ALLARIZ

parroquias de melide

MÁIS PARROQUIAS

/504403158292525912/bb_t047_v000_s0un_f00/images/xslide2.gif" ismap="ismap"/>

GALIZA-CAMERÚN:A IRMANDIÑA INVICTA

duascentas fotos

CAMIÑANDO EN MELIDE

VIAXE A USA

HOLANDA

jueves, 28 de febrero de 2008

0s mesmos cans con diferentes colares

asfaltarlle eiras a simpatizantes do PSdeG
O PPdeG asegura que a institución provincial subvencionou varias obras en cinco concellos lugueses.

O voceiro adxunto do PPdeG na Deputación de Lugo, José María González Barcia, denunciou esta cuarta feira que o goberno provincial destinou, nos últimos meses, máis de 55 mil euros para o arranxo de camiños e fincas privadas de simpatizantes dos socialistas, en cinco municipios lugueses.Os cinco concellos sinalados polo PPdeG son gobernados polo PSdeG. Segundo concretou González Barcia, os municipios aos que se refire son Becerreá (cun investimento 2.100 euros); Láncara, (cun investimento de 13.000 euros); Chantada, (6.000 euros); Cervantes, (8.300); e Sarria, (25 mil euros). A meirande parte dos cartos destináronse ao pago de asfalto e "unha pequena parte", segundo verbas de González Barcia, gastouse en material de canteira.O PPdeG xa tiña denunciado o mesmo en Foz, Viveiro e PolO voceiro popular lembrou que o seu partido xa tiña denunciado este emprego "irracional, clientelar e caciquil" dos fondos provinciais noutros concellos gobernados polo PSdeG coma Pol, Viveiro e Foz.Barcia tamén se queixou da falta de planificación nas obras públicas da Deputación e lamentou que "o único criterio" que se segue para arranxar as vías públicas é o alcalde de Becerreá, Manuel Martínez.

miércoles, 27 de febrero de 2008


Entrevista a Mª Mar Blanco

“Tede coidado en Galiza co odio a todo o que non é español”. Con esta cita remataba a súa intervención Mª Mar Blanco, irmá do concelleiro asesinado por ETA, Miguel Ángel Blanco. Unha conferencia lida en todo momento e que se foi facendo máis radical (malia que non gusten da palabra para eles mesmos) conforme avanzaba o seu discurso. ETA, Zapatero, mentira, vítimas e nacionalismo foron as verbas máis empregadas por unha muller que acudiu a Santiago de Compostela invitada polo Partido Popular da capital de Galiza. O auditorio, escaso malia que ruidoso, no Hotel Peregrino.
María San Gil, “muller de bandeira”
Na quenda de preguntas, e logo dunha longuísima ovación, a presidenta de Nuevas Generaciones interviu para sementar debate. A pregunta obvia: a “agresión a María San Gil”. Para que non quede dúbida, incluímos en GzNación a resposta íntegra.Mª Mar Blanco: “isto é algo sobre o que tiña ganas de falar ao vir a Galiza. Porque no País Vasco perdemos a batalla na educación, deixamos que os terroristas tomasen o control das rúas e as universidades. Non podemos ceder ante os terroristas. Porque os independentistas, non nos enganemos, son terroristas

