ALLARIZ

parroquias de melide

MÁIS PARROQUIAS

/504403158292525912/bb_t047_v000_s0un_f00/images/xslide2.gif" ismap="ismap"/>

GALIZA-CAMERÚN:A IRMANDIÑA INVICTA

duascentas fotos

CAMIÑANDO EN MELIDE

VIAXE A USA

HOLANDA

martes, 3 de febrero de 2009

galicia bilingue

1)Problemas lingüísticos con Unión Fenosa
Carta dun lector de vieiros
O día 30 de xaneiro unha telefonista do servizo de atención telefónica da eléctrica máis grande que opera en Galicia, que inicialmente se identificou polo seu nome e primeiro apelido, atendeume durante un minuto mentres eu lle explicaba un problema de subministración, na lingua que utilizo habitualmente, o galego.

Despois dun minuto de conversa en ton amable, ela cambiou o seu ton e de maneira brusca díxome: "Hábleme en castellano que no le entiendo". Nese momento, ao oír o ton imperativo que ela adoptaba, pregunteille se había algunha telefonista que me puidese atender en galego, ao cal ela respondeu negativamente nun ton pouco amable. A continuación dixo que só se atendía en castelán, e que se ela me estaba a falar en castelán, o mínimo que eu podía facer era responderlle nesa lingua, por educación.

Nese momento comecei a falarlle en castelán e confirmeille o meu desexo de que alguén me atendese na miña lingua, o galego. Logo dunha nova negativa bastante descortés, pedinlle que me dixese o seu nome. Ela dubidou e logo dun silencio de varios segundos identificouse só co seu nome de pila. Pedinlle tres veces que se identificase tamén co seu apelido, ao cal se negou. A continuación ela interrompeu a comunicación

2)CIG-Ensino denuncia a "falta dun sistema educativo propiamente galego"
O sindicato analizou a política de Educación nestes tres anos e medio e censurouna pola súa "falta de compromiso coa normalización lingüística".


O secretario nacional do sindicato CIG-Ensino, Anxo Louzao, denunciou este luns que os últimos tres anos e medio de lexislatura estiveron "marcados pola falta dun sistema educativo propiamente galego" e pola consolidación "da política privatizadora do anterior executivo", do PPdeG, que se demostra nos 257 millóns destinados a ensino privado (11% do presuposto de Educación).

Louzao realizou balance da política educativa da consellería que dirixe Laura Sánchez Piñón e informou das propostas do sindicato para a próxima lexislatura, entre as que salientou "a consecución dunha Lei de Educación galega; dunha Lei do Sistema Universitario e dun Estatuto do Profesorado".

Criticou, tamén, a "falta de compromiso coa normalización lingüística" por non facer cumprir o decreto polo que se estabelece "un 50% de clases impartidas en galego" e que "non se realizan", e que "tampouco fixaron o 45% dos currículos de Bacharelato e ESO para marcar o que debería ser un ensino propiamente galego

3)O galego, "inexistente" na Semana Santa de Ferrol

A Mesa levará o alcalde ante o Valedor do Pobo pola súa "falta de compromiso" coa lingua do país.


A Mesa pola Normalización Lingüística ha reclamar a intervención do Valedor do Pobo para que a lingua galega deixe de estar completamente "inexistente" nas celebracións relixiosas da Semana Santa en Ferrol, ante a "falta de compromiso" do goberno local, presidido, en minoría, polo PSdeG de Vicente Irisarri.

O rexedor ferrolán comprometérase o ano pasado a que o galego había atopar o seu sitio na festividade máis importante de Ferrol, na que o Concello colabora cuns 70 mil euros ao ano. Porén, dende A Mesa aseguran que non existe ningún documento por escrito que confirme que o Concello só lle ha conceder a subvención municipal á festa relixiosa se se incorpora a nosa lingua aos seus actos litúrxicos e propagandísticos

CADA QUEN QUE PENSE O QUE QUEIRA

No hay comentarios: