A Xunta inicia a denegación das 26 minas que autorizou o Goberno do PP no Courel:
O Consello da Xunta adoptou onte a primeira decisión para frear a explotación de 26 xacementos mineiros autorizados polo Goberno do PP nunha zona do Courel que foi excluída da Rede Natura 2000. A primeira denegación das anunciadas polo Executivo autónomo afecta á mina A Ilusión (fracción segunda), situada nos concellos de Quiroga e Folgoso do Courel, e da cuxa explotación é titular a entidade mercantil Lousas de Quiroga S.?A.
Os edís de Nigrán rebaixan o seu soldo un 22%:
A coalición PSOE-BNG baixouse as súas retribucións un 22% e os edís pasarán de cobrar 145.000 euros brutos anuais a 114.000. O actual consistorio criticara os «soldos de ministro» dos seus predecesores.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
1 comentario:
Boas novas pola serra Doutor.
Pero iso ainda non frena todo o problema. A pesar de que o departamento de medio ambiente se esté a facer eco de todo o que está pasando creo que a decisión final é de minas. que depende de Industria. (Non me fagas moito Caso).
Hai que establecer de maneira inminente algún tipo de protección específica para a zona e o que é mais importante, hai que buscar solucións de sostenibilidade para os veciños e facer voltar a xente nova. Porque é moi fácil falar nos nosos espazos de medidas de protección, pero isa idea ten que calar na xente, porque teñen que comer e vivir dignamente.
Á mínima oportunidade, aló me terán a min coa miña familia.
En canto a ti,,,,pois nada.....O P.A.C de Sabane precisa de sabia nova.
Unha grande aperta.
Publicar un comentario