ALLARIZ

parroquias de melide

MÁIS PARROQUIAS

/504403158292525912/bb_t047_v000_s0un_f00/images/xslide2.gif" ismap="ismap"/>

GALIZA-CAMERÚN:A IRMANDIÑA INVICTA

duascentas fotos

CAMIÑANDO EN MELIDE

VIAXE A USA

HOLANDA

miércoles, 12 de septiembre de 2007

A Asociación Galega de Vítimas do Terrorismo compara as galescolas coas ikastolas
O seu presidente cre que poden ser utilizadas para "adoutrinar en certas ideoloxías.
O presidente da Asociación Galega de Vítimas do Terrorismo (AGAVITE), Eloy Ruiz Cortadi, mostrou hoxe o seu escepticismo ante as galescolas porque, aínda que asegurou "non ter nada en contra do galego", advertiu de que estas poden ser utilizadas como "vehículo para adoutrinar" en certas ideoloxías.Ruiz Cortadi afirmou que o de galescola sóalle a "ikastola" e indicou que non lle gustaría que pasase o mesmo aquí que en Euskadi, onde, na súa versión, para ensinar matemáticas os problemas din "nun control hai 20 Garda Civís se se executa a dous, cantos quedan?".O presidente de AGAVITE incidiu en que "moitas cousas que xa ocorreron en Euskadi, están a repetirse en Galicia" polo que afirmou que non se debe ceder nin un metro de rúa" aos "mozos que aseguran que a bandeira española dálles noxo" porque, aínda que se pense que son catro vándalos, se se lles transixe "acabasen sendo os amos da rúa" e impondo os seus comportamentos, asegurou.


Eu non sei se a xente bebe,está tola ou simplemente é que o dicir tonterias non custa nen importa.Palabras como estas do presidente de AGAVITE deixan claro que neste pais en que vivimos un pode contar o que lle pete porque total nunca pasa nada.

5 comentarios:

Ana dijo...

Pois se Zapatero lle chamou accidente a un atentado, tamen se pode ópinar, e digo opinar, non afirmar, que o propósito das galescolas é inculcar aos cativos a doutrina nacionalista.Date conta de que iso se facia nos tempos de Franco nos centros de ensino, cando se lle obligaba antes de comezar a clase a erguerse e cantar o Hinmo. Tendo dominada a educación tes moito andado na política pero señores, iso é a liberdade de pensamento???. Eu sei o himno galego, vergoña me daría non sabelo, pero non tiven que ir a unha merda de galescola,ensinoumo a cantar a miña mestra de galego na escola. Ben de veces que o escribin ata que o aprendín de memoria. Que pasa entón? Que Quintana é un Franco á galega? Arriba Beiras home!!

coche dijo...

Pois ben Ana,estou en desacordo contigo,a fin das galescolas non é que os nenos reciten o hino como cotorras,tampouco nelas se empregarán medios como os franquistas nos que a orde do dia estaba o castigo físico.Ademais non se vai a adoutrinar a ninguén como si fan outras institucións do estado español(por exemplo o exército,ainda que para moitos iso non sexa nacionalismo).Con elas preténdese salvar a nosa lingua e cultura,tan ricas e tan febles a vez,con elas preténdese que aquelas familias que o queiran,porque che recordo que non se vai obrigado,poidan dar a seus fillos unha educación,outrora imposible,na lingua dos seus antergos.Por estas e mil razóns máis discrepo da túa postura.
Un saudo

Ana dijo...

Xa sei que non se vai obligado como, e gracias a deus, tampouco se vai obrigado ao exército.Non dubido tampouco de que o trato aos cativos nas galescolas será bo, nin pola cabeza se me pasa que poida haber malos tratos de non ser que os mestres estean mal da cabeza, que por desgraza tamén os hai. Simplemente me parece un error esta creación porque para que temos lingua galega ou literatura galega obrigatorias ao longo da vida académica entón?? Paréceme un gasto innecesario porque no meu caso polo menos, estou moi contenta da ensinanza que recibín. É máis, preocúpome por seguir os cambios que van xurdindo no que atinxe ás normas ortográficas e demais. Está claro que a lingua galega é un elemento vital da nosa cultura e descoñecela ou renegar dela sería para min unha vergoña porque non se poden esquencer cales son as túas raíces. Co meu comentario só quixen opinar, non ofenderte, opinar é libre e eu respeto a túa opinión. Simplemente creo, que o nivel académico en galego que un cativo pode acadar ao rematar os seus é xa moi bo estudos -de non ser que lles toque un profesor destes que non valen pa nada e se dedican a pasar o tempo- Por iso considero máis rentable invertir noutras deficiencias en canto a formación que nestes momentos se poden ter na ensinanza. A min paréceme máis preocupante o feito de que cada vez haxa un número máis baixo de alumnado por curso, ou maior número de rapaces que en primeiro da Eso suspendan unha morea de asignaturas e sigan pasando de curso que a creación dunha galescola.

coche dijo...

Non te preocupes por iso,por que me ías ofender?,é máis,a riqueza dun pais tamén está nas discrepancias,do contrario todo sería moi monótono.
Agracezo moito os teus comentarios pq esa é afin deste blog:o dialogo.
gracias

Ana dijo...

Dígocho porque ás veces atópaste con xente coa que non compartes unha opinión e tómano coma unha ofensa. Eu tamén penso que o bonito e a confrontación de opinións porque moitas veces coñecer distintos puntos de vista fai que en ocasións un se pare a pensar en cousas nas que non reparara con anterioridade. Non tes porque darme as grazas jeje. Bikiños