ALLARIZ

parroquias de melide

MÁIS PARROQUIAS

/504403158292525912/bb_t047_v000_s0un_f00/images/xslide2.gif" ismap="ismap"/>

GALIZA-CAMERÚN:A IRMANDIÑA INVICTA

duascentas fotos

CAMIÑANDO EN MELIDE

VIAXE A USA

HOLANDA

lunes, 30 de marzo de 2009

A columna de Alba Nogueira

Na procura das causas para o inesperado fracaso electoral do bipartito estase permitindo tomar corpo á falacia impulsada por certa prensa estatal, e trasladada por un reducido número de seguidores de Galicia Bilingüe, de que este foi un goberno cunha política lingüística intensa, combativa e que introduce cambios radicais con respecto ao status quo do “bilingüismo harmónico fraguista”, estando aí unha das razóns de alonxamento do corpo electoral.

Curiosamente o conflito lingüístico que pretende utilizar o PSOE como bálsamo das súas feridas electorais, atribuíndolle ao BNG unha ruptura do consenso lingüístico que tería afectado aos sensibles votantes do PSOE, está asentado sobre un conxunto de mentiras e equívocos.

O Decreto do uso do galego no ensino foi promovido con valentía e flexibilidade negociadora por unha conselleira do PSOE. Para a súa redacción inspirouse nun Decreto balear cunha década de vixencia impulsado polo goberno do Partido Popular de Jaume Matas. Incorporou literalmente nun anexo as porcentaxes de uso do galego no ensino do Plan de Normalización da lingua galega que fora aprobado por unanimidade polo Parlamento de Galicia baixo a éxida de Fraga.

Non hai ningún movemento de contestación de pais ou mestres á nova normativa de uso do galego. O Decreto foi recorrido xudicialmente por diversas asociacións contrarias ao uso do galego e algúns país e o Tribunal Superior de Xustiza ten ditado xa varias Sentenzas avalando a súa legalidade. O Consello Escolar de Galicia aprobouno por unanimidade. Usando terminoloxía xurídica: non hai caso.

Tamén é certo que a actitude pusilánime do conxunto do goberno deixou a política lingüística como branco de ataques. Deliberadamente, en moitos casos, non recibiron a resposta que merecían. O goberno avergoñouse da súa lingua e permitiu que medrara a bola de neve artificiosa do conflito lingüístico. Unha mostra evidente é a propia comisión de seguimento do acordo de goberno en materia de lingua que tivo unha vida tortuosa, escura e sen a relevancia orgánica precisa para a dignidade da lingua e para un asunto que, agora, parece entenderse que pode tombar gobernos. Mención aparte merece o cinismo de Méndez Romeu, paradoxicamente o titular do único Departamento de onde saíu normativa lingüística nesta lexislatura se exceptuamos o Decreto de uso do galego do ensino: introdución dun precepto na Lei de Subvencións que obriga a condicionar lingüísticamente a concesión de calquera axuda pública por parte das administracións locais e autonómica; obriga de realizar cando menos unha das probas de contidos no acceso ao emprego público en galego e fixación como un dos criterios da avaliación por obxectivos no emprego público o cumprimento do Plan de Normalización; establecemento de esixencia de coñecemento do galego para os funcionarios locais de habilitación estatal e; configuración como un dos principios de actuación dos cargos políticos o do uso do galego.

O PSOE parece asumir un discurso que, ademais de falso, non ha de darlle réditos políticos porque nunha estratexia de confrontación por este motivo o PP –ou UPD- sempre acabarán tirando partido de discursos radicalizados alonxados da realidade. Un discurso, ademais, que debería facer inviable futuros pactos co BNG, non só no ámbito autonómico se non tamén no plano local.

O BNG debe tamén repensar a súa mensaxe. No seu caso porque os resultados que pode ofrecer non son amplos nin no goberno da Xunta nin nos gobernos locais. Tamén porque a nosa lingua precisa unha mensaxe de dignificación moi distante da súa consideración como “unha enferma de Parkinson que debemos coidar porque é da familia” ou de mensaxes catastrofistas –aínda que reais- sobre a súa situación que lonxe de facela atractiva para novos falantes convida a confirmar a opción que hoxe fan moitos galegos polo “equipo gañador”. O galego ten que ser defendido sen complexos porque é a nosa lingua, un sinal de identidade, e, ao mesmo tempo, un instrumento de mellora social e individual nunha sociedade que demanda cidadáns plurilingües que, no caso dos galegos, poderían ser perfectamente competentes nas tres linguas transoceánicas máis faladas

No hay comentarios: