SOS Courel recorre ante nos tribunais a autorización para a canteira da Campa
"Como nin o Parlamento nin a Xunta escoitaron", a asociación presentou na pasada sexta feira un recurso perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia contra a autorización para a canteira da Campa-Santa Eufemia.
Os membros do colectivo din que tentaron parar a agresión total do Courel "por todo os medios" e aseguraron que só lles queda acudir á xustiza, para "parar esta agresión no medio da Cunca do Lor, no miolo dun xa masacrado Courel, un dos espazos de maior valor cultural e ambiental da Europa".Ademais, avanzaron que a comezos de novembro han recorrer tamén a licenza de actividade desta canteira e o mesmo vai pasar coa licenza de apertura, en caso de que lle sexa concedida. "E seguramente polo camiño xurdirán máis contenciosos e recursos a instancias superiores aos que lle facer fronte",

1 comentario:
NON NOS PARARÁN.......
ÁNIMO A ASOCIACIÓN
Publicar un comentario