Mª Mar: “e agora claro, no País Vasco están as ikastolas, que é un lugar onde se lles ensina aos nenos a que odien todo o que é español. E sei que vós tedes algo aquí, non sei como se chaman…"Público: ‘gallescolas’Mª: “gallescolas, é verdade. […] Tede coidado en Galiza co odio a todo o que non é español, nestes lugares ensínaselles aos nenosa odiar españa”. E veña, as galescolas, como as ikastolas, berce de terroristas.Foi Gerardo Conde Roa, presidente do PP da cidade e número dous co Congreso pola Coruña, quen presentou á rapaza loira, vestida de vermello e adornada cunha chea de xoias douradas nas mans e pescozo. Conde Roa aproveitou o momento, que para iso estaba de mitin, para denunciar a “claudicación de ZP fronte a De Juana” e para denunciar a Caixa Galicia por non terlles cedido un dos locais socioculturais desta entidade bancaria.
“Unos pueblecitos de Orense”
Mª Mar, moi falangueira ela, comezou o seu speech manifestando a fachenda que ten enriba de ser militante do Partido Popular por ser o único, asegurou, “que está coas vítimas”. Pido desculpas neste punto, xa que ‘vítimas’ foi, e non ETA, a palabra máis usada. E, buscando a empatía co auditorio, botou man da poética para soltar “polas miñas venas corre sangue galega, somos ‘de unos pueblecitos de Orense’”.Despois de continuar a súa intervención, marcada pola santificación de José María Aznar (ninguén dos que asiste a estas cousas ten ‘memoria histórica’) e a condena e o insulto ao novo Goberno socialista, proclamou –lendo- que o seu irmán foi asasinado “por sentirse español”. E claro, “os meus pais entenderon que Aznar non podía negociar cos terroristas […] se tivésemos negociado, o meu irmán estaría vivo, pero estaría morta a nosa dignidade”. Aplausos e un “viva Miguel”.

Burra no hables lenguas menores

"BURRA NO HABLES LENGUAS MENORES”
Carrefour recoñece que discriminou unha empregada por falar galego
O director do hipermercado subliña que xa lle chamou a atención ao xefe de sección que insultou á traballadora.

O director do hipermercado Carrefour da Coruña pediu desculpas públicas logo de saberse que un xefe de sección discrimonou e insultou unha empregada por falar galego dicíndolle “burra, no hables lenguas menores”. O responsábel da multinacional na Coruña, Xosé Manuel Rodríguez, sinala que lle deu indicacións ao encargado de que “debe ter respecto polas persoas, a cultura e a lingua das mesmas”,Dende A Mesa valoran o paso dado polo director do hipermercados e subliñan que manterán unha entrevista con el para aclarar o caso completamente. Dende o colectivo sinalan que no seu día tiveron coñecemento do ocorrido grazas á Liña do Galego, un servizo gratuíto onde se se recollen queixas por vulneración de dereitos lingüísticos. O teléfono para as denuncias é o 902 10 64 74 e o correo electrónico linhadogalego@amesanl.org.

martes, 19 de febrero de 2008

holocausto

‘Sobre o Holocausto’, un artigo de Carlos AymerichSantiago de Compostela, 11 Febreiro 08.

Polo seu interese, reproducimos o seguinte artigo de Carlos Aymerich, que sairá publicado no diario dixital Vieiros, sobre a polémica xurdida no Parlamento de Galiza en torno á condena do Holocausto e a actual situación en Palestina.

A lembranza do horror dos campos de exterminio nazis e a perseguizón de quen, baixo calquer pretexto, tenten negar a súa realidade histórica ou minimizar as súas consecuencias converteuse nun consenso básico, nun verdadeiro sinal de civilización. O carácter industrial e planificado do exterminio, a súa dimensión, a posta da racionalidade burocrática ao servizo dunha empesa xenocida xunto, sen dúbida, co feito de que se impulsase en Europa e contra europeos por un Estado, o alemán, portador dunha longa e abastada tradición cultural caracterizan o exterminio nazi - principalmente de xudeus, mais tamén de ciganos, soldados e civís dos países ocupados, antifascistas, homosexuais, etc. - frente a outros como, por só citarmos algúns, o que padeceron os armenios, os pobos indíxenas de América ou de África ou, máis recentemente, o pobo cambodiano. Por esa razón o 1 de Novembro de 2005 a Asamblea Xeral da ONU acordou declarar o 27 de Xaneiro, data da libertazón de Auchswitz, como Día Mundial de Lembranza das Vítimas do Holocausto. Trátase, como a Resolución estabelece, de lle ensinar ás novas xeracións as licións do Holocausto co fin de “axudar a previr actos de xenocidio no futuro”, de rexeitar calquera negación do Holocausto como feito histórico ao tempo que se condea “sen reservas todas as manifestacións de intolerancia religiosa, incitación, acoso ou violencia contra as persoas ou comunidades baseadas na orixe étnica ou as crenzas religiosas en calquera lugar en que se produzan”. Sabiamente, pois, a ONU evitou facer con esta Resolución un acto particularista ou de simples arqueoloxía histórica. Ben ao contrario: o Holocausto é lembrado como exemplo de negación masiva dos dereitos humanos da que se poden – e se deben – tirar ensinanzas de alcanzo universal. Porque, como lembra a Exposición de Motivos citando a Declaración Universal de Dereitos Humanos, estes pertencen a todas as persoas “sen facer distinción algunha por motivos de raza, relixión ou de ningunha outra índole”. Xa que logo, á luz da Resolución da Asemblea Xeral da ONU, non só non é inconveniente senón que mesmo resulta obrigado lembrar na conmemoración do Holocausto episodios actuais de negación masiva dos dereitos humanos, sen que tal supoña estabelecer equiparación ou comparación algunha. En Xaneiro de 2008, en plena crise humanitaria en Gaza, sería entendíbel que a conmemoración do Holocausto calase sobre situación deses case dous millóns de homes e de mulleres cercados militarmente? Penso que non. Por iso no curso da Deputación Permanente do Parlamento de Galiza celebrada o pasado 23 de Xaneiro o BNG propuxo aos outros grupos parlamentares a adopción dunha declaración institucional nos termos que seguen, os que xulgamos máis acordes coa Resolución da ONU: “A 63 anos da fin da Segunda Guerra Mundial, o Parlamento de Galiza quer lembrar ás vítimas da barbarie nazi. Foron millóns os homes e mulleres asasinados por razón da súa etnia, relixión ou ideoloxía, dun xeito industrial e planificado, polo nazismo alemán e os seus colaboradores. Através da presente declaración pretendemos evitar o esquecemento destes crimes e previr á cidadanía galega contra aqueles que seguen a negar a súa realidade histórica ou a minimizar as súas consecuencias.Os horrores da guerra e, en particular, os dos campos de exterminio están sen dúbida na raíz da Declaración Universal de Dereitos aprobada pola ONU en 1948. É por iso que neste seu 60º aniversario o Parlamento de Galiza reivindica a súa plena vixencia denunciando sen paliativos situacións que, como a blocaxe que sofre a franxa de Gaza ou o muro de separación que está a construir o Estado de Israel como parte da ocupación militar da terra de Palestina, supoñen unha conculcación non só da legalidade internacional mais tamén dos dereitos inviolábeis que pertencen a todas as persoas e a todos os pobos”. Este foi o único texto proposto mais, infelizmente, PP e PSOE negáronse nin tan sequer a discutilo. Uns porque non querían incomodar ao Estado de Israel. Outros porque non entendían necesario aprobar unha nova declaración cando o Holocausto xa fora lembrado o ano anterior. Remato. Nunha conferencia pronunciada nos Estados Unidos hai cinco anos, Desmond Tutu, declarárase fondamente abalado tras dunha visita realizada á por el denominada Terra Santa: “lembroume o que aconteceu con nós, os negros en Suláfrica. Vivín a humillación dos palestinos nos postos de control e nos reténs de estrada: os palestinos padecen coma nós cando os policías brancos nos impedían ir dun sitio a outro”. O prelado anglicano ainda engadíu que “Israel nunca será un país seguro se non deixa de oprimir a outro pobo” ao tempo que criticou que nos Estados Unidos todo o que critique a política israelí sexa considerado “antisemita”. Cumpre lembrar que Desmond Tutu non só foi galardoado en 1984 co premio Nobel da Paz pola súa luita contra o réxime racista sulafricano senón que é patrocinador no seu país dun centro de conmemoración do holocausto. Quizais por iso considera incomprensíbel que sexa precisamente Tel Aviv quen leva adiante tal política de represión. En varios sentidos, estas palabras do bispo africano resultaron proféticas: cinco anos despois daquel discurso, en Outubro de 2007, a Universidade de Saint Thomas de Minnesota cancelou a conferencia que o Sr. Tutu tiña previsto pronunciar na primavera de 2008 a causa das súas declaracións “contra a política israelí”. Poucos meses antes, en Marzo de 2007 John Dugard, relator de dereitos humanos da ONU para os territorios ocupados, acusara a Israel de aplicar en Gaza e Cisxordania “práticas proprias do colonialismo e do apartheid”. Que cadaquén tire as súas proprias conclusións.

NORMALIZACIÓN

A Mesa denuncia que se recrimine o uso do galego nun hipermercado da Coruña
Carlos Callón, presidente desta organización presentn varios casos de acoso laboral por cuestións de lingua.

A Mesa pola Normalización Lingüística denunciou hoxe novos casos de discriminación lingüística entre eles a unha empregado dun hipermercado da Coruña á que un xefe de sección recriminoulle que se dirixise aos clientes en galego, coa frase: «¡Burricana, non fales linguas menores!».
Estas son xa corenta as queixas de acoso laboral por cuestións de lingua presentadas ante a Mesa nos últimos dous anos, segundo o presidente desta organización, Carlos Callón, que hoxe ofreceu unha rolda de prensa na Coruña.
Outro membro da Mesa, Fran Rei, sinalou que un cidadán denuncio tamén que lle devolveron un escrito presentado nun centro de Pontevedra dicíndolle que se quería ser atendido debería redirixilo ao mesmo en castelán.
Callón declarou que segundo a lexislación vixente »a discriminación por cuestións de lingua esta penada« e subliñou que os casos que lle chegan á Mesa son »moi limitados, sabemos que son só a punta do iceberg«, e aínda así nos últimos dous anos levamos rexistrados corenta casos de mobbing lingüístico», porque nalgunhas ocasións este tipo de acoso pode chegar ao despedimento laboral.
O presidente da Mesa pediu medidas para solucionar esta situación e dirixiuse á secretaría xeral de Política Lingüística, «que ten que deixar de ser a vea adormentada da Xunta de Galicia».

viernes, 15 de febrero de 2008

PARA QUE VOS RIADES UN POUCO







CANDO MENOS CONTRADICTORIO

Francisco Rodríguez condena as contradicións da UE respecto a independencia de Kósovo

O portavoz do Bloque Nacionalista Galego (BNG) no Congreso na recentemente terminada lexislatura, Francisco Rodríguez, considera que o apoio da maior parte da Unión Europea á independencia de Kósovo puxo de manifesto as "contradicións" da política comunitaria en canto á secesión, xa que, mentres a apoia para provincia serbia, négaa para outros territorios intracomunitarios.O político galego compartía así, no fondo, o reproche lanzado onte á UE polo presidente ruso, Vladimir Putin, quen acusou á Unión de alentar a independencia de Kósovo e frear procesos similares noutros lugares como o Estado Español, onde hai forzas que reclaman a secesión de determinadas comunidades."É certo que hai unha contradición na política da Unión, que defende fronteiras inamovibles na Europa comunitaria e fronteiras a capricho dos intereses de estranxeiros e do sentimento nacional nos casos que beneficia ás súas propias estratexias económicas e políticas e ás de Estados Unidos", explicou.No entanto, "aínda respectando o dereito do pobo kosovar á independencia", Rodríguez admitiu que este se un caso "moi problemático" porque gran parte do territorio que se vai a independizar pertenceu a Serbia e moitos dos seus habitantes son inmigrantes serbios.En opinión do que fose portavoz parlamentario do BNG, a "solución dunha imposición unilateral" da independencia apoiada pola Unión Europea e Estados Unidos está "chea de intereses que non son precisamente os do pobo kosovar". En calquera caso, Rodríguez considerou que desde o punto de vista "ideolóxico" e "teórico", a independencia de Kósovo pode ser reivindicada como un precedente polas forzas independentistas que defende a secesión dalgúns territorios do Estado español. "Calquera proceso de autodeterminación é lexítimo en calquera parte de Europa", concluíu.

IMPUGNACIÓN

O subdelegado do goberno español impugna o regulamento lingüístico de Cedeira
O tenente de alcalde, Alfredo del Río (BNG), recoméndalle ao representante estatal que se preocupe dos concellos que vulneran a Lei de Normalización.

A Xosé Manuel Pose, subdelegado do goberno español na Coruña, non lle gustou demasiado o regulamento que aprobou o Concello de Cedeira para normalizar o uso da lingua galega no consistorio. O representante do executivo estatal non lle tremeu o pulso á hora de presentar alegacións contra a normativa ao estimar que se deixa de lado o castelán. Como exemplo sinala que o regulamento proclama que "o galego como lingua propia de Galiza é o idioma oficial do Concello" e non se inclúe no texto o castelán como lingua cooficial no consistorio.A impugnación do acordo plenario causou sorpresa no goberno local. O tenente de alcalde de Cedeira, Alfredo del Río (BNG), cre que a actitude do subdelegado é unha agresión contra a lingua. O edil nacionalista di que non comprende como non ten tanta ansia para turrarlle das orellas aos múltiples concellos que vulneran a Lei de Normalización Lingüística.O regulamento de uso do galego foi aprobado cos votos a favor dos catro concelleiros do PSdeG, dos dous do BNG e un de Terra Galega; o PPdeG optou por votar en contra. Alfredo del Río xa anunciou que o Bloque non vai aceptar as alegacións da Subdelegación xa que a norma estabelece unha “discriminación positiva para o galego que é moi necesaria e que respecta as lesi de normalización”.

domingo, 10 de febrero de 2008

MAIS FOTOS DAS PARROQUIAS

Se vós apetece e dispodes de tempo podedes votar unha visual as fotos das parroquias que colguei na parte superior do blog.Agardo que vós gusten

QUE RETRÓGRADO

Dimas Cuevas
Por soltar barbaridades como "las bodas de lesbianas tendrán que incluir diversas variedades de tortillas [...] y los convites para homosexuales serán a base de perritos calientes y plátanos al horno" ou "si la palmo antes de lo previsto, prohíbo que den a mis chiquillos en adopción a ningún matrimonio de gays, lesbianas o mediopensionistas.
Sólo falta que los traigamos al mundo, los criemos y los eduquemos, para que luego acaben los pobres rodeados de cualquier cosa".
Dimas Cuevas non quedou tranquilo e tamén soltou que "sólo me cabe una duda: si los que se casan son dos machos (con perdón) y en el supuesto caso de que uno de los manchegos matrimoniados tenga la mano larga, ¿su pareja tendrá derecho a la protección de la nueva ley contra la violencia de género? Supongo que, siguiendo la Ley de Mahoma, sólo será así si el maltratado es el que toma...".
E inácptabel que unha persoa con ideas tan retrógradas e homófobas vaia representar á cidadanía no Senado.


POR SE NON COÑECEDES AINDA Ó HOMÓFOBO PERSOAXE DO QUE VÓS FALO TEDE PRESENTE QUE SE TRATA DUN DOS CANDIDATOS QUE INTEGRAN A LISTA DO PP;COMO NON, POR ALBACETE.

MEMORIA HISTÓRICA

Memoria histórica

50 persoas lembran aos once ordenses fusilados en Boisaca no 37
Ao acto promovido polo concello de Ordes, no cemiterio compostelán, acudiron membros de todos os partidos da corporación, agás o PP, encabezados polo alcalde, e a veciñanza e familia dos homenaxeados.

O rexedor ordense, Manuel Regos, subliñou durante a súa intervención "xa era hora de honrar a memoria de estes fillos nosos, sen rancores nin vinganzas, recoñecendo que deron a vida por defender a democracia e a liberdade da que gozamos agora". Diante do monumento que conmemora aos fusilados, a tenente alcalde de Ordes, Esther Couto, puxo un ramo con once rosas vermellas, e descubriuse unha placa.Os fillos dos represaliados interviñeron tamén: Concepción Viqueira, filla de Manuel Moure Rey, non leva o apelido de seu pai porque o mataron "cando ía casar", e trasladouse á homenaxe dende Xixón, onde reside. "É un recoñecemento á súa memoria e a que non fixeron nada malo".
Pola súa parte, Julio e Aída del Río Rodríguez lembraron o sufrimento da súa nai para sacar adiante aos seus catro fillos ela soa. "Nin sequera lle deron unha pensión de viuvez, á que tiña dereito". Julio del Río afirma tamén: "é unha vergonza que se poida matar a xente nova que non cometeu delito ningún, e que, aínda hoxe, haxa quen di que a memoria histórica hai que deixala estar".
Ángel Jesús Caamaño Villaverde, José e Manuel del Río Pampín, José García Fernández, José Iglesias Vilariño, Manuel Moure Rey, Andrés Nogareda, Paulino Pérez García, José Pérez Sanmartín, José Vázquez Mandayo e Benito Vilariño Liste foron condenados a morte nun consello de guerra, integrado por sete militares do Exército Nacional, que tivo lugar en Compostela o 22 de decembro de 1936.

viernes, 8 de febrero de 2008

O CAUREL




Un documental centrado no área natural da Serra do Courel denuncia a situación de "ilegalidade" dunha das minas da zona, a de Campa, situada no municipio de Folgoso, e a "deixamento" por parte da Administración pública por proceder ao pechae do xacemento ao cumprir unha situación de ilegalidade. A responsábel da produtora do vídeo, Mabel Rivera, explicou que 'Unha lousa sobre O Courel' toma como punto de partida a mina de Campa e analiza a situación do xacemento. Así, denunciou a "ilegalidade" existente, debido á ausencia dos permisos pertinentes da Administración galega, e tamén as consecuencias naturais que carrexa a apertura de minas nunha contorna natural e a situación na que os empregados exercen o seu labor profesional. Pola súa banda, o presidente e vicepresidente da asociación ecologista SOS Courel, Ramón Ríos e Orlando Álvarez, respectivamente, sinalaron que no vídeo vese reflectida a situación "contraditoria" que se crea cando a Administración pública "non pecha" os xacementos de extración de lousa, permitindo a contaminación do lugar, e a decisión por parte da Xunta de incluír a Serra do Courel na Rede Natura. Os responsables de SOS Courel ven incompatíbel a aposta por parte da Xunta de crear un plano de desenvolvemento para esta zona e o feito de ter un total de 54 minas -sumando as que funcionan e as que están proxectadas- na Serra do Courel. Pola súa banda, o director do documental, Henrique Banet, indicou que no traballo audiovisual póñense de manifesto os intereses dun "empresario" que busca "enriquecerse" a costa dos cidadáns. Por iso, recriminou que a explotación dos recursos mineiros estábase levando a cabo en terminos de liberalismo "puro e duro" de tal modo que o "diñeiro está concentrado en mans de poucos". Manifestación en Santiago o 17 de febreiroNa súa intervención, os promotores do documental tamén fixeron un chamamento á cidadanía galega a acudir á Alameda de Santiago de Compostela ás 12.00 horas para participar o próximo 17 de febreiro nunha manifestación convocada para reivindicar que os espazos naturais de Galiza "non se venden". Na convocatoria participan máis de 30 asociacións ecoloxistas e ten como obxectivo reclamar que se paralicen os "desfeitos" naturais como os de Reganosa ou os de que están afectando actualmente á Serra do Courel.

lunes, 4 de febrero de 2008

NORABOA MIRIAM

'Son ecuatoriana e falo galego'
O incremento da poboación inmigrante en Galiza está a propiciar o deseño de estratexias para favorecer a integración social do colectivo estranxeiro.

Non obstante, cada vez faise máis necesaria a aprendizaxe do galego para acadar unha plena integración que tamén comprenda o eido lingüístico. O interese por formar parte da cultura do país levou a ecuatoriana Míriam Pantoja e a colombiana Jakeline Acevedo a aprender galego.Hai corenta e catro anos que naceu en Ecuador, pero as circunstancias persoais trouxeron a Míriam á Coruña. A fluidez coa que fala en galego fai pensar que leva toda a vida en Galiza, pero cinco anos foron suficientes para que Míriam se desenvolva “incluso mellor que algúns galegos”, como ela mesma sinala.A Asociación de Amigos en España, AMESPA, que Míriam preside na cidade herculina, vén de colaborar co servizo de Normalización Lingüística do Concello da Coruña na organización dun curso de galego para inmigrantes. Formar parte do paísConsciente de que a aprendizaxe dun novo idioma enriquece a súa bagaxe, Míriam confía en que cada vez o número de inmigrantes dispostos a matricularse nos cursos de galego sexa maior. Para Míriam, aprender galego significa “formar parte da cultura do país que nos acolle”. A ecuatoriana engade que os inmigrantes “temos o deber de valorar o idioma do lugar onde nos asentamos”. Malia que tenta poñer en práctica o seu coñecemento do galego acotío, Míriam láiase de que os galegos non empreguen máis a súa lingua, xa que “algúns non lle dan ao galego a importancia que debería ter”.

MANDA NARICES

Tensións entre BNG e PPdeG a conta do nazismo
O PPdeG anuncia unha proposición para condenar ao nacismo e o Bloque lémbralle que aínda non condenaron ao réxime de Franco.

Nacionalistas e populares cruzáronse hoxe acusacións a conta do réxime nazi logo de que varios medios estatais, entre eles El Mundo e a Cadena Cope, criticaran ao Bloque por non apoiar unha iniciativa da Asociación Galega de Amizade con Israel (Agai) para condenar o Holocausto.A pesar de que esta cuestión xa se discutiu na Cámara, o PPdeG anunciou hoxe que volverá presentar unha proposición non de lei para “condenar sen ningún condicionante" o nazismo e as repercusións do holocausto xudeu.Nunha rolda de prensa convocada con motivo da visita de Esperanza Aguirre á cidade, Alfonso Rueda confirmou que o seu partido presentará esta proposta xa que, segundo a súa opinión, "o BNG non é capaz de condenar o nazismo".

BNG
“O BNG non acepta leccións --sobre o nazismo-- dos que se negan condenar o réxime de Franco”, respostoulle o coordinador da Executiva do BNG, Francisco Jorquera, quen reafirmou que o nacionalismo galego "é a antítese" da ideoloxía expandida por Adolf Hitler.O líder nacionalista lembrou, que cando se debateu esa iniciativa no Parlamento, o BNG avogaba por incluír no texto unha mención á actual situación na Franxa de Gaza e as "agresións" do Estado israelí ao pobo palestino. Finalmente, non se alcanzou un acordo, e o PP aproveitou esta situación para anunciar que presentará unha proposición non de lei ao respecto.Por iso, Jorquera reivindicou ser a "antítese do nacional socialismo" e do sua “transposición en España, o franquismo. "Combatemos ao franquismo mentres Mayor Oreja vivía placidamente", aseverou en alusión a unhas declaracións do dirixente 'popular' nas que aseguraba que durante a ditadura moitas familias "viviron placidamente" e nas que se negaba a condenala.