"BURRA NO HABLES LENGUAS MENORES”
Carrefour recoñece que discriminou unha empregada por falar galego
O director do hipermercado subliña que xa lle chamou a atención ao xefe de sección que insultou á traballadora.
O director do hipermercado Carrefour da Coruña pediu desculpas públicas logo de saberse que un xefe de sección discrimonou e insultou unha empregada por falar galego dicíndolle “burra, no hables lenguas menores”. O responsábel da multinacional na Coruña, Xosé Manuel Rodríguez, sinala que lle deu indicacións ao encargado de que “debe ter respecto polas persoas, a cultura e a lingua das mesmas”,Dende A Mesa valoran o paso dado polo director do hipermercados e subliñan que manterán unha entrevista con el para aclarar o caso completamente. Dende o colectivo sinalan que no seu día tiveron coñecemento do ocorrido grazas á Liña do Galego, un servizo gratuíto onde se se recollen queixas por vulneración de dereitos lingüísticos. O teléfono para as denuncias é o 902 10 64 74 e o correo electrónico linhadogalego@amesanl.org.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
1 comentario:
Cando leo algo así...éntrame unha impotencia tremenda...Para algunha xente ainda estamos nos séculos escuros...pero máis ben os que están aí son eles mesmos que nin saben evolucionar nin queren que o fagamos os demais. Que hai máis bonito que defender a nosa cultura?? Nunca entenderei a este tipo de xente, pero ó igual que eles nin podo nin quero facelo.Non me da a gana de facelo.
Bicos mil, guapo.
Publicar un comentario