ALLARIZ

parroquias de melide

MÁIS PARROQUIAS

/504403158292525912/bb_t047_v000_s0un_f00/images/xslide2.gif" ismap="ismap"/>

GALIZA-CAMERÚN:A IRMANDIÑA INVICTA

duascentas fotos

CAMIÑANDO EN MELIDE

VIAXE A USA

HOLANDA

martes, 16 de octubre de 2007

ENTREVISTA A MAYOR OREJA

Jaime Mayor Oreja critica duramente a Lei da Memoria Histórica e non cre que faia que condenar o franquismo.
-¿Que opina da Lei da Memoria Histórica?
-Facer dunha traxedia da nosa historia un elemento de división é fácil, pero é un disparate. Se fixemos un esforzo na transición para que este tema non seguise dividindo aos españois, ¿para que resucitar outra vez quen foron máis asasinos na guerra?
-¿Por que lle custa tanto ao PP condenar o franquismo?
-Porque iso forma parte da historia de España. Eu non o condenei, eu eloxio e encomio a transición democrática. ¿Como vou condenar o que, sen dúbida, representaba a un sector moi amplo de españois?
-Por esa mesma lóxica, tampouco condenará o nazismo ou o estalinismo, porque moitos alemáns e soviéticos apoiáronos.
-Na guerra houbo dous bandos e no nazismo só un.
-No franquismo só houbo un bando que reprimía.
-Tamén houbo dous, porque o franquismo foi a consecuencia dunha Guerra Civil na que houbo dous bandos. Non é o mesmo que o réxime nazi, onde había un só verdugo.
-Entón, deixando á marxe a Lei da Memoria Histórica, ¿non considera pertinente condenar o franquismo?
-Non, por moitas razóns. ¿Por que vou ter que condenar eu o franquismo se houbo moitas familias que o viviron con naturalidade e normalidade? Na miña terra vasca houbo uns mitos infinitos. Foi moito peor a guerra que o franquismo. Algúns din que as persecucións nos pobos vascos foron terribles, pero non deberon selo tanto cando todos os gardas civís galegos pedían ir ao País Vasco. Era unha situación de extraordinaria placidez. Deixemos as disquisiciones sobre o franquismo aos historiadores.



sen comentarios

No hay comentarios: