O MELIDENSE SANTIAGO PRADO CONDE PRESENTA O LIBRO GAÑADOR DO XII PREMIO VICENTRE RISCO
A alcaldesa de Melide e a concelleira de Cultura estarán presentes no acto que terá lugar en Santiago de Compostela
Hoxe preséntase no Hotel Ruta Xacobea de Santiago de Compostela a obra gañadora do XII Premio Vicente Risco de Ciencias Sociais da que é autor o antropólogo melidense Santiago Prado Conde. O título da obra é Novas minorías nas institucións educativas. O alumnado con procedencia rural na Terra de Melide.O premio está dotado con 6.000 euros e a publicación da obra por Sotelo Blanco Edicións. O xurado deste galardón, convocado pola Fundación Sotelo Blanco, a Fundación Vicente Risco, o Concello de Allariz e o Concello de Castro Caldelas, coincidiu en que o traballo deste melidense “é excelente” e que conta cunha bibliografía moi actualizada.Ao acto asistirán a alcaldesa de Melide, Socorro Cea, e a concelleira de Cultura e Normalización Lingüística, Conchi Castro, que están organizando diferentes actos dende o concello para dar a coñecer este importante premio que recae, por primeira vez, nun melidense.
Melide, 06 de outubro de 2007
Gabinete de Prensa© Concello de Melide 2007
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
1 comentario:
Noraboa, Chaguiño!!!!! Ninguén o merece máis ca ti...
Biquiños
Publicar un comentario