Naceu en Groulobios,Ourense,no 1910 e esta semana morreu en México.
Pasaba seis meses en Galicia e outros seis en México.Durante as súas estancias en Bande paseaba fumando e falando no máis puro galego arraiano co seu gran amigo,tamén falecido,Don Xosé,o crego nacionalista.Ali regresaba cada verán para disfrutar da súa vila ata o outono gardando memoria, e moi boa por certo, dun tempo de ilusións e ideais no que se traballaba para lograr aquela alba de gloria para Galicia. Elixio Rodríguez, galeguista, republicano, preso por defender a legalidade constitucional nese cárcere de Celanova que exportaba morte camiño do Furriolo -onde ían ás claudias os republicanos-, condeado a tirarlle a vida polos dous bandos na guerra civil, aviador fuxido da gadaña -«o home que lhe fez dous manguitos (cortes de manga) á pena de morte» como titulaba un xornal portugués-, legatario das mocidades galeguistas e activista no exilio mexicano, entre outros moitos argumentos, ten méritos máis que suficientes -de lonxe- para que a súa vila lle recoñeza toda unha vida exemplar de traballo a prol de Galicia.
Matádeo mañá
Elixio Rodríguez confesa que a meirande paixón da súa vida foi -e segue sendo- o nacionalismo galego, do que fixo causa dende a súa militancia nas Mocidades Galeguistas de Bande, das que foi fundador, ata o seu exilio na cidade de México, onde actualmente reside.
Matádeo mañá é un testemuño autobiográfico excepcional; a reconstrucción do emocionante periplo vital deste aviador galeguista durante a Guerra Civil: un tempo relentizado polo cárcere, o terror dos paseos, a súa fuxida cara ó bando republicano, os xuízos sumarísimos que sufriu o seu traballo como secretario da Solidaridade Antifeixista Galega xunto con Castelao. Tamén é unha memoria lúcida do exilio galego en México, onde Elixio Rodríguez foi un dos promotores da emisión radiofónica A hora de Galicia e do Padroado da Cultura Galega que presidía Roxelio R. Bretaña, e colaborador teimudo da revista Vieiros que dirixían Luís Soto e Carlos Velo, ''xermolo e vangarda política dun anovado nacionalismo galego'', en palabras do historiador Elixio Villaverde.
No hay comentarios:
Publicar un comentario