Estamos nun ano de aniversarios. 30 anos das primeiras eleccións democráticas no Estado, 30 anos de A Nosa Terra, 30 anos da creación dos organismos preautonómicos de Catalunya e Euskadi, 30 anos das Encrobas, Baldaio, Xove e as tractoradas contra a CESSA, 30 anos das grandes manifestacións autonomistas en Galiza, e 30 anos do primeiro Día da Patria autorizado despois de catro décadas de ditadura.Estes días milleiros de persoas xúntanse en Compostela para celebrar o Día Nacional de Galicia, denominación oficial desta xornada, aprobada pola Xunta preautonómica en 1978 e nunca modificada, nin sequera durante os longos anos do fraguismo. Cambiaron moitas cousas nestes trinta anos, e para ben ou para mal os 25 de xullo de agora xa non son coma os da Transición.
O 25 de xullo, celebrámo-lo día do noso país, en palabras de Castelao: "a festa maor de Galicia", a festa de todol-os galegos".
As orixes desta celebración remóntanse ó 1920, ano no que as Irmandades da Fala organizan o primeiro Día de Galicia como acto de afirmación da nosa identidade colectiva.Dende esta primeira convocatoria, as manifestacións organizadas para conmemora-lo Día de Galicia estiveron sempre condicionadas pola situación política de cada momento, aínda que sempre tiveron como eixo central a reivindicación dos nosos símbolos e a nosa identidade coma país.Durante a longa noite de pedra, as sociedades galegas na emigración manteñen acesa esta convocatoria e, en Galicia, o galeguismo se concéntrase ó redor da tradicional misa por Rosalía na igrexa de Santo Domingo de Bonaval.A finais da década dos 60, as organizacións nacionalistas comezan a convocar concentracións en Compostela o 25 de xullo. É no 1973 cando se empeza a utiliza-lo termo "Día da Patria Galega", denominación que pouco a pouco se vai consolidando e que se mantén na actualidade, aínda que tamén se segue utilizando a de Día de Galicia.Dende a instauración da democracia e a promulgación do Estatuto de Autonomía, a práctica totalidade das organizacións políticas e unha boa parte das institucións públicas programan todo tipo de actividades para conmemoraren esta data. Ás declaracións institucionais da Xunta de Galicia e do Parlamento Galego; ós bandos municipais chamando ós veciños e veciñas a celebra-lo Día e a coloca-la bandeira galega o mesmo 25 de xullo en rúas e balcóns; ás conferencias, mítins e xornadas de confraternidade que preceden ou teñen lugar o propio 25, hai que suma-las manifestacións populares de carácter reivindicativo que ese mesmo día percorren as rúas de Compostela.
4 comentarios:
Feliz Dia.
Desfrutao....Espero que non che toque guardia.
A min tócame lonxe este ano. Mais celebrareino igoalmente.
SAUDOS COMPAÑEIRO.
Boas DrCar.
como me dixeches o Dia da Patria, avisote de cal é o meu novo blog:
www.fandiarzua.blogspot.com
ala, e a seguir escrivindo
Compañeiro!
que chulazas as fotos que pos no teu blog!!
por certo,... débesme un correo sobre certo acto social deste venres...!
bicos
amigho!
hoxe por aquí falan de vós.
bicos!
http://www.vieiros.com/nova/60210/vinte-mil-persoas-asinan-en-apoio-do-courel
Publicar un comentario