ALLARIZ

parroquias de melide

MÁIS PARROQUIAS

/504403158292525912/bb_t047_v000_s0un_f00/images/xslide2.gif" ismap="ismap"/>

GALIZA-CAMERÚN:A IRMANDIÑA INVICTA

duascentas fotos

CAMIÑANDO EN MELIDE

VIAXE A USA

HOLANDA

miércoles, 2 de enero de 2008

Pontevedra




Volve o Hai que Roelo!
O conxunto granate derrotou aos maños por 1-0 en Pasarón e busca revivir as xestas acadadas nos anos sesenta. Este xoves, a partir das nove da noite e retransmitido en directo pola Galega.

Nos anos sesenta o Pontevedra era o equipo de moda. Foi líder de Primeira en dúas ocasións e subcampión de inverno en 1965. Os granates mesmo apareceron na portada de Pravda e foron protagonistas dun pequeno escándalo relacionado cunha quiniela de 14, precisamente nun partido na Romareda. Regresa o equipo do Hai que Roelo! A década máxica do Pontevedra comezou en 1960, co ascenso a Segunda División, que obrigou a reformar Pasarón, pois para xogar en categoria profesional compría un estadio con gradas e vestiarios. E o estadio reformárono en tan só un mes, en xornadas de tres turnos ao día, sen parar. Tres anos despois, o Pontevedra ascendeu a Primeira División, curiosamente un 14 de abril, aniversario da Segunda República. Despois de derrotar ao Espanyol (co que pelexaba por ascender) en Sarriá, aos granates bastáballes con empatar na derradeira xornada, en Pasarón e fronte ao Celta. Foi a primeira vez que había unha cámara de televisión en Pasarón, unha cámara de 16 milímetros do No-Do. O Celta (que días despois saberiase que viña primado polo Espanyol) adiantouse. E no minuto 80, a primeira vez que o Pontevedra chegaba á portería rival, Ceresuela controlou un balón que quedara solto á saída dun córner e colouno pola escadra, o que se chamaría "o gol do allo".2.700 socios e un presuposto de pouco máis de dous millóns de pesetas; o equipo máis modesto da categoría acadou no lustro seguinte xestas históricas: foi subcampión de inverno na tempada 1965-66, foi líder en dúas ocasións o 10 e o 28 de novembro de 1965, derrotou tres veces ao Real Madrid en Pasarón (por tres a cero en 1967, mesmo), e gañoulle ao Barça no Nou Camp en 1966. O Deportivo era un equipo ascensor, e o Celta estaba en Segunda (ascendeu en 1969, ano no que coincidiron tres equipos galego na máxima categoría), polo que o Pontevedra era o representante do fútbol galego no segundo lustro dos anos sesenta. Entre outras moitas curiosidades, foron varios os partidos que o actual Rei Juan Carlos I viu en Pasarón, coincidindo coa súa estadía na Escola Naval de Marín. En 1970, cun equipo avellentado e sen recambios, o equipo granate descendeu a Segunda, e tres anos despois caería a Terceira División. Nesa última tempada en Primeira mesmo caeu por 8-0 na Romareda fronte ao Zaragoza, o seu rival na Copa.Escándalo na RomaredaPero a historia fora moi outra dous anos antes. O 3 de novembro de 1968 o Pontevedra, segundo na clasificación, xogaba na Romareda fronte ao Zaragoza dos Cinco Magníficos. Era o partido televisado da xornada, e polo tanto xogábase de último, unha vez rematados todos os demais. Manolo Batalla, central do Pontevedra, fixera unha quiniela, tiña 13 acertos e púxeralle un "x" ao partido final. No descanso, con vitoria dos granates por 0-1, o xogador confesoulle a historia da quiniela a Matías Prats. A falta de 5 minutos, o Pontevedra fixo o 0-2, pero neses 5 minutos finais o Zaragoza marcou dous goles, con dúas cantadas de Batalla, e o partido rematou en empate. Houbo poucos acertantes da máxima categoría e o xogador levou o equivalente a tres ou catro anos de ficha. Matías Prats, ao finalizar a retransmisión do partido, lembrou a anécdota de Batalla, que provocou nas semanas seguintes unha gran polémica e un debate en todo o Estado, con artigos de opinión que apostaban por prohibirlles aos xogadores cubrir quinielas.Portada de PravdaO Pontevedra mesmo chegou a ser portada do Pravda, a través do seu capitán, Cholo, o xogador máis representativo daquel equipo, condutor de autobús, e dos 11 titulares o único que nacera na cidade. Cando o Pontevedra conseguiu o liderado, en novembro de 1965, o Pravda salientou na súa portada que na aburguesada e millonaria liga española, o líder era un equipo de proletarios cuxo capitán conducía un autboús.A orixe do Hai que Roelo!O berro de Hai que Roelo! naceu nunha taberna de Lérez, ao redor dun óso, evidentemente, un óso que mesmo se conservou nos anos seguintes. De aí saíu unha pancarta que poñía O Pontevedra é un óso, hai que roelo, que se fixo popular e foi imitada mesmo por grupos emigrantes galegos que acudían a animar ao Pontevedra en varios puntos do Estado.

2 comentarios:

A lareira de Santiso dijo...

Compañeiro, aquí che deixo un comentario ao teu tremendo album fotográfico, que recolle ata fotógrafas fotografadas..jajaja.
Bicos e ata moi prontiño!

Anónimo dijo...

Gostei muito desse post e seu blog é muito interessante, vou passar por aqui sempre =) Depois dá uma passada lá no meu site, que é sobre o CresceNet, espero que goste. O endereço dele é http://www.provedorcrescenet.com . Um abraço.