![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEgoJ075mXDm4G6YHFhmRy8fDEQeEpSOHycwRgMt3JQlAS2Ge5XRgKABjZWR_98jK5OTe1M1DD5mcnBRz9x1_8J5jhA5nWxsFDwKXvJodOlSxyW3hkRmiGIeaCMaAKGL-BLQsXccrZbyJC9m/s320/passquin_1b.jpg)
PP de Celanova: "Se goberna o BNG ou o PSOE pódenche quitar as terras e darllas a outros coa escusa de que non as traballas"
O PP de Celanova está a distribuír folletos entre a cidadanía alertando de que se se reeditaba o bipartito se podían perder a casa e as leiras.
Etiquetas:
A campaña difamatoria do Partido Popular cara o BNG parece non ter límites. Se nun principio cargaron contra o candidato Nacionalista, Anxo Quintana, con falsidades e difamacións, agora parece que é tempo de meter medo aos votantes.
Segundo publica o xornal A Peneira, o PP de Celanova está a difundir un pasquín pola vila, "con nocturnidade e premura para non ser identificados", no que se alertaba de que se se reeditaba o bipartito podían perder a casa e as leiras.
"Se goberna o BNG ou o PSOE pódenche quitar as terras e darllas a outros coa escusa de que non as traballas" rezaba o folleto no que tamén se aseguraba que se non se votaba ao Partido Popular "o goberno do BNG e o PSOE pódenche expropiar a túa casa para darlla a outra persoa, si te ausentas un tempo".
PENOSO.POBRES DEREITISTAS
No hay comentarios:
Publicar un comentario