PP, PSOE e BNG, en consenso e harmonía, en sucesivos gobernos, tramitaron e aprobaron a instalación do parque Eólico do Oribio, no espazo natural do Courel, en plena Rede Natura 2000, e dentro do Territorio Histórico do Camiño de Santiago.
Para máis información mira en:
http://galizanonsevende.org/?p=641
http://triacastelaviva.blogspot.com/2007/08/fotos-do-iribio.html
Os viraventos xirarán a 1600 metros de altitude, aproximadamente a mesma altura que o Piapaxaro, e serán visibles dende Astorga ata o Pico Sacro. Os muíños coroaran a Devesa do Iribio (Oribio en castelán) o mellor bosque do o Camiño de Santiago.
As imaxes Serra do Iribio, a gran barreira do occidente Courelá, son as protagonistas visuais do seguinte vídeo, aparece no minuto 0:45 ata o 2:12, logo reaparece catro veces (2:39-2:45>> 3:02-3:10>>3:57-4:01>>e do 4:06 ata o final).
Música: Cantar de Cego (Letra: Florencio Da Fontaneira e Maria Pilar)
http://es.youtube.com/watch?v=PW5O1P6VWLs
Para disimular tal escándalo a Declaración de Impacto Ambiental propón unha solución simpática, didáctica e enxeñosa:
http://medioambiente.xunta.es/viewExpPdf.do?id=2005/0296 ver na páxina 6
“Co fin de compensar a incidencia visual do parque eólico, adoptaranse as medidas
compensatorias propostas polo promotor e consensuadas coa Dirección Xeral de Turismo,
destacando as relativas ao pintado das torres dos aeroxeradores con motivos do Camiño
de Santiago, implantación de pantallas vexetais naqueles puntos onde teña lugar o impacto
visual da obra proxectada e adecuación dunha sala como aula didáctica da enerxía eólica,
entre outras.”
Como os muíños de máis de 100 metros de altura, son imposibles de tapar, supoñemos que coa pantalla vexetal, taparán entón todo o Camiño de Santiago, como mínimo dende o Cebreiro ata Sarria.
Non estaría mal que a Xunta ou a oposición publicara os datos das toneladas de gas e carbón que estamos aforrando, porque andan dicindo por aí, que a maraña eólica non é máis que unha escusa para “queimar máis”
Se che cadra ben, podes axudarnos acudindo a manifestación do día 15 de Febreiro en Santiago, sairá as 12:00 da Alameda.
http://galizanonsevende.org/WordPress/wp-content/mani-2009-gnsv.jpg
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario