ALLARIZ

parroquias de melide

MÁIS PARROQUIAS

/504403158292525912/bb_t047_v000_s0un_f00/images/xslide2.gif" ismap="ismap"/>

GALIZA-CAMERÚN:A IRMANDIÑA INVICTA

duascentas fotos

CAMIÑANDO EN MELIDE

VIAXE A USA

HOLANDA

miércoles, 30 de enero de 2008

Macará




IV Copa Galega de Kaiak Extremo
Baixando o Ulla sen petar contra as minicentrais
Iso si que é extremo, e vaise desenvolver nas Torrentes do Ulla, entre Mácara e Ramil, o 9 e o 10 de febreiro.



A Plataforma Social pola Defensa do Alto Ulla organiza o Campionato de Kaiak Extremo Torrentes do Ulla, ou o que é o mesmo, a IV Copa Galega de Kaiak Extremo, que se desenvolverá, como o seu nome indica, nas torrentes do río Ulla, entre Mácara e Ramil, do 9 ao 10 de febreiro.As pendentes rápidas e impetuosas do Ulla, ao seu paso por Mácara, son perfectas para practicar este deporte, que ademais vai servir para reivindicar máis unha vez a defensa dun río sobre explotado por conta da grande cantidade de minicentrais que nel se teñen instalado nos últimos anos.Será, pois, unha baixada-reivindicativa tamén en contra dos encontros; en kaiak polas torrentes e camiñando polas beiras do Ulla. Esa mesma noite de seguro que se organiza algunha paparota na zona.

1 comentario:

lavrego dijo...

Especial recoñecemento merece esta xente que fixo forza para evitar o encoro de Fradegas, mais agora estan a converter a zona nunha paraxe turística sen control, era unha zona apenas coñecida na que non habia camiños decentes: era monte. Tampouco habia lixo durante todo o ano nin coches que aparcasen no campo da pradeira esmagando o solo desta carballeira. Agora case se asfalta o camiño ata o monte e mesmo se queren poñer mesas para pasar un momento de lecer á veira do río. Lembro a primeira baixada; alí escoitei a un home de poucas luces decir que o que habia que facer era meter unha carroceta ata a cima do rio e limpar toda a veira do río de polas e ramallos, e facer un camiño e na cima un mirador. Si señor e digo eu feito isto , que fagan logo un lago artificial e unha praia fluvial e logo xa ciscamos todo polo que se loitou. O que se está a ocasionar é un turismo salvaxe, masificando as paraxes naturais e mesmo urbanizando ou civilizando o rural. Na miña opinión a baixada do rio acompañando a competición, é suportábel, mais só unha vez no ano e como excepción, respeitando o estado no que se atopaba o lugar ou facendo pequenos sendeiros. Mais a realidade é outra, e o beneficio para os veciños é inexistente, mentras propiedades colectivas coma presas, muiños ou monte común son esquecidos, esta actividade xera una desgaste maior do necesario. Se hoxe existen as paraxes naturais é porque o home non reparou nelas moito tempo, nese caso xa estarian colonizadas. E o turismo non fai país, só o vende.Fraco favor do colonianismo.
Saude e independência