¿Que tal compañeiros?
Estou aqui no hospital pasando a duras penas unha garda de 24 horas que se me está facendo maratoniana,longa coma un dia de San Xoan e triste coma un gran deserto.Sintome preso en min mesmo,so boa a imaxinación.Xa pesa o cansancio,levo toda a semán en Santiago e necesito escapar,escapar lonxe,necesito non pensar,estou farto de pensar,teño a cabeza a punto de estalar,problemas e máis problemas rebulen no meu maxín,non os podo deixar,nunca desaparecen...presión,esa é a palabra,sensación de afogamento,cada vez a auga está máis alta,penso en que chegará algún tronco ó que aferrarse,ese tronco é o mañán,a ilusión por ser livre,por sair a flote,necesito respirar.
1 comentario:
Esa descripción...ese estado de ánimo...sóame...
Os meus mellores desexos.
Biquiños.
Publicar un comentario