viernes, 27 de febrero de 2009
versus
Thierry Henry falou dos nacionalismos no Estado español nunha entrevista ao afirmar que ''Catalunya non é España e hai que sentilo''. Henry asegura que logo de oito anos en Inglaterra custoulle asimilalo porque hai ''que vivilo para entendelo''.
“O que penso é isto: Catalunya non é España, é outra cousa e iso hai que sentilo'', apostilou. Ao dianteiro francés custoulle adaptarse porque ''o Barça é outra historia''. Cando chegou ''sorprendeuse de ver a tanta xente, é un shock''. ''Hai que vivilo para entendelo, en Inglaterra hai outra mentalidade''.
VERSUS
Sergio González: "O galego é coma o asturiano. Non son idiomas. Eu creo que son dialectos"
Nunha entrevista publicada o domingo no xornal dependente do clube coruñés, o xogador, nacido en Hospitalet, métese no mar sen roupa de augas.
A conversa, publicada en tres páxinas e en cen preguntas, deu para moito. Política, matrimonio homosexual, cafe ou té..., pero a declaración máis rechamante do centrocampista do Deportivo chegou na pregunta 40. 'Cantos idiomas fala?', "Ben, só o castelán". 'O catalán tampouco?', "Si, pero o catalán é un dialecto, non é un idioma, igual que o galego. É coma o asturiano. Eu creo que son dialectos, non os considero idiomas".
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario