ALLARIZ

parroquias de melide

MÁIS PARROQUIAS

/504403158292525912/bb_t047_v000_s0un_f00/images/xslide2.gif" ismap="ismap"/>

GALIZA-CAMERÚN:A IRMANDIÑA INVICTA

duascentas fotos

CAMIÑANDO EN MELIDE

VIAXE A USA

HOLANDA

domingo, 21 de junio de 2009

DESLOCALIZACION FINANCIEIRA POR CARLOS AYMERICH

Xa sabemos da afección do PP de Feijóo a des-localizar o que se lle poña por diante. En nome da creación de valor xustifican levar fóra do país a produción (e os postos de traballo) no sector téxtil o mesmo que antes pecharon Astano para levar á bahía de Cádiz a construción naval. Non é por capricho. É por ideoloxía. O que interesa non son os postos de traballo senón o “valor para o accionista”, ben superior en nome do cal todo sacrificio é pouco. Pregúntenlle senón aos traballadores de “Fadesa”, “Caramelo” ou de “Pascual”.

Mais o caso é que a deslocalización vai alén da produción industrial. Tamén no sector financeiro Galiza enfronta ameazas de deslocalización. É dicir, de perda de centros e poderes de decisión en materia financeira en beneficio doutros. Tal sucedería se algunha das caixas de aforro galegas fose absorbida por unha entidade foránea, operación na que Galiza sairía perdendo: perdendo postos de traballo, perdendo recadación tributaria, perdendo capacidade de decisión sobre os nosos aforros e perdendo os investimentos sociais e industriais que, por mellorábeis que sexan, realizan as caixas galegas no país.

As intencións do Goberno e dos dous grandes partidos españois son claras e coincidentes coas da patronal bancaria. Todos queren eliminar o requisito da autorización autonómica para as fusións entre caixas de aforros con domicilio social en diferentes Comunidades Autónomas. E semellan ter encontrado un xeito de o facer sen modificar a lexislación básica estatal: supeditando a axuda económicas ás caixas de aforros a través do Fondo de Re-estruturación e Ordenamento Bancario (FROB) á fusión con outra entidade financeira.

E cando algúns, como Cajamadrid, van xa afiando os cairos e mentres outros, como os gobernos andaluz e catalán, advirten que non van permitir que as súas caixas marchen para fóra, a Xunta de Núñez Feijóo garda silencio. Interpelada polo BNG, a conselleira de Facenda, Marta Fernández Currás, evitou pronunciarse xa que, ao seu xuízo, trátase dunha cuestión “técnica”. Tan técnica como que sexa Madrid, outra vez máis, quen decida sobre o noso.

No hay comentarios: