ALLARIZ

parroquias de melide

MÁIS PARROQUIAS

/504403158292525912/bb_t047_v000_s0un_f00/images/xslide2.gif" ismap="ismap"/>

GALIZA-CAMERÚN:A IRMANDIÑA INVICTA

duascentas fotos

CAMIÑANDO EN MELIDE

VIAXE A USA

HOLANDA

martes, 4 de septiembre de 2007

DENDE ROSALIA PARA "EL MUNDO"

PARA O ESPAÑOLISTA,UNICO,GRANDE E LIBRE PERIODICO DE PEDRO J. QUE APROVEITA A MÁIS MINIMA OPORTUNIDADE PARA ATACAR A NOSA IDENTIDADE,COUSA QUE PODEREDES COMPROBAR EN ANTERIORES ENTRADAS COMA A DO DIA 3 NA QUE INCLUSO SE ATREVEN A MINGUNEAR A MESMISIMA ROSALIA.

Cantarte hei Galicia,
na lingua galega
consolo dos males,
alivio das penas.(…)


Probe Galicia, non debes
chamarte nunca española,
que España de ti se olvida
cando eres tan hermosa.
Cal si na infamia naceras,
torpe, de ti te avergonzas,
i a nai que a un fillo despresa
nai sin corazón se noma.


Castellanos de Castilla,
tratade ben ós gallegos;
cando van, van como rosas,
cando vén, vén como negros.
(…) Foi a Castilla por pan,
e saramagos lle deron,
déronlle fel por bebida,
peniñas por alimento.
Déronlle, en fin, canto amargo
ten a vida no seu seo…
¡castellanos, castellanos!
Tendes corazón de ferro.
(…) Morreo aquel que eu quería,
e para min n'hai consuelo:
sólo hai para min, Castilla,
a mala lei que che teño.
Premita Dios, castellanos,
castellanos que aborreso,
que antes os galegos morran
que ir a pedirvos sustento;
pois tan mal corazón tendes,
secos fillos do deserto,
que si amargo pan vos ganan,
dádesllo envolto en veneno.
(…) En tros de palla sentados,
sin fundamentos, soberbos,
pensás que os nosos filliños
para servirvos naceron.
(…) Que Castilla e castellanos,
todos nun montón a eito,
non valen o que unha herbiña
destes nosos campos frescos.
(…) En verdad non hai, Castilla,
nada coma ti tan feio,
que ainda mellor que Castilla
valera decir inferno.
(…)

ROSALIA DE CASTRO

1 comentario:

Anónimo dijo...

ei!
mola moito o teu blog. XD
son independentista.. !!

Pero ainda asi son bastante moderado.. posto que son europeista.. un mesmo pais Europa.. divido por nazons... Galiza.. unha.. España... outra e demais...

Ai Rosalia... encantame.. e que ninguen puido representar mellor Galiza...


venha!! unha aperta !!

Hai un galego na lua.. XD




PD: Vaca galega.. XD