ALLARIZ

parroquias de melide

MÁIS PARROQUIAS

/504403158292525912/bb_t047_v000_s0un_f00/images/xslide2.gif" ismap="ismap"/>

GALIZA-CAMERÚN:A IRMANDIÑA INVICTA

duascentas fotos

CAMIÑANDO EN MELIDE

VIAXE A USA

HOLANDA

martes, 9 de octubre de 2007

Esto foi CHINA

Ben compañeiros,xa estou de novo navegando nas cruas augas da realidade cotia.

Como ben sabedes andiven uns días a voltas pola China,país fermosísimo ,no que todo ten algunha explicación:unha casa non está nunha determinada zona porque si,unha cor ponse porque encerra un significado,os peixes son símbolo da abundancia etc,etc,etc.Todo isto influenciado enormemente polo Taoismo a famosa doutrina do bo é o malo.

Tras unha paliza de horas de avión ,con escala en Franckfurt incluida,chegamos a Pekín,cidade duns nove millóns de habitantes na que se palpa e respira as gañas dos pekineses por albergar os próximos xogos olímpicos,moi o contrario do que se di sobre a limpeza en china nela sorprendeume gratamente o radiantes que están as rúas,parques(onde o rei é o taichi e as raiñas as cometas) e incluso a gran maioria dos edificios ,anque se seguen a ver edificacións moi antigas.Visitei aquí a impresionante cidade dos emperadores,a cidade proibida, que para que vos fagades unha idea mide 1km por 1km.Nela residía o emperador durante o inverno coas súas concubinas(ata tresmil),a emperatriz,os eunucos(varóns castrados pois o emperador tiña medo polas súas concubinas) e demais traballadores.Xusto enfronte da cidade esta a maior praza do mundo,a de Tiananmen,na que un queda abraiado pola multitude que se dispón a ver o cadáver embalsamado de Mao que se atopa nun gran mausoleo no centro da mesma.

Outro dos dias en Pekin adiqueino a visitar a incrible muraia china,marabilla construida para defenderse dos ataques mongols e que corre todo o norte do país,nunha travesía duns 6000km.Ese mesmo dia pola tarde acudín o palacio de verán no cal os emperadores pasaban comodamente esa estación pois se a cidade proibida é impresionante este non se queda atrás,contando cun enorme lago artificial cunha illa no centro do mesmo que din que dende o aire da aspecto o conxunto dunha tartaruga,símbolo da lonxevidade,auténtica obsesión dos emperadores.

Fun ó dia seguinte a un expectáculo de acrobacias,realmente fora do normal,vin tamén unha das tumbas da dinastia Ming,e o fermosísimo templo do sol,construido como a maioria das edificacións tradicionais sen un so clavo.

Tras a estancia en Pekin tomei rumbo a Xian,cidade dos guerreiros de Terracota.Contan que o emperador quería sacrificar a todo o seu exercito para que estes o defendesen no ceo,nembargantes pensou que se o facía ninguén loitaria polo seu imperio polo que encargou a construcción destos guerreiros,todos diferentes,para que fosen enterrados o seu carón.Esta foi unha visita realmente abraiante,hai miles,todos de pe e mirando ó emperador,e o mellor é que ainda queda moito por escavar.Fixome realmente gracia que o descubridor de todo isto,un campesiño que facia un pozo,permanece na tenda da instalación sentado nunha cadeira tras o mostrador saudando sempre con boa cara os visitantes.

A cidade é realmente fermosa,chea de pagodas(templos budistas,anque a maioria dos chinos non profesan relixión algunha) e tendas,ademais de estar rodeada por unha muraia duns trece km.Por certo aquí déronme a mellor masaxe que recibín na miña vida.

O seguinte destino foi guillin,para min o mellor das vacacións,terra de labregos os que pertence a campesiña da foto do encabezado.Nadamais chegar fumos a unha gruta chamada da flauta de caña e pola noite paseo en barco polos canais que discorren pola cidade,son impresionantes,neles vin como os campesiños pescan con cormoráns amaestrados e percorrimos os coidadisimos marxes ateigados de pagodas e construccións tradicionais.Pero foi o dia seguinte o máis fermoso de todos pois o cruceiro polo rio Lijian é para quedar sen palabras,as paisaxes son de impresión e o rio está cheo de búfalos,ocas e pescadores nas súas canoas de bambú,o final do percorrido chegas a un pequeno povo totalmente adicado a venta de falsificacións,no que regatear cos seus veciños e tarefa fundamental.Ese mesmo dia visitei unha casa de campesiños,a da foto,aprendín como cultivan o arroz,comín can e ata fixen pesas co señor,algo incontable.

E por último cheguei a Shanghai,cidade cosmopolita e totalmente enchoupada dun capitalismo bestial.Conta con 20 millós de habitantes e percorrela e unha sorpresa constante.

¿E preguntarédesvos que queda do comunismo en china?pois so a fervente adoración por Mao pois a sanidade é totalmente privada e a educación, para un fillo,non máis,so está garantida ata o instituto.

Realmente trátase dun país de contrastes cun interior realmente pobre e unhas cidades puxantes con marabillas como o tren bala ou o ascensor máis rápido do mundo.Un país ateo no que todo ten un porque,cheo ata a médula de falsificacións indifefenciables e cunha xente realmente sociable.Para min a miña mellor viaxe.

No hay comentarios: