ALLARIZ

parroquias de melide

MÁIS PARROQUIAS

/504403158292525912/bb_t047_v000_s0un_f00/images/xslide2.gif" ismap="ismap"/>

GALIZA-CAMERÚN:A IRMANDIÑA INVICTA

duascentas fotos

CAMIÑANDO EN MELIDE

VIAXE A USA

HOLANDA

domingo, 10 de febrero de 2008

MEMORIA HISTÓRICA

Memoria histórica

50 persoas lembran aos once ordenses fusilados en Boisaca no 37
Ao acto promovido polo concello de Ordes, no cemiterio compostelán, acudiron membros de todos os partidos da corporación, agás o PP, encabezados polo alcalde, e a veciñanza e familia dos homenaxeados.

O rexedor ordense, Manuel Regos, subliñou durante a súa intervención "xa era hora de honrar a memoria de estes fillos nosos, sen rancores nin vinganzas, recoñecendo que deron a vida por defender a democracia e a liberdade da que gozamos agora". Diante do monumento que conmemora aos fusilados, a tenente alcalde de Ordes, Esther Couto, puxo un ramo con once rosas vermellas, e descubriuse unha placa.Os fillos dos represaliados interviñeron tamén: Concepción Viqueira, filla de Manuel Moure Rey, non leva o apelido de seu pai porque o mataron "cando ía casar", e trasladouse á homenaxe dende Xixón, onde reside. "É un recoñecemento á súa memoria e a que non fixeron nada malo".
Pola súa parte, Julio e Aída del Río Rodríguez lembraron o sufrimento da súa nai para sacar adiante aos seus catro fillos ela soa. "Nin sequera lle deron unha pensión de viuvez, á que tiña dereito". Julio del Río afirma tamén: "é unha vergonza que se poida matar a xente nova que non cometeu delito ningún, e que, aínda hoxe, haxa quen di que a memoria histórica hai que deixala estar".
Ángel Jesús Caamaño Villaverde, José e Manuel del Río Pampín, José García Fernández, José Iglesias Vilariño, Manuel Moure Rey, Andrés Nogareda, Paulino Pérez García, José Pérez Sanmartín, José Vázquez Mandayo e Benito Vilariño Liste foron condenados a morte nun consello de guerra, integrado por sete militares do Exército Nacional, que tivo lugar en Compostela o 22 de decembro de 1936.

No hay comentarios: