ALLARIZ

parroquias de melide

MÁIS PARROQUIAS

/504403158292525912/bb_t047_v000_s0un_f00/images/xslide2.gif" ismap="ismap"/>

GALIZA-CAMERÚN:A IRMANDIÑA INVICTA

duascentas fotos

CAMIÑANDO EN MELIDE

VIAXE A USA

HOLANDA

viernes, 21 de noviembre de 2008

Unha granxa escola prohíbelle falar galego aos seus traballadores

A Mesa pola Normalización Lingüística insta á Inspección de Traballo a actuar ante o que consideran unha grave discriminación.

"O idioma empregado no traballo será o castelán, agás excepcións que serán previamente comunicadas". Así reza a última das normas dun documento que se lle entrega a todos os traballadores ao incorporarse á granxa escola "El Kiriko" de Fornelos de Montes (Pontevedra). Esta obriga dirixida expresamente ao "persoal educativo" atópase xunto doutras como "respectar o traballo dos demais", "cumprir os horarios" ou "deixar o material de traballo en orde".A Mesa pola Normalización (MNL) denuncia esta "discriminación lingüística" e asegura que o escrito está dentro dunha "liña de actuación hostil contra o galego por parte da empresa". Así, xa adiantou que procederá a denunciar o caso ante a Inspección de Traballo. Ademais, sostén que varias administracións públicas tanto de ámbito galego como da comarca de Vigo contrataron servizos con esta organización, polo que tamén se dirixirá a estes organismos para que exixan o cesamento destas discriminacións.

Non é un caso illado:
O presidente da MNL lembra outros casos similares no eido do traballo que xa foron denunciados, como o dun traballador que non foi seleccionado nunha entrevista por falar galego ("e se se che escapa algo en galego?", dixéronlle), ou o da empregada de Carrefour da Coruña á que o encargado lle recriminou o seu idioma ("Burra, non fales linguas menores"). Neste caso da granxa escola de Fornelos, a situación ten, se cabe, máis derivacións, xa que os traballadores están en contacto diario con nenos e, segundo a súa web, adícanse a ampliar o seu coñecemento, neste caso, do medio rural, para conseguir o enriquecemento persoal dos pequenos.
A Mesa tivo coñecemento desta situación a través da Liña do Galego, un servizo que presta asesoramento aos cidadáns que ven vulnerados os seus dereitos lingüísticos. O seu presidente, Carlos Callón, pediu "aos que "supostamente defenden o bilingüismo e a igualdade entre as linguas" que actúen ante este tipo de casos.

1 comentario:

Anónimo dijo...

a por eles!