1)O BNG pide medidas contundentes contra un hospital coruñés que vulnerou os dereitos lingüísticos dun menor
Aínda que a Secretaría Xeral de Política Lingüística amonestou por escrito ao centro, os nacionalistas coidan que cómpre ir máis aló.
O deputado Bieito Lobeira (BNG) pídelle á Secretaría Xeral de Política Lingüística que tome máis medidas de presión contra o hospital Modelo da Coruña por ter vulnerado os dereitos lingüísticos dun menor. Dende A Mesa pola Normalización denunciaran que unha pediatra deste centro privado esixíralle a un rapaz que se dirixira a ela en castelán.O departamento que dirixe Marisol López cualificou estes feitos de “especialmente graves” e decidiu remitir un escrito de protesta ao hospital herculino. Lobeira valora esta decisión; aínda así, demanda que Política Lingüística vaia máis aló en casos como o descrito
2)As galescolas botan a andar no medio de furibundos ataques mediáticos
Diferentes xornais madrileños publicaron polémicos artigos nos que se chega a dicir que os centros van facer unha Galiza "cada vez máis parroquiana e menos cosmopolita".
As primeiras galescolas comezaron a funcionar este luns
A Rede Galega de Escolas Infatís, as galescolas, comezou este luns a súa andaina. A iniciativa, que pretende facilitar a escolarización dos nenos na lingua do país, está a ser obxecto tamén de particulares ataques mediáticos. Durante a fin de semana os xornais madrileños El Mundo e periodistadigital.com publicaron amplas reportaxes contrarias aos novos centros. Algunhas, como as deste último medio, especialmente agresivas ('A Galiza paleta das galescolas', chegaron a titular nun primeiro momento). O artigo, co cabeceiro modificado, aínda pode lerse na rede.No caso de El Mundo, o texto comeza cunha rebuscada referencia a Rosalía de Castro e aos seus versos de “Pobre Galicia non debes / chamarte nunca española”. Pouco despois asegúrase que “simplemente é un poema escrito por unha bastarda filla de cura hai 150 anos”. Logo da estraña digresión, pasa a comparar as galescolas coas ikastolas vascas “hoxe fomentadoras do nacionalismo excluinte e furibundo”. No mesmo artigo, a deputada popular Manuela López Besteiro asegura que hai “un partido que quere xerar unha guerra lingüística”.A pesar das críticas, Quintana mantense firme na súa aposta e lembra que cando remate a lexislatura vai haber 120 centros en todo o país, “tamén no medio rural, o que favorecerá o reequilibrio territorial”. Preguntado polos ataques mediáticos, Quintana limitouse a dicir que algúns eran “penosos e insultantes”.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario