Catorce organizacións do ensino presentanun manifesto a prol da educación en galego:
“Ensino en galego” é o título do manifesto que se presentou o 20 de xullo no Auditorio de Galiza e que apoian as principais organizacións sectoriais da educación. Pais e nais, alumnos, sindicatos e patronal están xuntos na defensa do galego na educación.
As catorce organizacións que promoveron o manifesto “Ensino en galego” son A Mesa pola Normalización Lingüística, Asociación Socio-Pedagóxica Galega, Comités Abertos de Estudantes, Comisións Obreiras, Confederación Intersindical Galega, Confederación Galega de Asociación de Pais e Nais de Centros Públicos, Federación Española de Relixiosos de Ensino – Centros Católicos, Federación de Traballadores do Ensino (da UGT), Federación de Sindicatos Independentes do Ensino, Mocidade pola Normalización Lingüística, Nais e Pais polo Ensino en Galego, Nova Escola Galega, Sindicato de Estudantes e Sindicato de Traballadores do Ensino de Galiza.Entre os asinantes destacan organizacións como a federación de escolas privadas concertadas, que na Galiza aglutina 125 centros, entre os que están os de maior tamaño. Tamén cabe destacar a presenza dos pais e nais dos alumnos de ensino público e os principais sindicatos do ramo, que representan o 90% do profesorado.
Tal abano de apoios contrasta co obtido pola organización segregacionista “Tan gallego como el gallego”, que en contra do decreto da Consellaría presentou 20.000 sinaturas recollidas na internet e ningún apoio de organizacións con representatividade.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario