIZA-CAMERÚN:A IRMANDIÑA INVICTA

duascentas fotos

CAMIÑANDO EN MELIDE

VIAXE A USA

HOLANDA

miércoles, 25 de marzo de 2009

COMEZAMOS BEN

Europa rexeita que os pais elixan a lingua de ensino
A Mesa celebra que “fracase o racismo idiomático que quere o PP”



O pleno do Parlamento Europeo rexeitou onte a resolución promovida polo PP que cuestiona o sistema catalán de inmersión lingüística na educación e aprobou un texto alternativo –promovido polos socialistas españois, Convergència i Unió, PNV, Iniciativa per Catalunya-Verds e Eusko Alkartasuna– que resalta que é “esencial” salvagardar o multilingüismo nos países ou rexións en que coexistan dúas ou máis linguas oficiais e descarta que os pais poidan elixir a lingua do ensino dos seus fillos, como piden organizacións como Galicia Bilingüe.
O texto corrixe o informe sobre multilingüismo que foi aprobado pola comisión de Cultura da Eurocámara o pasado 17 de febreiro cos votos do PP, e redactado polo conservador portugués Vasco Graça Moura. Este informe, que contén numerosas emendas introducidas polo eurodiputado popular Luís Ferreiro, pedía “salvagardar a posibilidade de que os pais e responsables da educación elixan a lingua oficial en que han de educarse os seus fillos nos países nos que coexistan unha ou máis linguas oficiais ou unha ou máis linguas rexionais”. Nada máis aprobarse na comisión de Cultura cos votos do PP, os eurodiputados españois do resto de grupos políticos criticaron que invadía competencias que no caso de España corresponden ás comunidades autónomas e promoveron un texto alternativo que finalmente foi o aprobado pola Eurocámara.
A Mesa pola Normalización Lingüística celebrou, nunha nota pública, esa decisión e sinalou que que a iniciativa formulada polo PP seguía principios de “racismo lingüístico, de que hai linguas con dereitos e linguas sen dereitos, linguas de primeira e linguas de segunda, afirmacións polas que deberían de pedir disculpas”.

No hay comentarios: